STSJ Galicia 649/2022, 19 de Diciembre de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha19 Diciembre 2022
Número de resolución649/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00649/2022

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2022 0000945

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015442 /2022 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Aurora, Edemiro , Calixto

ABOGADO ALVARO SAEZ ESCUDERO, ALVARO SAEZ ESCUDERO , ALVARO SAEZ ESCUDERO

PROCURADOR D./Dª. ADRIANA RODRIGUEZ ALVAREZ, ADRIANA RODRIGUEZ ALVAREZ , ADRIANA RODRIGUEZ ALVAREZ

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, CONSELLERIA DE FACENDA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO, LETRADO DE LA COMUNIDAD

PROCURADOR D./Dª. ,

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, dezanove de decembro dous mil vinte e dous.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15442/2022, presentado por Dª Aurora, Dº Edemiro e Dº Calixto, representado polo procurador Sra.Rodríguez Álvarez, dirixido polo letrado Dº Saez Escudero, contra o acordo de 07.04.2022 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo avogado do Estado e a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 10.053,01 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 07.04.2022 do TEAR que, rexeita a reclamación económico administrativa,contra a liquidación I.Sucesións.

Segundo resulta do expediente, o 09.07.2009 abriuse a sucesión de Dº Juan, sendo un dos herdeiros a Sra. Inmaculada, quen faleceu, sendo a súa herdeira a súa irma Dª Josefa.

O 31.01.2012 notificouselle a liquidacion do Imposto; recurso de reposición de 08.02.2012 e acordo desestimandoo que lle notificaron o 19.02.2014. Reclamación económico administrativa de 12.03 que lle acolleron, parcialmente, o 21.11.2017.

Novo trámite de audiencia de 16.03.2018 e liquidacion de 27.04.2018. Reclamación ante o TEAR de 16.05.2018.

A Sra. Josefa faceleu o 27.08.2019. Acordo do TEAR, de 21.06.2022 notificado ós herdeiros de Dª Josefa o 21.06.2022.

SEGUNDO

O recurso baséase na: a) prescripción do dereito a liquidar, dado que, entre o 16.05.2018 e o 21.06.2022 non existiu actuación ningunha da administración; b) o inspector tributario non pode ser perito da administración, c) a valoración das participacions carece de motivación e d) a empresa debe ser visitada o ser un ben singular.

Os letrados da administración se opoñen

Verbo da prescripción da acción para liquidar, os letrados da Administración opoñen que existe un acto interruptivo: traslado do expediente ó letrado Sr. Sáez Escudero, que actuaba no nome e representación da Sra. Josefa, tal e coma figura na interposición da reclamación económico administrativa - con referencia ó poder notarial de 07.03.2014 outorgado no Notario Sr. Francisco Manuel Botana Terrón co núm. 256 do protocolo, que se xunta coma documento núm.1.

O poder notarial estende os seus efectos á via económico- administrativa.

Concordamos cos letrados da Administración en que, o letrado Sr. Saez Escudero, actuaba coma representante da Sra. Josefa e, polo tanto, as actuacións realizadas con el teñen o mesmo efecto que se o fixeran coa Sra. Josefa.

Figura no expediente, a posta en coñecemento do expediente o 08.11.2018 e as alegacións presentadas o 03.12.2018, e dado que, entre a 1º data e a notificación practicada o 21.06.2022 non transcorreran 4 anos, non podemos acoller a pretensión de prescripción.

Verbo da imparcialidade do perito que realiza a valoración.

Resulta evidente que, a non ser que se recorra a outras administracións territoriais ( xa que gozan de autonomía política )- por medio de formulas de cooperación -, para a confección de ditames, o autor do mesmo sempre terá unha dependencia coa administración e non podermos falar de independencia; é dicir, sempre concorrerá a causa 3 art. 343 LAC, é dicir, a relacion de dependencia entre o perito e a Administración.

O que acontece é que, mailo pretendido, non son aplicables as causas de recusación previstas para os peritos xudiciais, que deben intervir nun proceso xudicial, ós técnicos da administración que actúan nun procedemento administrativo.

Nun procedemento administrativo, lineal e inquisitivo como é unha comprobación limitada a administración é xuiz e parte, polo que, non estarmos ante un procedemento entre iguais ó que lle sexan de aplicacion as mesmas garantías que no proceso contencioso administrativo.

Verbo da sentenza citada polo recorrente- STS 202/2022 sección 4ª- as apreciacións que realiza, o é os efectos de subliñala maior ou menor independencia do autor do informe pericial, é para determinalo maior ou menor valor probatorio dos mesmos, en contraposición a outras probas achegadas polo administrado, establecendo que, nalgúns supostos non estaremos ante unha auténtica proba pericial senón ante unha proba documental.

Estas xenéricas apreciacións se realizan a conta da denegación dunha autorizacion para exportar unha obra de arte, e para fundamentar que a sala de Instancia non realizou unha correcta valoración de tódalas probas,mais non establece -ó contrario-que o persoal da administración non poida elaborar ditames periciais.

Inclusive, para obter condenas penais por delicto fiscal, a xurisprudenza do TS - así STS 494/2014- recoñece a independencia dos inspectores de Facenda e a validez e plena eficacia das súas actuacións. Coma se indica

: O verdadeiro perito valora, conforme as máximas de experiencia manexadas por un determinado saber especializado, algún feito ou circunstancia que foron adquiridos con anterioridade por outros medios de investigación e sexan de interese ou necesidade para a investigación. O perito non informa sobre conceptos xurídicos, nin complementa os coñecementos xurídicos do titular do órgano jurisdiccionalNo faltan precedentes nesta Sala nos que se proclamou a incuestionable capacidade dos funcionarios ao servizo da Facenda Pública para asumir a condición de peritos. Na STS 20/2001, 28 de marzo (RJ 2001, 751) , apuntabamos que "...a imparcialidade dos peritos xudiciais informantes vén determinada pola súa condición de funcionarios públicos cuxa actuación debe estar dirixida a «servir con obxectividade os intereses xerais». Esta mesma Sala ( sentenza do 30 de abril de 1999 núm. 643/1999 (RJ 1999, 3338) ), xa sinalou que a admisión como perito dun Inspector de Finanzas do Estado nun delito fiscal non vulnera os dereitos fundamentais do acusado, atendendo precisamente a que como funcionario público debe servir con obxectividade os intereses xerais,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR