STSJ Galicia 394/2022, 7 de Noviembre de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha07 Noviembre 2022
Número de resolución394/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00394/2022

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7649/2021

RECURRENTE: ASOCIACION HABLAMOS ESPAÑOL

Procurador: AMAYA MARIA GONZALEZ CELAYA

Letrado: VICENTE FERNANDEZ PERLES

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONCELLO DE A CORUÑA (A CORUÑA)

Procurador:

Letrado: LETRADO AYUNTAMIENTO

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente

Francisco Javier Cambón García

Maxistrados :

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 7 de novembro de 2022.

ANTECEDENTES

DE FEITO

Primeiro-. Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna o Acordo de 3/6/2021 do Pleno do Concello da Coruña de aprobación definitiva da Ordenanza municipal de uso da lingua galega no Concello da Coruña, publicado no BOP de 22/6/2021.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. existen diversas tachas de ilegalidade derivadas de aspectos sinalados no expediente administrativo, tanto no Informe da Asesoría Xurídica Municipal como no informe do Secretario Xeral do Pleno, relativos tanto á vulneración da xurisprudencia vixente, que se ten pronunciado en situacións idénticas doutras ordenanzas, como por vulneración de preceptos da normativa estatal básica.

  2. A nivel de tramitación administrativa, a ordenanza é nula por non se ter levado a cabo a fase de consultas previas prevista no art. 133 LPACAP.

  3. En canto ao fondo, impúgnase o art. 1.3, .5 e .6 por vulnerar o dereito dos cidadáns a recibiren a atención en galego se o desexaren e por excluír o castelán como lingua de comunicación interna da administración.

  4. O art. 4.2 e .3 da Ordenanza é nulo por indicar a redacción dos rogos e preguntas en galego; e porque a redacción empregada no punto 3 é similar á declarada inconstitucional na STC 31/2010. Polo demais, non se pode esixir ao cidadán unha posición de suxeito activo nas súas relacións coa administración pública.

  5. O art. 6.1. debe ser reputado nulo ao esixir que conste, na redacción de textos en castelán, que se trata de traducións dos orixinalmente redactados en galego; así como por obviar ao castelán na redacción, por máis que se introduza a expresión "cando legalmente sexa requisito". A expresión "ámbito lingüístico galego" debe ser tamén anulada porque xa foi declarada nula polo TS, e por extensión en relación á expresión "área lingüística galega", que aparece tamén no art. 7.6. da Ordenanza.

  6. O art. 9 debe ser anulado por dispoñer que os membros do goberno e persoal directivo do concello deban expresarse normalmente en galego, pois una expresión similar xa foi declarada nula polo TS a respecto da Ordenanza do uso do galego de Lugo.

  7. O art. 11 debe ser anulado por vulnerar a lexislación de contratación administrativa, e no mesmo sentido o art. 12, por impoñer deberes de uso do galego ás empresas privadas que contraten co concello.

  8. O art. 13 da Ordenanza sobre sinaléctica pública é moi similar á anulada en relación ao Concello de Lugo, polo que debe ser igualmente declarada contraria a dereito, ao obrigar a que a rotulación estea só en galego.

  9. O art. 15, que regula a redacción de documentos que teñan como destinatarias CCAA de fóra da CA de Galicia, por empregar a expresión "ámbito lingüístico galego", carente de contido legal, como indicou o TS.

  10. Os artigos 18 e 19, relativos á toponimia e os nomes dos lugares da cidade, entendendo que o ditaminado pola Comisión de Toponimia debe ter carácter simplemente informativo.

  11. O art. 21, no relativo á calidade lingüística por non se considerar determinado o que deba entenderse por democratización da linguaxe e expresións semellantes.

  12. O capítulo XIII implica a creación estable do Servizo de normalización lingüística, e non debera ter esa natureza e someterse a consulta interna.

    O Concello da Coruña oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  13. En relación á tramitación do expediente, non resulta aplicable o art. 133 LPACAP porque non se atopa en ningún dos supostos alí previstos como obrigatorio, alén de ter sido declarado inconstitucional por exceder o carácter básico, téndose en todo caso dado audiencia pública durante a súa tramitación.

  14. A ordenanza non fai máis que desenvolver o bloque de constitucionalidade e a lexislación autonómica en materia de normalización lingüística, e resulta coherente coa máis recente xurisprudencia do Tribunal Supremo, posterior á invocada de contrario, sobre as competencias e facultades de promoción das linguas cooficiais polas administracións locais.

  15. O art. 1.3. axústase a dereito, pois é consecuencia do art. 7 da Lei 5/1997, art. 1.1. da Lei 5/1988 e 6.3. da Lei 3/1983 NL. O art. 1.5. e 1.6. seguen case a literalidade do art. 6.3. LNL. A omisión do castelán na redacción non marxinan esta lingua e así o ratificou o TC en 2010 e 2017, porque está garantido polo conxunto de normas que establecen a cooficialidade lingüística. A ordenanza cumpre coa súa función de regular a potenciación do uso do galego, desenvolvendo o marco legal, sen limitarse a repetilo, pois entón sería superflua.

  16. O art. 4.2. reproduce e desenvolve a LNL e a LALG, así como a Lei 5/1988, UGAEL, co único engadido da mención aos "rogos e preguntas", mención que é acorde co pretendido nestas normas que querían incluír todos actos susceptibles de seren documentados, sen que os alí enumerados o fosen de forma taxada. Isto non significa que non podan dirixirse en castelán, a norma só fai referencia á incorporación ao expediente. O anterior non nega o dereito a recibir a documentación en castelán a quen o solicite, asegurando a liberdade de escolla lingüística. A STC de 2010 valida a constitucionalidade do uso "normal" da lingua cooficial, só censurando o seu adxectivado de "preferente". O art. 4.3. é consecuencia da vixencia da doutrina do TS de 2007 en virtude da cal non é obrigatorio reproducir a documentación nas dúas linguas oficiais, sempre que quede garantido o dereito de escolla lingüística da cidadanía.

  17. A mención ás traducións ás que se refiren os arts. 6.1. e 2 e 12.1. e 15.2. non teñen a mesma redacción que a que levou á declaración de nulidade da Ordenanza de Lugo neste punto pola STS 2019, polo que non resulta aplicable o alí razoado a este suposto. Polo demais, a redacción desenvolve o art. 1 da Lei 5/1988 como a LALG no art. 7 coincidentes neste punto, resultando lexítimo que a lingua principal de uso sexa o galego, como ratifica a STS de 2019. A indicación do deber de tradución aparece mesmo mencionado no art. 15 LPACAP. Non cabe confundir texto orixinal con auténtico, xa que ambos idiomas ostentan esta mesma segunda categoría.

  18. O art. 9.1. na súa redacción de expresión normal en galego desenvolve o PXNLG e a Lei 1/2015. así como o prescrito no art. 10.2. CELRM, sen que o anterior limite o dereito dos cargos públicos a expresarse na lingua que desexen, invitándoos a facelo en galego. A expresión "ámbito lingüístico galego" resulta útil pois fai referencia ao conxunto da CA de Galicia e aos territorios limítrofes en que se fala e goza de algún tipo de protección legal, distinto do réxime de oficialidade. Que no art. 9.2. se prevexa que as actividades se desenvolvan "en xeral" en lingua galega unicamente é unha redacción de fomento sen discriminación ou exclusión do castelán.

  19. A valoración do emprego do galego para colaborar en actividades externas do art. 9.3. desenvolve a competencia municipal de fomento do uso do galego, semellante á contida na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, no art. 20.2.l, polo que a legalidade tamén debe predicarse do art. 20.4. e 5.

  20. En relación aos artigos 11 e 12, relativos a relacións contractuais do Concello con terceiros, indícase que existen tanto innovacións legais como xurisprudenciais que avalan a redacción. Por unha banda a promulgación da LCSP de 2017 en relación á contratación estratéxica e doutra pola STS de 2017 relativa á contratación pública lingüisticamente responsable.

  21. O art. 13 en relación á rotulación, dunha banda desenvolve a lexislación na materia e malia que existan sentenzas contraditorias, non é a mesma situación que a descrita na STS de 2019 porque aquela só refería seguridade viaria e aquí inclúese unha cláusula de emprego do castelán.

  22. O art. 15 recolle o indicado na normativa autonómica e a estatal básica, engadindo a posibilidade de remitir documentos en linguas cooficiais do lugar de recepción.

  23. O art. 18 e 19 reproducen e desenvolve a normativa autonómica na materia.

  24. O art. 21 recolle criterios de calidade e estilo da linguaxe e a segunda parte é aplicación da normativa en materia de igualdade de xénero. O contido do art. 22 forma parte da potestade autoorganizatoria da administración.

    Segundo-. Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

    Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, foi practicada unicamente a documental que obra en autos.

    A contía do procedemento fixouse como indeterminada.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro. Consideracións previas e estruturación da análise dos motivos de impugnación.

A técnica de motivación empregada na demanda consiste parcialmente en dar por reproducidas as consideracións efectuadas en diversos informes municipais, con numerosas referencias ao longo do escrito reitor directamente a páxinas onde se atopan eses documentos dentro do expediente, sen máis precisións sobre cal son os concretos argumentos impugnatorios. O feito de que ás veces a remisión se fai in integrum ao conxunto do informe non sempre esclarece o argumento, porque hai fragmentos do mesmo que posteriormente non foron obxecto de impugnación pola interesada. Nestes casos, a Sala tomará...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR