STSJ Galicia 339/2022, 4 de Octubre de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha04 Octubre 2022
Número de resolución339/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00339/2022

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7231/2021

RECURRENTE: Carmela

Procurador:SANDRA MIGUEZ FUENTES

Letrado: BENITO ESCUDERO DE LA FUENTE

ADMINISTRACION DEMANDADA: XURADO DE EXPROPIACION DE GALICIA

Procurador:

Letrado: ABOGACIA DE LA COMUNIDAD

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrados :

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 4 de outubro de 2022.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna a resolución ditada polo Xurado de Expropiación de Galicia notif‌icada o 10/3/2021, polo que se rexeita en reposición o recurso contra a f‌ixación def‌initiva do prezo xusto no expediente nº NUM000, correspondente á leira n. 61-0.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes: o solo correspondente á parcela expropiada ten a clasif‌icación urbanística de solo urbano, e polo tanto ten que ser valorada no

proceso expropiatorio conforme con esta categoría, e non como solo rural como f‌ixo o XEG, porque conta con todos os servizos para ser cualif‌icada como SUC, ademais, ha de considerarse que o conxunto de leiras expropiadas constitúen unha soa unidade de mercado, aínda que non estean agrupadas catastralmente. Foi pagado o IBI como parcela urbana co que tamén se infrinxe a Lei de Catastro Inmobiliario

A demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos: A parcela obxecto de expropiación ten a clasif‌icación urbanística de solo urbano non consolidado, e polo tanto debe ser valorada como solo en situación de rural, polo que a operación valoratoria do XEG é conforme a dereito.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, foi practicada a documental que obra en autos, así como a pericial xudicial de Paulino .

A contía do procedemento f‌ixouse en 1625,45 €.

Terceiro

Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que: a parcela obxecto de expropiación deste procedemento no Proxecto 01882 Mellora da seguridade viaria na contorna do TCAs na Estrada PO 308 PK 8,7 a 12,7 Clave PO 17/144.06 TM Poio e Sanxenxo ten a clasif‌icación urbanística no PXOM de Poio aprobado def‌initivamente o 28/10/2000 como solo urbano e cualif‌icada como Ordenanza 5, espazo libre e vial.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Clasif‌icación e cualif‌icación urbanística da parcela obxecto do recurso.

  1. Determinación da cuestión litixiosa. O estado fáctico do solo para os efectos valoratorios. Presunción de acerto do XEG e carga da proba.

    Sostén a demandante que a parcela está indebidamente clasif‌icada como solo rústico no expediente expropiatorio, porque en realidade, ao ter a consideración de solo urbano no planeamento, debe ser valorada polo XEG conforme con esa natureza. Sostén que reúne os requisitos para ser cualif‌icado como consolidado. Fronte isto, a administración obxecta que so se tratar de solo urbano non consolidado ten que ser valorado como rural.

    Existe unha discrepancia entre as partes a respecto de se o solo da parcela se atopa na situación de urbano para os efectos da valoración expropiatoria. Dado que as partes non discuten que a clasif‌icación urbanística do PXOM do ano 2000 é a de solo urbano, resulta imprescindible determinar se a cualif‌icación do solo debe ser a de consolidado ou non consolidado, pois iso determinará o seu estado fáctico para os efectos valorativos, que é o que impón a Lei.

    En efecto, o Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU) indica:

    Artigo 21. Situacións básicas do solo.

    1. Todo o solo atópase, para os efectos desta lei, nunha das situacións básicas de solo rural ou de solo urbanizado.

    2. Está na situación de solo rural:

    b) O solo para o que os instrumentos de ordenación territorial e urbanística prevexan ou permitan o seu paso á situación de solo urbanizado, ata que termine a correspondente actuación de urbanización, e calquera outro que non reúna os requisitos a que se ref‌ire o apartado seguinte.

    3. Atópase na situación de solo urbanizado o que, estando legalmente integrado nunha malla urbana conformada por unha rede de viais, dotacións e parcelas propia do núcleo ou asentamento de poboación do que forme parte, cumpra algunha das seguintes condicións:

    b) Ter instaladas e operativas, conforme ao establecido na lexislación urbanística aplicable, as infraestruturas e os servizos necesarios, mediante a súa conexión en rede, para satisfacer a demanda dos usos e edif‌icacións existentes ou previstos pola ordenación urbanística ou poder chegar a contar con eles sen outras obras que as de conexión coas instalacións preexistentes. O feito de que o solo sexa lindeiro con estradas de circunvalación ou con vías de comunicación interurbanas non comportará, en por si, a súa consideración como adoito urbanizado.

    Pola súa banda, a DT 1ª da Lei do Solo de Galicia indica:

    Disposición transitoria primeira. Réxime aplicable aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento.

    2. O planeamento aprobado def‌initivamente con anterioridade á entrada en vigor desta lei e non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, conservará a súa vixencia ata a súa revisión ou adaptación a ela, consonte as seguintes regras:

    a) Ao solo urbano que reúna as condicións establecidas no artigo 17.a) desta lei, aplicaráselle o disposto nela para o solo urbano consolidado.

    Ao solo urbano que reúna as condicións establecidas no artigo 17.b) desta lei, aplicaráselle o disposto nela para o solo urbano non consolidado.

    O artigo 17 LSG indica, dentro das categorías de solo urbano:

    "Os plans xerais diferenciarán no solo urbano as seguintes categorías, sen prexuízo do disposto para os plans especiais no artigo 71.2:

    1. Solo urbano consolidado, integrado polos terreos que reúnan a condición de soar ou que, polo seu grao de urbanización efectiva e asumida polo planeamento urbanístico, poidan adquirir a dita condición mediante obras accesorias e de escasa entidade que poidan executarse simultaneamente coas de edif‌icación.

    2. Solo urbano non consolidado, integrado pola restante...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR