STSJ Galicia 447/2022, 22 de Septiembre de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha22 Septiembre 2022
Número de resolución447/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00447/2022

-N56820

PLAZA GALICIA S/N

Teléfono: 881881125-881881123 Fax: 881881126

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

IL

N.I.G: 15030 45 3 2021 0000467

Procedimiento: AP RECURSO DE APELACION 0015007 /2022

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. ALTAMIRA SANTANDER REAL ESTATE, S.A.

Representación D./Dª. RAMON UÑA PIÑEIRO

Contra D./Dª. CONCELLO DE A CORUÑA (A CORUÑA)

Representación D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e dous de setembro dous mil vinte dous.

No recurso de APELACION que, co número 15007/2022, presentado por ALTAMIRA SANTADER REAL STATE SA , representado polo procurador Sr.De Uña Piñeiro, dirixido polo letrado Dº Galilea Clavijo, contra a sentenza 25/22 do XULGADO DO CONTENCIOSO NÚM.4 da Coruña. É parte a Administración demandada o CONCELLO DA CORUÑA, representada e asistida polo letrado dos seus servizos xurídicos.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

O Xulgado do contencioso núm.4 da Coruña ditou a sentenza 25/22 rexeitando o recurso contencioso administrativo contra a resolución de 18.03.2021 TEAM Coruña que rexeita o recurso de anulación contra o acordo previo de 14.01.2021, que confirmaba a INADMISIÓN do recurso de anulación contra a liquidación IITV201800092780.

SEGUNDO

Formulou un recurso de apelación solicitando a súa revogación .

O letrado da ADMNISTRACION opúxeronse ó recurso.

TERCEIRO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 156.328 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

Aceptanse os da sentenza recorrida, sen prexuizo do que se dirá.

O recorrente fundamenta o recurso de apelación en: a) vulneración da tutela xudicial efectiva: inadmisión da reclamación económico administrativa maila indicación de recursos feita polo Concello, b) concorren a causa de nulidade de pleno dereito do artigo 217.1ª) LXT.

O letrado do Concello se opón

SEGUNDO

Verbo do 1º motivo; o recorrente considera que, a sentenza de instancia, en tanto que valida os acordo do TEAM, vulnera o seu dereito á tutela xudicial efectiva: o recorrente seguiu a indicación dos recursos que figuraba o pé da notificación do acordo de inadmisión da solicitude de nulidade de pleno dereito.

Non podemos compartir este criterio; aínda sendo certo, tal e coma recoñece a sentenza de instancia, que o CONCELLO DA CORUÑA equivocouse ó indicalos recursos procedentes ( non procedía a reclamación económico administrativa ante o TEAM, senón acoder diretamente ante a xurisdicción contencioso administrativa ), esta circunstancia ten un efecto relevante para o recorrente: o tempo esgotado ante o TEAM non lle pode prexudicar, é dicir, non estaría caducado o seu dereito á acoder ante a xurisdicción contenciosa; mailo dito, o erro o que non provoca é a OBRIGA DO TEAM de tramitar un recurso que non procede.

Esta non obriga fai que os acordos do TEAM - o inicial e o que resolve o recurso de anulación- sexan correctos, se ben, quizabes,deberían ter informado de que o dereito ó recurso ( o inicial e direto contra o acordo municipal ) seguía subsistente.

Nembargantes e aínda que así non o fixeron, no proceso xudicial seguido ante o Xulgado do contencioso núm.4, o recorrente realizou alegacións verbo do fondo da controversia, e o Xulgado entrou a resolvelas, polo que, difícilmente pode soster que se vulnerou o seu dereito á tutela xudicial efectiva: obtivo unha resolución motiva sobre a concorrencia ou non dos motivos de nulidade invocados.

TERCEIRO

Verbo dos motivos de nulidade, a sentenza de instancia dalle plena resposta as cuestións suscitadas, e no recurso de apelación o recorrente cingue o debate á concorrencia da causa 1.a do art. 217 LXT: vulneración de dereitos e liberdades susceptibles de amparo constitucional e c) acto de contido imposible.

Antes de entrar a resolvela controversia, e seguindo o letrado do Concello, compre indicar que a liquidación do IIVTNU ditouse o 31.01.2019, é dicir, cando xa se ditara a sentenza do TC 59/2017 que, declarara, parcialmente inconstitucional o artigo 107.1 e 107.2.a) TRLFL e, o que é, inclusive mais relevante, permitiu as partes acreditar que, na transmisión, non existiu ganancia, é dicir, a achega de probas ó respecto.

Sentenza do Tribunal Supremo nº 1163/2018 do 9 de xullo (RJ 2018, 3952), que se pronuncia sobre o alcance da declaración de inconstitucionalidade contida na STC 59/2017 (RTC 2017, 59) .

Esta sentenza vén declarar que os artigos 107.1 e 107.2.a) e TRLRHL adoecen dunha inconstitucionalidade parcial , que non absoluta, é dicir, non existe unha declaración de inconstitucionalidade ex orixine, non quedaron expulsados do ordenamento xurídico tal e como interpretaran algúns tribunais e iso é así dado que a Sentenza do Tribunal Constitucional unicamente alcanzaría a aquelas situacións nas que se gravan plusvalías inexistentes, e corresponde ao suxeito pasivo do imposto demostrar que non existiu unha plusvalía real, conforme ás normas da carga da proba que contén a Lei 58/2003 ( RCL 2003, 2945) Xeral Tributaria.

Neste sentido, a propia Sentenza establece que "Para acreditar que non existiu a plusvalía gravada polo IIVTNU poderá o suxeito pasivo(a) ofrecer calquera principio de proba, que polo menos indiciariamente permita apreciala ,como é a diferenza entre o valor de adquisición e o de transmisión que se reflicte nas correspondentes escrituras públicas [cuxo valor probatorio sería equivalente ao que atribuímos á autoliquidación do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais nos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR