STSJ Galicia 275/2022, 8 de Julio de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha08 Julio 2022
Número de resolución275/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00275/2022

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: RECURSO DE APELACION 7036/2022

APELANTE: HOTEL OBRADOIRO S.A.

Procurador: MARIA BEGOÑA CAAMAÑO CASTIÑEIRA

Letrado: JAVIER CURROS NEIRA

APELADO: COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DEL EDIFICIO Nº NUM000 DE LA CALLE000, COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DEL EDIFICIO Nº NUM001 Y NUM002 DE CALLE000 Y Nº NUM003 DE DIRECCION000 ; CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrados :

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 8 de xullo de 2022

ANTECEDENTES DE FEITO

Único-. Resolución xudicial impugnada. Posicións das partes.

A parte apelante presenta un recurso ante a Sala, que é aquendado a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

É obxecto de impugnación a Sentenza nº 394/2021, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela, que acolle o recurso presentado contra a resolución ditada polo Concello de Santiago de Compostela de 23/1/2019, polo que se acolle o recurso de reposición presentado contra a decisión de 16/4/2018 e se autoriza o aforo de 711 persoas para a Sala de Festas "La Facultad".

Os argumentos en que a parte apelante fundamenta a súa pretensión son os seguintes:

  1. A Sala de festas para a que se autorizou a ampliación de aforo dispón dunha licenza de de 1980, e foi outorgada consonte cunha normativa que non esixía determinadas características que actual si fai, como escenario ou camerinos, e por iso nunca dispuxo deles. A ordenanza de zonas saturadas só permite a ampliación de aforo se iso non supón a realización de obras que supoñan o aumento da superf‌icie e se cumpra o previsto na instrución municipal relativo a características do edif‌icio, e os antecedentes urbanísticos (título habilitante). A normativa permite a ampliación de aforo cando non se impliquen obras de aumento de superf‌icie e cumpran a normativa de incendios, e foi o que se f‌ixo.

  2. En relación á ocupación segundo o Código técnico de edif‌icación e o aforo admisible, este ha de calcularse en base á situación real do local e non da teórica dunha sala de festas licenciada e cos condicionantes do actual catálogo de actividades, porque a licenza é de 1980. Con esa licenza non cabe esixir nin escenario nin camerinos e roupeiro e para a ampliación non cabe esixir as condicións actuais das salas de festas. Debe examinarse a autorización coas características e condicionantes de 1980. Que actualmente o Catálogo de actividades vixente conteña un epígrafe destinado a Salas de festa non signif‌ica que esta def‌inición se corresponda coa actividade que en 1980 tiña a consideración de Sala de festas. En consecuencia, o límite máximo do aforo vén determinado polo cálculo teórico de ocupación tendo en conta a normativa de seguridade contra incendios, abondando un simple cálculo aritmético.

  3. Existe inconcreción na f‌ixación dos feitos e a fundamentación de dereito da demanda, pois o demandante ten obriga non só de citar a normativa supostamente vulnerada senón tamén o precepto concreto e a argumentación posta en relación.

    A parte apelada Comunidade de Propietarios dos Edif‌icios nº NUM001, NUM002 e NUM000 da rúa CALLE000 e da CP do Edif‌icio nº NUM003 da rúa DIRECCION000, oponse ás pretensións impugnatorias polos seguintes motivos:

  4. introdúcese un argumento ex novo na apelación, relativo a que como a licenza para o local foi outorgada en 1980, só a normativa daquela vixente é de aplicación para coñecer da ampliación do aforo. Igualmente constitúe un argumento impugnatorio novo o de que á data de outorgamento da licenza non era preciso que a Sala de festas contase con determinadas dotacións como camerinos ou escenario. Non foi alegado nin probado que o local carecese de escenario, roupeiro e camerinos en 1980 nin que a tal data non fose preceptivo contar cos devanditos elementos. Ata agora a demandante e o concello se esmeraron en tratar de xustif‌icar que si existían; pero é que incluso o informe elaborado de parte por Carrillo Pena ref‌licte a existencia de elementos que en realidade non existiron nunca. Por outra banda, tanto este arquitecto como a técnica municipal recoñecen non teren visitado nunca o local. Son os informes dos apelados ( Vicente e Jose Luis ) os que demostran o estado real do local, onde se dá conta de que nunca contou cos devanditos elementos.

  5. Na contestación á demanda deféndense posicións contrarias ás mantidas no escrito de apelación. Así tras estar a discoteca pechada por orde administrativa reábrese en 2016 cunha comunicación previa que necesariamente ha de adaptarse á normativa dese tempo e non de 1980, ao igual que as reformas que foron realizadas en 2013. Tamén ref‌ire a aplicabilidade do código técnico de 2006.

  6. a inaplicabilidade da normativa posterior a 1980 é un argumento novo que merece o rexeitamento de plano. Pola contra, a sentenza de instancia deixa claros os motivos da revogación, xa que nin se acreditou o cumprimento dos requisitos, nin o local foi obxecto de inspección, nin é posible acordar todo o anterior sen modif‌icación de licenza, que é imposible dados os termos en que se ref‌ire a ordenanza de zona saturada.

  7. Debe poñerse de manifesto que a administración aquietouse co fallo da sentenza.

    FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a inconcreción na f‌ixación dos feitos e a fundamentación de dereito da demanda. Falta de crítica á sentenza apelada.

A apelante formula como último motivo de apelación unha inconcreción na f‌ixación dos feitos e a fundamentación de dereito da demanda.

Dende logo, á vista do escrito de apelación, unha vez confrontado coa resolución recorrida, pode comprobarse que non hai nin unha soa referencia nin á sentenza apelada, nin aos seus argumentos. En consecuencia, non se contén crítica ningunha á resolución xudicial no escrito de apelación.

Neste estado de cousas, procedería sen máis o rexeitamento da apelación formulada, pois a función dos recursos contra resolucións xudiciais non é expresar simplemente a desconformidade coa decisión xurisdicional, senón combatela razoadamente nas alegacións do escrito, como obriga o art. 85.1. LXCA, polo que estas deben gardar coherencia coa argumentación ofrecida polo órgano a quo, da que se debe apartar

mediante a correspondente crítica que permita ao Tribunal facer un xuízo de adecuación fáctica ou xurídica na apelación ao decidido en sentenza conforme cuns feitos que se reputen realmente existentes, a valoración da proba realizada ou dun marco normativo dado.

Existe...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR