STSJ Galicia 222/2022, 3 de Junio de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha03 Junio 2022
Número de resolución222/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00222/2022

PONENTE:D.LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7018/2021

RECURRENTE: Adolfo

Procurador: JOSE ANTONIO CASTRO BUGALLO

Letrado: MARIA JOSE LISTE LOPEZ

ADMINISTRACION DEMANDADA: INSTITUTO SOCIAL DE LA MARINA

Procurador:

Letrado: LETRADO DE LA SEGURIDAD SOCIAL

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrados :

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 3 de xuño de 2022

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna a resolución do Instituto Social da Mariña de data 17/11/2020, que conf‌irma en alzada a de 18/8/2020, que rexeita a solicitude de revisión do encadramento do solicitante para emprazalo no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar (RETM), como estibador portuario.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. resultan acreditadas unha serie de actividades encadradas na descrición de estiba e desestiba ao longo do período de tempo reclamado;

  2. a normativa substantiva e a xurisprudencia, en casos idénticos ao presente, concluíron o reencadramento dos solicitantes, polo que o recurso debe ser acollido integramente.

    A demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  3. non teñen a consideración de actividades de estiba o manexo de medios mecánicos que pertenzan á administración portuaria, e no caso de autos pertencían os mesmos á autoridade portuaria;

  4. O demandante non ostenta a condición de estibador ao non acreditar a relación laboral coa sociedade estatal correspondente nin a inscrición nos rexistros especiais.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, foi practicada a proba documental que obra en autos, máis a testemuñal de Sergio e Teodoro .

A contía do procedemento f‌ixouse como indeterminada.

Terceiro

Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que: Adolfo prestou servizos para a Autoridade Portuaria de Vilagarcía como maquinista de grúa e pontes entre o 1/6/1989 e 31/12/1994; como of‌icial do servizo de grúas entre o 1/1/1995 e o 31/10/1995 e como Xefe de equipo do servizo de grúas entre o 1/11/1995 e o 3/9/2001.

As actividades realizadas comprenderon carga e descarga dentro da estiba e desestiba, consistente entre outras, no izado ou transferencia da mercadoría e a súa colocación na adega ou a bordo do buque, así como a descarga da mercadoría dende o buque a peirao, pantalán ou vehículos de transporte terrestre.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Actividade laboral desenvolvida polo recorrente.

Como presuposto da súa reclamación, a parte demandante indica que traballou como gruísta en diferentes categorías, todas elas incardinadas dentro do ámbito da estiba e desestiba, dentro do Porto de Vilagarcía. Neste sentido acompaña un certif‌icado sobre os períodos e clasif‌icación profesional (ff. 48 e 49 de autos), maquinista de grúa e pontes entre o 1/6/1989 e 31/12/1994; como of‌icial do servizo de grúas entre o 1/1/1995 e o 31/10/1995 e como Xefe de equipo do servizo de grúas entre o 1/11/1995 e o 3/9/2001; que foi completado entre outros cun of‌icio remitido á Autoridade Portuaria de Vilagarcía (f. 68 de autos), que certif‌icou que as actividades por el desenvolvidas na altura tiñan a natureza, dado o réxime legal vixente, de participación do conxunto de actividades cualif‌icadas como de estiba e desestiba, que cualif‌ican naquel momento como "habituais" para os empregados gruístas do porto, para describir a continuación as mesmas (f. 68 volto de autos) entre as que f‌iguran as de izado ou transferencia da mercadoría e a súa colocación na adega ou a bordo do buque, así como a descarga da mercadoría dende o buque a peirao, pantalán ou vehículos de transporte terrestre.

Igualmente, as testemuñas que declararon no acto da vista corroboraron as funcións que acredita o certif‌icado, indicando que en ningún caso tiveron lugar dentro do buque, senón que o traballo se facía dende a máquina.

Ningunha das af‌irmacións da demandante foron contraditas na contestación, nin foi impugnado o valor probatorio das practicadas no procedemento, polo que se teñen como feitos probados para todos os efectos. ( artigos 60.4. LXCA e 316, 319 e 326, 348 e 376 LAC)

Segundo

Réxime legal e xurisprudencial da consideración do traballo de estiba e desestiba para os efectos de encadramento no RETM. Irrelevancia da condición da empresa contratante ou da propiedade dos medios nin da formación do traballador.

A administración non nega que os traballos desenvolvidos polo demandante teñan consideración de estiba e desestiba consonte coa lei vixente na altura (anos 1989 a 2001) pero opón que dado a natureza da súa vinculación coa autoridade portuaria, e a propiedade dos instrumentos de traballo, non pode ter esta consideración. Igualmente rexeita a inclusión por falta de formación do demandante.

Neste sentido a posición da Sala, conf‌irmada polo Tribunal Supremo, ten sido invariable ao considerar que o relevante para os efectos de encadramento é a actividade realmente desenvolvida polo traballador, porque o que busca a norma é dispensar un ámbito de protección laboral acorde co tipo de función desenvolvida e os riscos inherentes a ela. En consecuencia, o relevante para o encadramento do traballador dentro do RETM é

a natureza das actividades realizadas, non as características da empresa nin o seu obxecto social ou o seu carácter público ou privado. Dixemos neste sentido na STSXG nº 156/2014 Recurso: 4388/2013, no FX 3º que:

" O Decreto 2864/1974, do 30 de agosto, que contén o Texto Refundido do Réxime Especial dos Traballadores do Mar, enumera no seu artigo 2º.a ) que traballadores por conta allea estarán incluídos no devandito réxime, e entre eles atópanse (apartado 6 º) os que realicen "Traballo de estibadores portuarios". Pola súa banda o artigo

85.1.2 da Lei 48/2003, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral, contén unha enumeración dos labores comprendidos dentro das actividades de estiba e desestiba, sendo as primeiras as seguintes: a) A recollida da mercadoría do porto e o transporte horizontal da mesma ata o costado do buque en operacións relacionadas coa carga do mesmo. b) A aplicación de gancho, culler, spreader ou calquera outro dispositivo que permita izar ou transferir a mercadoría directamente desde un medio de transporte, ou desde o peirao, previo depósito no mesmo ou amontoado, ao costado do buque. c) O izado ou transferencia da mercadoría e a súa colocación na adega ou a bordo do buque. d) O embarque da mercadoría por...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR