STSJ Galicia 213/2022, 1 de Junio de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha01 Junio 2022
Número de resolución213/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00213/2022

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: RECURSO DE APELACION 7019/2022

APELANTE: Cayetano

Procurador: ISABEL TEDIN NOYA

Letrado: ANTONIO VAZQUEZ LOPEZ

APELADO: DIPUTACION PROVINCIAL DE LUGO; CONCELO DE BARALLA (LUGO)

Procurador:

Letrado:LETRADO DIPUTACION PROVINCIAL; LETRADO DE LA DIPUTACION PROVINCIAL

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrada e Maxistrado :

Cristina María Paz Eiroa

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 1 de xuño de 2022

ANTECEDENTES DE FEITO

Único-. Resolución xudicial impugnada. Posicións das partes.

A parte apelante presenta un recurso ante a Sala, que é aquendado a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

É obxecto de impugnación a Sentenza nº 261/2021, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo, pola que se conf‌irma a resolución desestimatoria presunta formulada fronte o recurso de reposición interposto en data 28/11/2019 fronte o Acordo da Deputación Provincial de Lugo de 18/10/2019, que denega a reversión relativa ao predio nº NUM000 no Expediente expropiatorio nº NUM001 .

A contía do procedemento foi f‌ixada na instancia como indeterminada.

A apelante fundamenta o seu recurso nos seguintes motivos: existencia de contradición entre o acto recorrido e a mutación do f‌in da expropiación; infracción dos principios de facilidade probatoria e de inversión da carga da proba; erro e omisións na valoración de proba; infracción da normativa substantiva en materia expropiatoria. O Concello de Baralla, apelado, oponse indicando que: existe inadmisibilidade do recurso porque a contía do predio non acada o mínimo para o acceso á apelación; en canto ao fondo, indícase falta de crítica á sentenza e correcta valoración da proba dispoñible.

A Deputación provincial oponse igualmente ao recurso en primeiro lugar por concorrer inadmisibilidade por razón de contía e en canto ao fondo, por motivos análogos aos xa manifestados polo Concello.

Alegada unha causa de inadmisibilidade do recurso, dase traslado á parte contraria para alegacións, que despacha opoñéndose a que sexa admitida por consideralo de contía indeterminada.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Resolución apelada e réxime de recursos vixente.

A Sentenza nº 261/2021, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo, ventílase en relación a unha franxa de terro cuxa valoración determina o carácter non recorrible da resolución apelada.

  1. A contía do procedemento é materia de orde pública procesual e revisable de of‌icio.

    En primeiro lugar, debemos indicar que a cuestión da contía do procedemento é unha materia de orde pública revisable de of‌icio pola Sala, e que as súas conclusións poden afectar á admisibilidade do propio recurso de apelación formulado. Así o lembramos na STSXG desta Sección 3ª nº 2081/2020, de 15 de maio: "SEGUNDO.- A Sala debe examinar, con todo, como cuestión previa, e de obrigado cumprimento, por ser de orde pública procesual, se existe ou non contía para a admisión do presente recurso de apelación, de conformidade co establecido nos arts. 81.1.a ) e 41.3 da Lei reguladora da Xurisdición (..)

    Conforme á Xurisprudencia do Tribunal Supremo, a f‌ixación de a contía do recurso pode ser efectuada en efecto en calquera momento, mesmo de of‌icio, polo órgano xurisdicional, xa que se trata dunha materia de orde pública, máxime cando- como logo se exporá- determina a procedencia ou improcedencia do recurso de apelación, pois é claro que non pode deixarse ao arbitrio de quen pretende o acceso á apelación "alterar o réxime de recursos establecidos na Lei" porque, sen o minucioso control do xulgador na instancia e da Sala, ao decidir sobre a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR