SAP Pontevedra 264/2022, 10 de Mayo de 2022

PonenteIGNACIO DE FRIAS CONDE
ECLIECLI:ES:APPO:2022:1352
Número de Recurso825/2021
ProcedimientoRecurso de apelación
Número de Resolución264/2022
Fecha de Resolución10 de Mayo de 2022
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 3ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 3

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00264/2022

Modelo: N10250

/ROSALÍA DE CASTRO NÚM. 5 - 2-IZQ. (PONTEVEDRA)

- Teléfono: 986805127/28/29/30 Fax: 986805123

Correo electrónico: Seccion3.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MC

N.I.G. 36039 41 1 2020 0000458

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000825 /2021

Juzgado de procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.3 de O PORRIÑO

Procedimiento de origen: JVP JUICIO VERBAL (RECL. POSESION BIENES H.) 0000144 /2020

Recorrente: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga

Procurador: César Ángel Escariz Vázquez

Avogada: Lucía Guerrero Borrajo

Recorridos: Victorio, Rosendo, Jose Luis

Procuradora: Purif‌icación Rodríguez González, Purif‌icación Rodríguez González, Purif‌icación Rodríguez González

Avogada: Lucía Vázquez López, Lucía Vázquez López, Lucía Vázquez López

SENTENZA NÚM. 264/2022

MAXISTRADOS DO TRIBUNAL

Presidente:

Ilmo. Sr. don Antonio Juan Gutiérrez Rodríguez-Moldes

Maxistrados:

Ilmo. Sr. don Francisco Javier Romero Costas

Ilmo. Sr. don Ignacio de Frías Conde

Pontevedra,10 de maio de 2022

Foron vistos en grao de apelación ante esta Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de xuízo verbal (reclamación posesión bens hipotecarios) 144/2020, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, aos cales correspondeu o rolo de recurso de apelación (LAC) número 825/2021. Nel aparecen, como parte apelante, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, representada polo procurador dos tribunais don César Ángel Escariz Vázquez e asistida pola avogada dona Lucía Guerrero Borrajo, e, como parte apelada, don Victorio, don Rosendo e don Jose Luis, representados pola procuradora dos tribunais dona Purif‌icación Rodríguez González e asistidos pola avogada dona Lucía Vázquez López.

Actuou como maxistrado relator don Ignacio de Frías Conde.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

O Xulgado de Primeira Instancia número 3 do Porriño pronunciou unha sentenza con data do 22 de xuño de 2021, cuxa parte dispositiva di:

Que, debo estimar y estimo íntegramente la demanda presentada por la procuradora doña Purif‌icación Rodríguez González, en la representación que ostenta en autos, en el sentido de: a) Declarar haber lugar a la tutela del derecho a recobrar la posesión respecto de las f‌incas descritas en los hechos primero, segundo y tercero de la demanda. b) Condenar a la demandada, Comunidad de Montes Vecinales en Mano Común de Tameiga-Mos, a abstenerse de realizar actos de perturbación y a realizar las obras que se describen en el informe pericial aportado con la demanda.

Con expresa condena en costas a la parte demandada.

SEGUNDO

Contra a amentada resolución a parte demandada interpuxo o presente recurso de apelación, que foi substanciado na instancia de conformidade co establecido no artigo 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil (LAC); eleváronse os autos e correspondeu a este Tribunal a súa resolución, o que deu lugar á formación deste rolo. Non se celebrou vista pública nin se practicou proba, polo que quedou o procedemento para votación e decisión.

TERCEIRO

Na tramitación do recurso observáronse e cumpríronse todas as prescricións de carácter legal.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

A parte demandada recorre contra a sentenza acolledora da demanda pronunciada na instancia en xuízo de tutela sumaria da posesión.

No seu recurso de apelación insiste a apelante nos argumentos expostos na súa contestación á demanda, argumentando o erro na valoración da proba a través de tres motivos:

  1. - Caducidade da acción.

  2. - Falta de posesión exclusiva e excluínte da parte demandante.

  3. - Falta de animus spoliandi .

Os apelados opóñense ao recurso e consideran correcto o resolto na instancia.

SEGUNDO

Exercítase neste procedemento a acción derivada do artigo 250.1.4º da Lei de axuizamento civil, encamiñada a obter a tutela sumaria da tenza ou da posesión dunha cousa ou dereito por quen fose desposuído dela ou perturbado no seu gozo. Unha acción que está intimamente ligada co artigo 446 do Código civil, que dispón que:

Todo posuidor ten dereito a ser respectado na súa posesión; e, se for inquietado nela, deberá ser amparado ou restituído na dita posesión polos medios que as leis de procedemento establecen.

Pola súa parte, o artigo 441 do Código civil dispón que:

En ningún caso pode adquirirse violentamente a posesión mentres exista un posuidor que se opoña a isto. O que se crea con acción ou dereito para privar outro da tenza dunha cousa, sempre que o tedor resista a entrega, deberá solicitar o auxilio da autoridade competente.

A esta regulación hai que engadir a presunción de posesión prevista no artigo 38 da Lei hipotecaria, que di:

Para todos os efectos legais presumirase que os dereitos reais inscritos no rexistro existen e pertencen ao seu titular na forma determinada polo asentamento respectivo. De igual modo presumirase que quen teña inscrito o dominio dos inmobles ou dereitos reais ten a súa posesión.

Como sinalamos na sentenza desta Sección do 4 de marzo de 2020, a doutrina xurisprudencial vén sinalando como requisitos para que prospere a acción que examinamos os seguintes:

"

  1. Que el actor acredite haber estado en la posesión o tenencia material de la cosa de la que dice haber sido perturbado o despojado, bien entendido que la posesión ha de ser interpretada en su más amplio concepto, por comprender incluso, a efectos de protección interdictal la simple tenencia y la mera detentación.

  2. Que se identif‌ique sobre el terreno lo que ha sido objeto del despojo o perturbación, concibiéndose estos como la realización de actos materiales que se concretan en la alteración del estado de hecho preexistente, con la privación total o parcial del goce de la cosa o derecho poseídos o con el riesgo evidente de que tal alteración se produzca. En otras palabras, que se lleve a cabo una correcta, plena y exacta delimitación e identif‌icación del ámbito material de lo poseído por el demandante.

  3. Que el demandado haya realizado por si u ordenando realizar a un tercero el acto de despojo.

  4. Que concurra en el demandado un "animus spoliandi", es decir intención culpable, dolosa o culposa, de despojar al actor de la posesión del terreno objeto de despojo o perturbación, o lo que es lo mismo conciencia que el despojante o perturbador tiene de que el acto que comete es fruto de un obrar arbitrario o indebido, sin título adecuado que lo autorice.

  5. Que la demanda de protección posesoria o de interdicto de recobrar se interponga dentro del año siguiente al acto de despojo o de perturbación, de forma que de no hacerse así la demanda será inadmitida o rechazada conforme a lo establecido en el art. 439.1 de la L.E.C, f‌iel trasunto procesal de lo que sustantivamente dispone el artículo 460.4 del C.C, plazo anual este que presupuesto para el éxito de la acción posesoria, ha de tenerse como de caducidad, y por tanto apreciable de of‌icio y no susceptible de interrupción."

Ademais, na sentenza desta Sección do 18 de marzo de 2014 indicabamos:

En el plano jurisprudencial, la prosperabilidad de la demanda interdictal pasa por la ineludible demostración por la actora de una posesión material, fáctica y tangible, auténtica o real, actual y exclusiva, de carácter estable, de modo que conlleve utilización o disfrute continuados, descartándose utilizaciones circunstanciales, esporádicas o meramente toleradas en los términos previstos en el art. 444 CC .

El procedimiento interdictal deberá centrarse en la situación de hecho existente, quedando para el juicio declarativo correspondiente el debate y resolución de las cuestiones relativas al dominio o al mejor derecho a poseer - SS. AP Cuenca 21- 1-200 y AP Granada (3ª) 25-10-2003 .

Como sinala a SAP de Ourense do 26 de setembro de 2017, en relación co acto de perturbación ou despoxo, a lesión da posesión que serve de base ao exercicio do interdito consiste nunha alteración do estado de feito posesorio realizada por alguén contra ou sen a vontade do posuidor e sen estar autorizado polo ordenamento xurídico para realizala. A lesión pode implicar ou non a privación da posesión. No primeiro caso existe despoxo, que pode dar lugar ao interdito de recobrar; no segundo, perturbación, base fáctica do interdito de reter a posesión.

TERCEIRO

Entrando xa na análise das diversas cuestións expostas no recurso, debemos sinalar que compartimos no esencial o razoado na instancia.

A apelante alega, en primeiro lugar, que transcorreu o prazo dun ano en que debe exercitarse a acción posesoria desde o primeiro conf‌lito, ocorrido en abril de 2007, cando a demandada tirou peches e plantou árbores sen que se exercitase acción ningunha naquel momento, pois puideron os demandantes naquel intre exercitar acción de tutela sumaria da posesión, polo que a acción está caducada, xa que o prazo debe computarse desde o primeiro acto de perturbación, sen que sexa relevante o tempo transcorrido entre o primeiro acto de despoxo e os seguintes. Cita, en apoio da súa tese, a sentenza desta Sección do 22 de xaneiro de 2020, na cal se indica:

"SEGUNDO.- Comenzando por la cuestión inicial, la caducidad de la acción de tutela sumaria posesoria objeto de litis, hemos de dar la razón al Juzgador de la instancia. Tal es así toda vez que, como bien argumenta la sentencia, la situación frente a la que se dirige la tutela sumaria posesoria de litis, la restitución del camino de paso antiguo de acceso a la propiedad y vivienda de la actora, diferenciado y concurrente con otro ulterior habilitado también y paralelamente, al año 2006, viene a ser la misma que la acaecida a Finales de 2015, momento en que la Comunidad de Montes demandada ya cerró e impidió el paso con la colocación de dos grandes piedras sobre él. Es cierto y resulta acreditado que aquellos bloques fueron...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR