STSJ Galicia 123/2022, 1 de Abril de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha01 Abril 2022
Número de resolución123/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00123/2022

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: RECURSO DE APELACION 7166/2021

APELANTE: VIAS Y CONSTRUCCIONES S.A., CRC OBRAS Y SERVICIOS S.L. Y EXTRACO, CONSTRUCCIONES E PROXECTOS S.A.

Procurador: RICARDO GARCIA-PICCOLI ATANES

Letrado: ESTEBAN PALAZON QUEVEDO

APELADO: SERVICIO GALEGO DE SAUDE

Procurador:

Letrado: ABOGACIA DE LA COMUNIDAD

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrados :

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 1 de abril de 2022

ANTECEDENTES DE FEITO

Único-. Resolución xudicial impugnada. Posicións das partes.

A parte apelante presenta un recurso ante a Sala, que é aquendado a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

É obxecto de impugnación a Sentenza nº 276/2021, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Santiago de Compostela, que acolle parcialmente a pretensión de aboamento de cantidades en concepto de pago de xuros de mora e xuros legais, que foi obxecto de rexeitamento presunto polo SERGAS.

Os argumentos en que a parte apelante fundamenta a súa pretensión son os seguintes:

  1. infracción do art. 235.1. TRLCSP 2011 en relación ao art. 216.4. respecto dos xuros de demora da Certif‌icación f‌inal de obra (CFO). O erro da administración e da sentenza estriba en que non teñen en conta nin os prazos legais para a súa aprobación e expedición nin aboamento nin o prazo de ano e medio que transcorreu dende a recepción da obra, en 6/6/2017 ata a expedición da CFO, o 18/12/2018. En tres meses dende a recepción hai que emitir a CFO, e ao pasar un ano e medio incumpriuse a prescrición legal. Porén, a factura foi aboada o 31/1/2019, polo que os xuros non poden ser os propostos en sentenza. A ausencia de pronunciamento da apelante en conclusións sobre o Informe que o SERGAS acompañou coa demanda sobre o particular non lle pode prexudicar, porque a súa emisión é potestativa.

  2. Infracción do art. 1109 CC ao rexeitarse o dereito de cobro dos xuros sobre os xuros da cantidade reclamada. A demanda acompáñase dunha petición de pago dunha cantidade certa, líquida e vencida, e por iso deben aboarse. E ten estas características porque as datas de devindicación son taxadas e establecidas na Lei.

    A parte apelada oponse ás pretensións impugnatorias polos seguintes motivos:

  3. A actora non rebateu a proba presentada polo SERGAS relativa a que existiron determinados eventos que incidiron en que a CFO non fose aproada ata o 28/11/2018 e polo órgano de contratación o 3/12/2018, tal como se acredita no Expediente administrativo (EA) mediante os informes que acreditan as incidencias; tampouco foi obxecto de impugnación en si a data da CFO polo que con base no anterior a sentenza acolle a data da CFO como día inicial do cómputo dos xuros de demora.

  4. É correcta a inaplicación do anatocismo sobre os xuros reclamados na demanda, porque non están claramente determinados e conf‌igurados, ao existir controversia que afecta á base de cálculo dos xuros moratorios, e así o avala a xurisprudencia.

    FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a correcta determinación dos xuros por demora tras a certif‌icación f‌inal de obra.

Sostén a apelante que a sentenza incorre en infracción do art. 235.1. TRLCSP (2011) en relación ao art. 216 porque non tivo en conta o tempo transcorrido entre a recepción das obras e o aboamento da factura f‌inal, por emisión tardía da CFO.

Debe comezarse por dar a razón á apelante en que non lle asiste obrigación ningunha de presentar conclusións sobre o procedemento se non quere, pero tamén debe engadirse que é un bo momento para que, en exercizo do dereito de defensa e contradición, poda obxectar á posición esgrimida pola demandada e ás probas por ela practicadas. A sentenza de instancia fai f‌incapé neste silencio, aínda que é certo que nada subtrae á xulgadora da obriga de decidir conforme a dereito por máis que o interesado non faga uso das súas facultades.

Dito o que antecede, a Sala considera que o criterio da sentenza de instancia é axustado a dereito, porque a valoración que fai tanto da proba achegada coa contestación á demanda, como dos elementos que constan no expediente e son postos de manifesto pola apelada, evidencian un criterio racional á hora de determinar cal deba ser a data a partir da cal se considere incursa en mora a administración.

En efecto, a obra...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR