STSJ Galicia 331/2022, 12 de Mayo de 2022

JurisdicciónEspaña
Número de resolución331/2022
Fecha12 Mayo 2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00331/2022

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2020 0001588

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015655 /2020 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Bernarda

ABOGADO MIGUEL ANGEL NOUCHE FERREIRA

PROCURADOR D./Dª. DOMINGO NUÑEZ BLANCO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, doce de maio dous mil vinte e dous.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15655/2020, presentado por Dª Bernarda, representado polo procurador Sr. Núñez Blanco, dirixido polo letrado Dº Nouche Ferreira, contra o acordo de 07.08.2020 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 38.650 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 07.08.2020 do TEAR que, acolle parcialmente, a reclamación económico administrativa, contra a liquidación/sanción ( anúlaa ) IVE 4T : aplicación do réxime de prorrata.

Segundo resulta do expediente, a Sra. Bernarda mercou un inmoble ( local comercial e garaxe ) para afectalo a súa actividade ( aluguer de inmobles), instando ( declaración 4T ) a devolución do IVE- 38.650 euros; denegáronllo o non implicar unha nova actividade e serlle de aplicación o réxime da prorrata xeral (á actividade, ós efectos do CNAE é de aluguer de inmobles e locais comerciais), e dado que nese momento só alugaba vivendas a prorrata é do 0%.

SEGUNDO

A recorrente sostén que só é empresaria ós efectos do IVE,se ben, non exerce, propiamente, unha actividade empresaria ou profesional e cita o seu abeiro, a STSX Galicia 3/2010.

O letrado do Estado subliña que, a recorrente é empresaria ós efectos do IVE e que, se ben no 4T 2017 só obtén ingresos polo aluguer de vivendas, tamén ten en aluguer locais, e o adquirido son un baixo e un garaxe, do que, se deriva que lle é de aplicación a regra da prorrata, sendo o numerador 0.

Para resolvela cuestión partirmos das seguintes consideracións: a) a recorrente ten coma actividade o aluguer de inmobles e locais comerciais, b) adquire un ben de inversión - local e garaxe - para afectalo a súa actividade, c) aplicanlle a regra da prorrata xeral.

Verbo da consideración de ben de inversión; Na STSJ da Comunitat Valenciana do 7 de maio de 2013 ( JT 2013, 1473) , baseándose na doutrina sentada pola STS do 17 de xaneiro de 2006 ( RJ 2006, 522) , declarouse que para que un ben determinado sexa considerado como ben de investimento para os efectos do IVE han de cumprirse simultaneamente os seguintes requisitos: 1º) Ha de tratarse dun ben corporal, moble, semoviente ou inmoble. 2º) Pola súa natureza e función ha de estar normalmente destinado a ser utilizado na actividade empresarial ou profesional por un período de tempo superior a un ano, como instrumento de traballo ou medio de explotación. Así, non terán tal consideración os inmobles cuxo destino normal é o da súa transmisión. Pola contra, os inmobles destinados á súa explotación mediante arrendamento na medida en que cumpran os demais requisitos expostos, teñen a consideración de bens de investimento para os efectos deste tributo. Véxanse tamén sobre o concepto de ben de investimento a STSJ da Comunitat Valenciana do 16 de xullo de 2013 ( JT 2013, 1576) , a STSJ da Comunidad de Madrid do 12 de febreiro de 2016 (PROV 2016, 79986) ....

Verbo dá consideración dá recorrente coma empresaria ou profesional; Artigo 93 LIVA. Poden usar o dereito para deducir os suxeitos pasivos do IVE que teñan a condición de empresarios ou profesionais , nos termos establecidos polo artigo 5 da LIVA, e que iniciasen a realización habitual de entregas de bens ou prestacións de servizos correspondentes ás súas actividades empresariais ou profesionais. É necesario,para poder exercer o dereito para deducir, ter a consideración de empresario ou de profesional , razón pola que, como se afirmou pola STSJ de Madrid do 13 de novembro de 2019 (PROV 2020, 71596) e pola Res. DXT CV 1726/2019, de 9 xullo (PROV 2019, 278576) , se unha sociedade non realiza actividade económica algunha, limitándose á simple tenencia de bens, non terá a consideración de empresario ou profesional a efectos do IVE, e, por iso, as súas operacións non estarán suxeitas ao mesmo, dita sociedade non terá a condición de suxeito pasivo do IVE e non terá dereito á dedución do IVE soportado polos gastos dos que sexa destinaria, debido a que, a pesar do seu carácter mercantil, non ten a condición de empresario ou profesional a efectos do IVE e deberá soportar a súa repercusión como un consumidor final sen dereito á súa dedución.

O apartado 2 do artigo 5 da LIVA dispón que, a efectos deste imposto, las actividades empresariais ou profesionais consideraranse iniciadas desde o momento en que se realice a adquisición de bens ou servizos coa intención , confirmada por elementos obxectivos, de destinalos ao desenvolvemento de tales actividades; engadindo que quen realice tales adquisicións terán desde devandito momento a condición de empresarios ou profesionais .

Neste caso, a propia recorrente non nega que a súa actividade sexa ó aluguer de vivendas e locais, e, polo tanto, que teña a consideración de empresaria/profesional ós efectos do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR