STSJ Galicia 330/2022, 12 de Mayo de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha12 Mayo 2022
Número de resolución330/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00330/2022

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2020 0001641

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015685 /2020 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Delfina

ABOGADO FERNANDO PENA VAZQUEZ

PROCURADOR D./Dª. MARIA YOLANDA ALVAREZ CASTRO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, doce de maio dous mil vinte e dous.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15685/2020, presentado por Dª Delfina, representado polo procurador Sra.Álvarez Castro, dirixido polo letrado Dº Pena Vázquez , contra o acordo de 24.09.2020 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 3.429,08 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 24.09.2020 do TEAR que, rexeita a reclamación económico administrativa, contra a liquidación IRPF ano 2017: non lle admiten gastos ó non acreditala afectación á actividade.

Segundo resulta do expediente administrativo, a recorrente está de alta no IAE nos epígrafes: 832.1 ( axencia de seguros e correduría ), 834 ( servizos da propiedade inmobiliaria ), 842 ( servizos financieiros e contables ), 849.9 ( outros servizos independentes ) e 731 ( advogada ), se ben, na declaración do IRPF os ingresos declarados os imputa á actividade de advogado.

Nos libros de ingresos e gastos - 1º requerimiento-, os ingresos figuran baixo o epígrafe 842 e os gastos baixo os epígrafes 834,849.9 e 842. No 2º requerimiento achegou libro de ingresos dos epígrafes 842-832.1 e libro de gastos do epígrafe 842. No libro rexistro de bens de inversión, 32 bens están afectos á actividade 731 e 1 á actividade 834.

A recorrente figura coma socia nas sociedades civís: a) GABINETE JURÍDICO GALIUS SC - 50%- de alta nos epígrafes 832.1, 834 e 842, b) INMOGALIUS SC-50%- de alta nos epígrafes 832.1, 834 e 842 e c) CIVITAX & lex SC -45%- con alta nos epígrafes 832.1, 834, 842 e 849.9.

A recorrente desenvolve a súa actividade no inmoble sito no núm.4 do andar baixo dos núm. 4-6 r/Cisneros-Ourense de 42 m2 e 3 decímetros2. As SC antes indicadas teñen o mesmo domicilio social e fiscal.

SEGUNDO

A recorrente considera que, os gastos discutidos ( consumo de telefonía, consumo de electricidade e gas, servizo de limpeza, servizo e material informátivo,) están afectos a súa actividade de advogada.

O letrado do Estado subliña que, non fai referencia os gastos - excluidos- de vehículo e hostalería e que, os demais, non se recollen no libro de gastos da actividade declarada, están vencellados cun inmoble que utilizan outras sociedaes civis....

A recorrente alega: a) FACTURAS VODAFONE ESPAÑA SA.- se corresponden cun FAX, identificado co Gabinete Xurídico Galius, nome comercial que, segundo a súa pretensión, non é identificable coa SC; as facturas están o seu nome; b) FACTURAS IBERDROLA e Parafaina; a recorrente alega que son facturas por consumos no local dos núm 4-6 r/Cisneros, c) LIMPIEZAS KLARINS emitidas por Dª Nicolasa, son pola limpeza do local. O contrato o asina a recorrente co nome comercial de Gabinete Xurídico Galius, d) Facturas Balboa son de material de oficina e e) facturas de CONTROL+P INFORMATICA & COMUNICACIONES SL, son por programas de contabilidade e nóminas, utilizado pola recorrente para facelo asesoramente fiscal, contable e laboral, cousa que non realizan as SC.

Consonte co artigo 27.1 LIRPF: Artigo 27. Rendementos íntegros de actividades económicas 1 . Consideraranse rendementos íntegros de actividades económicas aqueles que , procedendo do traballo persoal e do capital...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR