SAP Pontevedra 56/2022, 3 de Marzo de 2022

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIECLI:ES:APPO:2022:736
Número de Recurso64/2020
ProcedimientoTribunal del jurado (L.O. 5/1995)
Número de Resolución56/2022
Fecha de Resolución 3 de Marzo de 2022
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra - Tribunal Jurado

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00056/2022

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19 Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MV

Modelo: 530650

N.I.G.: 36055 41 2 2019 0001091

TJ TRIBUNAL DEL JURADO 0000064 /2020 J

Órgano Procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.3 de TUI

Proc. Origen: JU TRIBUNAL DEL JURADO 0000424 /2019

Delito: COHECHO

Acusación: MINISTERIO FISCAL, Ovidio

Procurador/a: D/Dª, MARIA CRENDE RIVAS

Abogado/a: D/Dª, ANDRES MENDEZ GONZALEZ

Contra: Primitivo

Procurador/a: D/Dª MARTA SUAREZ HERMO

Abogado/a: D/Dª EDUARDO SILVA MARTINEZ

SENTENCIA Nº 56

ILMO SR MAXISTRADO PRESIDENTE

D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

En PONTEVEDRA, tres de marzo de dous mil vinte e dous.

VISTA en xuízo oral e público, ante o Tribunal do Xurado, a presente causa de Procedemento de Lei do Xurado co número 64/20, procedente do Xulgado de Instrución núm. 3 de TUI e seguida polo trámite de TRIBUNAL DO XURADO 424/19. por un delito de SUBORNO do artigo 422 do Código penal, contra:

- Primitivo, con DNI núm. NUM000, natural de Galdakao (Bizkaia), nado o día NUM001 de 1978, f‌illo de Carlos Alberto y Belen, representado pola procuradora MARTA SUÁREZ HERMO e defendido polo letrado EDUARDO SILVA MARTÍNEZ.

Sendo parte acusadora Ovidio, representado pola procuradora MARÍA CRENDE RIVAS e defendido polo letrado ANDRÉS MÉNDEZ GONZÁLEZ e o Ministerio Fiscal, en representación do cal interveu o Ilmo. Sr. Oscar Vladimir Vallejo.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Polo Xulgado de Instrución núm. 3 de Tui remitiuse a esta Sección Segunda da Audiencia Provincial de 2 PONTEVEDRA, o Procedemento da Lei de Xurado que se seguiu co Rolo 64/2020.

SEGUNDO

O Ministerio Fiscal, presentou escrito de conclusións provisionais, cualif‌icando os feitos como constitutivos dun delito de suborno do artigo 422 CP, sendo autor o acusado, non concorrendo circunstancias modif‌icativas da responsabilidade criminal. Solicita a imposición ao acusado, da pena de un ano de prisión, inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo, e inhabilitación especial para emprego ou cargo público como funcionario do Corpo de Garda Civil por un tempo de tres anos. E costas. O comiso dos 2900 euros obtidos polo acusado coa devolución do reloxo que lle foi regalado.

TERCERO

A acusación particular presentou escrito de conclusións provisionais, cualif‌icando os feitos como constitutivos dun delito de suborno do artigo 422 CP, sendo autor o acusado, concorrendo a circunstancias agravante de prevalimiento do carácter público do acusado. Solicita a imposición ao acusado, da pena dun ano de prisión, inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo, e suspensión para emprego e cargo público como funcionario do Corpo de Garda Civil por un tempo de tres anos. E costas. En concepto de responsabilidade civil o acusado indemnizará a Ovidio na cantidade de 2.917,28 euros.

TERCEIRO

A defensa do acusado móstrase desconforme coa cualif‌icación efectuada polo Fiscal e a representación da acusación particular e solicita a libre absolución do mesmo.

CUARTO

Recibidos os testemuños e comparecidas as partes, con data 12 de novembro de 2021 precisáronse os feitos xusticiables, (que foi complementado por auto de 17 de decembro de 2021), acordouse a procedencia dos medios de proba propostos e sinalouse para a vista do xuízo oral 15 de febrero de 2022. Nos días seguintes resolvéronse as escusas e recusacións presentadas, quedando un total de 24 candidatos a xurado. O día sinalado para o xuízo examinouse previamente aos candidatos a xurado e designáronse por sorteo os nove titulares e os dous suplentes:

TITULARES:

  1. Esmeralda

  2. Amadeo

  3. Estrella

  4. Felicidad

  5. Fermina

  6. Flor

  7. Aurelio

  8. Benito

  9. Irene

    SUPLENTES:

  10. Calixto

  11. Carlos

QUINTO

O Ministerio Fiscal e a acusación particular elevan, no acto de xuízo oral, a súas conclusión a def‌initivas. A defensa do acusado, elevan as súas conclusións a def‌initivas engadindo a concorrencia da circunstancia modif‌icativa da responsabilidade criminal atenuante de dilacións indebidas do artigo 21.6ª do Código penal.

FEITOS PROBADOS

O xurado, por unanimidade, declarou probados no seu veredicto os seguintes feitos:

  1. - O acusado, Primitivo, no ano 2015, estaba destinado como axente no posto f‌iscal da Garda Civil de Tui e encargábase do control e da inspección da documentación de camións de transportes de hidrocarburos.

  2. - Ovidio, no mesmo ano 2015, era propietario e administrador de Transportes Líquidos Tilfer, SL, e os camións desta empresa estaban baixo o control e a inspección de Primitivo .

  3. - Ambos os dous se coñeceron cando, entre f‌inais de 2014 e principios de 2015, Ovidio se interesou por unha denuncia que Primitivo formulara contra un dos camións da súa empresa.

  4. - O acusado, Primitivo, mantiña relación colaborativa co seu conf‌idente Ovidio .

  5. - O 16 de decembro de 2015, Primitivo e Ovidio presentáronse na xoiería Aquilino, situada no centro comercial Alvarinho, de Valença (Portugal), onde Ovidio, en consideración ao posto que Primitivo ocupaba como axente da Garda Civil e ao control que así exercía, entre outros, sobre os camións da súa empresa, mercou un reloxo de alta gama marca Baume valorado en 2900 €, que lle entregou a Primitivo, quen o admitiu. A correspondente factura f‌igurou a nome deste, se ben, ao seguinte día, volveu á xoiería para devolver o reloxo, que efectivamente logrou devolver o día 18 de decembro de 2015, co cal quedou con aqueles cartos.

  6. - O acusado, Primitivo, admitiu o agasallo que Ovidio lle f‌ixo en atención á súa condición de axente da Garda Civil e ao control que así exercía, entre outros, sobre os camións da súa empresa.

  7. - A tramitación do procedemento, dende o seu comezo no ano 2016 ata o seu axuizamento no ano 2022, demorouse de xeito inxustif‌icado por causas non atribuíbles ao acusado.

    NON PROBADOS

    O xurado, por unanimidade, declarou non probados no seu veredicto os seguintes feitos:

  8. - Ovidio, a solicitude de Primitivo, tivo que pagarlle cuantiosas comidas en consideración ao posto que este ocupaba como axente da Garda Civil e ao control que así exercía, entre outros, sobre os camións da súa empresa.

  9. - En xuño de 2015, Primitivo solicitoulle a Ovidio que lle mercase un teléfono móbil de alta gama, en concreto, un Apple iPhone 6. E Ovidio, en consideración ao posto que aquel ocupaba como axente da Garda Civil e ao control que así exercía, entre outros, sobre os camións da súa empresa, mercou e entregoulle a Primitivo un teléfono móbil Apple iPhone 6, 16 GB, Space Grey, con IMEI número NUM002, que valía uns 525 €, se ben, por mor de determinados descontos pola cantidade de 510,72 €, só pagou por el 17,28 €.

  10. - Noutra ocasión, no mesmo ano 2015, Primitivo acudiu ás instalacións da empresa Transportes Líquidos Tilfer, SL, de Ovidio, situadas no polígono de Barro-Meis, para solicitarlle a entrega dunha caixa de viño, ao cal este último se prestou en consideración ao posto que aquel ocupaba como axente da Garda Civil e ao control que así exercía, entre outros, sobre os camións da súa empresa.

    FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

É mester comezar por aludir á garantía de motivación do veredicto do xurado e a cal debe ser o alcance das facultades de quen presidiu o tribunal do xurado no relativo á motivación dos feitos declarados como probados. Neste sentido, a STS do 10 de abril de 2001 xa expresaba que:

[...] tratándose de sentencias dictadas por el Tribunal del Jurado, es obvio que no puede exigirse a los ciudadanos que integran el Tribunal el mismo grado de razonamiento intelectual y técnico que debe exigirse al juez profesional y por ello la LOTJ exige una "sucinta explicación" (art. 61.1d ) en la que ha de expresarse las razones de la convicción, las cuales deberán ser complementadas por el Magistrado Presidente en tanto en cuanto pertenece al Tribunal atento al desarrollo del juicio, en los términos analizados, motivando la sentencia de conformidad con elartículo 70.2 LOTJ .

Coa sucinta explicación das razóns que determinaron o xurado a declarar probados os feitos preténdese simplemente (segundo, entre outras, a STS, Penal, Sección 1ª, do 17 de outubro de 2006 -ROJ: STS 5980/2006

- ECLI:ES:TS:2006:5980-) preservar tal decisión de calquera tentación de arbitrariedade ou subxectividade exacerbada buscando datos probatorios xustif‌icativos da opción crítica adoptada. Non deben os xurados analizar e avaliar de forma expresa todas as probas practicadas de natureza incriminatoria para garantir a destrución do dereito á presunción de inocencia, xa que tal actividade procesual debe desenvolvela o maxistrado presidente, como preceptúa o artigo 70.2 da Lei orgánica do tribunal do xurado (LOTX). E engade a devandita sentenza que, aceptados uns feitos probados polo xurado, o maxistrado presidente pode e debe xustif‌icalos coas probas de cargo que os sustenten, en cuxo elenco pode incluír todas aquelas que lexitimamente se practicaron no xuízo e que fosen vistas e oídas polos xurados, aínda que estes non as citen

na sucinta xustif‌icación que deben facer das razóns -que non das probas- que lles permitiron declarar, con fundamento, uns feitos como probados.

A STS, Penal, Sección 1ª, do 9 de marzo de 2015 (ROJ: STS 837/2015 - ECLI:ES:TS:2015:837), que, á súa vez, cita a STS 72/2014, do 29 de xaneiro, subliña que:

[...] es preciso diferenciar entre el deber de motivación que la LOTJ impone al jurado y el que exige de los Tribunales profesionales. Para el Tribunal del Jurado no es que sea suf‌iciente una sucinta explicación ( art. 61.1

  1. LOTJ ), es que es justamente eso lo que le exige la Ley. Sería incluso "alegal" una exhaustiva motivación. El colegio de legos ha de fundar sus decisiones sucintamente, lo que supone...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR