SAP Pontevedra 72/2022, 18 de Marzo de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha18 Marzo 2022
Número de resolución72/2022

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00072/2022

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36060 41 2 2019 0001328

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000206 /2022 -PJuzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.1 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000220 /2021

Delito: LESIONES POR IMPRUDENCIA

Recurrente: Abelardo

Procurador/a: D/Dª MARIA DOLORES GARCIA DE LOS MOZOS

Abogado/a: D/Dª ANTONIO GARCIA GOMEZ

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Amadeo

Procurador/a: D/Dª, MARTA MARIA FERRADANS PADIN

Abogado/a: D/Dª, JOSE FERNANDEZ IGLESIAS

SENTENZA NÚM. 72/2022

========================================================== ==

MAXISTRADO/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Celso Joaquín Montenegro Vieitez

= ===================================================== =======

Pontevedra, a dezaoito de marzo de dous mil vinte e dous.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación rexistrado co número 206/22, interposto pola procuradora María Dolores García de los Mozos, en representación de Abelardo, contra a sentenza ditada no procedemento PA: 220/21 do Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e como apelado Amadeo o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado .

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 26 de novembro de 2021, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo condenar y CONDE NO a Abelardo, como autor criminalmente responsable de un delito de lesiones por imprudencia grave, a la pena de MULTA DE OCHO MESES con una cuota diaria de SEIS EUROS, haciendo un total de MIL CUATROCIENTOS CUARENTA EUROS (1.440 euros), apercibiéndole de que en caso de impago quedará sujeto a una responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias de multa no satisfechas, condenándolo asimismo al abono de las costas del proceso, incluídas las de la acusación particular.

En concepto de responsabilidad civil, el acusado indemnizará a Amadeo en la suma de 30.275,18 euros, más los intereses del art. 576 de la LEC.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

" ÚNICO.- El acusado Abelardo, pintor de profesión y sin conocimientos de mecánica, asumió el pintado y mejora, incluyendo cambio de aceite, f‌iltro y bateria, de la motocicleta marca Honda, modelo VT 750-C, matrícula D-....-GJ, propiedad de Amadeo, quien la llevó la motocicleta a la Rúa 8, Rosaleda-Sobradelo, Vilagarcía de Arousa.

Para ello, el acusado desmontó la motocicleta, incluido el sistema de cambio de marchas y, una vez lista, se la entregó a su dueño el día 11 de febrero de 2019, quien le abono 550 euros por los trabajos.

El mismo día 11 de febrero, poco tiempo después de la entrega, en el punto kilométrico 11,8 de la carretera PO-531, Amadeo sufrió un accidente cunado iba a los mandos de la mencionada motocicleta. La causa del accidente fue el incorrecto montaje de las piezas de la moto por parte del acusado, quien, con desatención de la diligencia mínima exigible, pues carecía de conocimientos de mecánica, montó incorrectamente la bieleta del cambio de marchas, en concreto la montó al revés, lo que provocó que al engranar la tercera marcha dicha pieza se introdujo en la cadena de transmisión, lo que a su vez determinó el bloqueo de la rueda trasera y con ello que el conductor saliera despedido.

A consecuencia de la caída, Amadeo sufrió lesiones consistentes en fracturas costales múltiples y fractura de clavícula, para cuya sanidad precisó de tratamiento médico y quirúrgico más allá de una primera asistencia, tardando en curar 330 días, de los cuales 10 fueron de perjuicio personal grave y 320 de perjuicio personal moderado. Le restan como secuelas material de osteosíntesis y cicatriz hiperpigmentada de 13 centímetros de lago y 0,8 milímetros de ancho de la zona clavicular."

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlles o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa conf‌irmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 17-marzo-2022.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Abelardo, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de lesións por imprudencia grave, previsto e penado no artigo 152.1.1º do Código penal, polo que agora acode en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. A f‌iscala e a acusación particular exercida por Amadeo opóñense a que acollamos o referido recurso.

Segundo

Ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, o apelante, Abelardo, invoca no seu recurso o erro na apreciación da proba coa conseguinte vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva do artigo 24.1 da Constitución española. Ademais, tamén alude á vulneración da súa presunción de inocencia de acordo co artigo 24.2 da Constitución española, e á inaplicación do principio in dubio pro reo .

Unha vez máis (por todas, as SAP, Penal, Sección 2ª, do 3 de decembro de 2021 -ROJ: SAP PO 2971/2021

- ECLI:ES:APPO:2021:2971-, SAP, Penal, Sección 2ª, do 24 de xuño de 2021 -ROJ: SAP PO 1368/2021 -ECLI:ES:APPO:2021:1368- e a SAP, Penal, Sección 2ª, do 16 de febreiro de 2021 -ROJ: SAP PO 374/2021

- ECLI:...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
4 sentencias
  • SAP Pontevedra 138/2022, 20 de Mayo de 2022
    • España
    • 20 Mayo 2022
    ...da presunción de inocencia e o erro na apreciación da proba. Na nosa recente SAP, Penal, Sección 2ª, do 18 de marzo de 2022 (ROJ: SAP PO 481/2022 -ECLI:ES:APPO:2022:481) lembrabamos Cando se alega a infracción do dereito á presunción de inocencia, resulta conteste e reiterada a xurisprudenc......
  • SAP Pontevedra 104/2022, 8 de Abril de 2022
    • España
    • 8 Abril 2022
    ...o seu recurso opóñense Sofía e a f‌iscala. Segundo Unha vez máis (por todas, as nosas SAP, Penal, Sección 2ª, do 18 de marzo de 2022 -ROJ: SAP PO 481/2022 - ECLI:ES:APPO:2022:481-, SAP, Penal, Sección 2ª, do 3 de decembro de 2021 -ROJ: SAP PO 2971/2021 - ECLI:ES:APPO:2021:2971-, SAP, Penal,......
  • SAP Pontevedra 132/2022, 12 de Mayo de 2022
    • España
    • 12 Mayo 2022
    ...proba, na procura da súa absolución nesta alzada. Unha vez máis (por todas, as nosas SAP, Penal, Sección 2ª, do 18 de marzo de 2022 -ROJ: SAP PO 481/2022 - ECLI:ES:APPO:2022:481-, SAP, Penal, Sección 2ª, do 3 de decembro de 2021 -ROJ: SAP PO 2971/2021 - ECLI:ES:APPO:2021:2971-, SAP, Penal, ......
  • SAP Pontevedra 116/2022, 29 de Abril de 2022
    • España
    • 29 Abril 2022
    ...Cando se alega a infracción do dereito á presunción de inocencia (lembrabamos na SAP, Penal, Sección 2ª, do 18 de marzo de 2022 -ROJ: SAP PO 481/2022 - ECLI:ES:APPO:2022:481-) resulta conteste e reiterada a xurisprudencia segundo a cal a función do tribunal ad quem non pode consistir en rea......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR