STSJ Galicia 93/2022, 14 de Marzo de 2022

JurisdicciónEspaña
Número de resolución93/2022
Fecha14 Marzo 2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00093/2022

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7554/2020

RECURRENTE: CLUB KAYAK TUDENSE

Procurador: OLGA Mª VEIGA SILVA

Letrado: JUAN GAISSE FARIÑA

ADMINISTRACION DEMANDADA : TESORERIA GENERAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL (PONTEVEDRA)

Procurador:

Letrado: LETRADO DE LA TESORERIA DE LA SEGURIDAD SOCIAL

CODEMANDADA : Alfredo

Procurador: ANDREA ESTEVEZ SANTORO

Letrado: Mª. del CIELO MARTINEZ ESTEVEZ

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrados :

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña,14 de marzo de 2022

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna a resolución de data 11/2/2020 da Tesourería Xeral da Seguridade Social, que rexeita o recurso de alzada interposto contra a resolución quer acordaba a alta de of‌icio do traballador Alfredo con data 1/1/2016 e data de efectos 2/10/2019.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. existe vulneración do procedemento que ocasiona grave indefensión, xa que se iniciou expediente na TXSS sen que concluísen as actuacións de Inspección de Traballo. O art. 26 RD 84/1996 ordena a alta, pero cando estean as actuacións rematadas, non en curso, como se f‌ixo neste caso, sen que a empresa puidese defenderse. A alta foi notif‌icada antes ao traballador de terse iniciado o procedemento administrativo con esa f‌inalidade (26 vs 30 de outubro de 2019), polo que a decisión se ditou prescindindo absolutamente do procedemento.

  2. Non procede a alta porque porque falta o requisito do art. 29.3. é dicir, o incumprimento da empresa, porque non había traballo asalariado. A relación entre as partes ten carácter mercantil e non laboral, porque non se dan as notas de alleidade e dependencia, xa que Alfredo ofrece os seus servizos nas condicións que el establece e cos seus propios medios, agás a furgoneta e a lancha, o que non o converte en asalariado, xa que non ten imposición de horario f‌ixo e por medio da súa mercantil presta servizos a terceiros, como á Federación española de piragüismo.

    A demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  3. En canto ás infraccións procedimentais, o demandante confunde os procedementos tramitados pola Inspección de Traballo e os da TXSS, aquí demandada, que actúa a raíz da comunicación de IT pero que actúa con procedemento propio, en cuxo expediente constan prazo de alegacións e acórdanse as resolucións de alta e rexeitamento da alzada.

  4. En canto ao fondo do asunto, das actuacións inspectoras acreditouse que Alfredo desenvolve a súa actividade de forma continuada para a demandante, como adestrador de equipo senior cun horario regular e usando instalacións e medios propiedade do club que retribúe a súa actividade cunha cantidade f‌ixa mensual. Todos estes elementos non foron desvirtuados pola proba de contrario.

    O codemandado Alfredo comparece no procedemento para opoñerse á alta practicada de of‌icio pola TXSS, porque el presta os seus servizos por conta propia por medio da mercantil Nelo Nautica España SL, tanto ao club Kayak Tudense como a terceiros, sen manter unha relación laboral con este, porque a súa actuación é independente, sen se someter aos horarios ou contido da prestación e empregar medios propios e sen se someter ao poder de organización do empresario. Non concorren na súa relación co club as notas de dependencia e alleidade.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, foi practicada unicamente a documental que obra en autos. A maiores, foi unida diversa documental achegada como dilixencia f‌inal pola TXSS a instancias da Sala.

A contía do procedemento f‌ixouse en indeterminada.

Terceiro

Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que: Alfredo realiza para o Club de Kayak Tudense servizos de adestramento de piragüismo en horario habitual de mañá e tarde de luns a venres, polos que percibe unha remuneración en xaneiro de 2016 de 968 €, entre febreiro e decembro dese ano de 1016,4 € e entre xaneiro de 2017 e agosto de 2019 de 1067,22 €.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a concorrencia de vicios no procedemento que ocasionan indefensión á recorrente.

Alega en primeiro lugar o recorrente que se cometeron determinadas irregularidades na tramitación administrativa que determinan a existencia de indefensión grave, ao terse prescindido absolutamente do procedemento debido.

Con independencia do que logo se dirá, a reconstrución do expediente realizada pola administración con ocasión da remisión ao Xulgado non pode ocultar o feito, denunciado pola actora, de que a xeración de documentos non obedece á secuencia enunciada no índice, senón que algúns deles, como os obrantes ao inicio do procedemento, que son de data de xeración posterior a outros presentados como consecutivos (así a propia acta de inspección, f. 1 e 22 EA ou a acta de infracción, ff. 13 a 17 EA). Esta disposición crea a aparencia

de que a xeración documental tivo unha secuencia que en realidade non tivo, o que se fai notar para os efectos da información dispoñible para o interesado en cada fase do procedemento.

En efecto, a resolución que declara a alta de of‌icio, de data 2/12/2019 aparece nos ff. 63-64 EA, polo que dá a impresión de que o informe de inspección que obra nos ff. 1 e ss son anteriores a ela, cando en realidade foron xerados con posterioridade, de modo que non estiveron...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR