SAP Pontevedra 294/2021, 26 de Noviembre de 2021

JurisdicciónEspaña
Número de resolución294/2021
Fecha26 Noviembre 2021

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00294/2021

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36060 41 2 2019 0001240

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000942 /2021 -PJuzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000147 /2021

Delito: ROBO CON FUERZA CASA HABITADA / LOCAL ABIERTO PÚB.

Recurrente: Pablo Jesús

Procurador/a: D/Dª ERNESTO VAZQUEZ-REY FARTO

Abogado/a: D/Dª LUIS TABORA LEYES

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 294/2021

========================================================== =

MAXISTRADO/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

========================================================== ===

Pontevedra, vinte e seis de novembro de dous mil vinte e un.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación rexistrado co número. 942/21, interposto polo procurador don Ernesto Vázquez-Rey Farto, en representación de Pablo Jesús, contra a sentenza ditada no procedemento PA: 147/21 do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o/a mencionado/a recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado .

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 01-setembro-2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

"Que debo CONDENAR y CONDE NO a Pablo Jesús, en quien no concurren circunstancias modif‌icativas de la responsabilidad criminal, como autor penalmente responsable de un delito de robo con fuerza de los articulos 237, 238.3 del Código Penal, a la pena de un año de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena. Con imposición de costas.

Y en concepto de responsabilidad civil, indemnizará al representante legal del establecimiento BUGYY PARK de Villagarcía en la cantidad de 1300 euros."

"E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"Probado y así se declara que, el acusado, Pablo Jesús, mayor de edad, sin antecedentes penales, el día diecinueve de enero de dos mil diecinueve, entre las 12,30 y las 13,00 horas, con ánimo de ilícito enriquecimiento, accedió por la puerta que se encontraba sin cerrar que da acceso a la of‌icina del establecimiento Buggy Park sito en la calle Manuel Antonio 5 de Villagarcía de Arousa, y se apoderó de una cajha de caudales que se hallaba en el cajón de un escritorio y que contenía 1.300 euros, los cuales hizo suyos, tras fracturar la caja en el exterior del local, teniendo la caja un valor de 20 euros."

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlles o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa conf‌irmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 25/11/21.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Pablo Jesús, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de roubo con forza nas cousas, previsto e penado nos artigos 237, 238.3º e 240 do Código penal, polo que acode agora en apelación na procura da súa absolución ou, subsidiariamente, para que lle sexa apreciada a eximente incompleta ou a atenuante de drogadicción do artigo 21.2º en relación co artigo 20.1º, ambos os dous do Código penal. O f‌iscal oponse a que acollamos o devandito recurso.

Segundo

Unha vez máis, debemos lembrar que resulta incompatible a manida mestura de alegacións do tipo das que se ref‌licten no recurso de apelación. Así, xúntanse a infracción da presunción de inocencia que inicialmente amparaba o acusado, o erro por parte da maxistrada xuíza da instancia na valoración da proba e a suposta existencia de dúbidas que abocarían a autora da resolución xudicial que se combate ao inexorable pronunciamento absolutorio. A pretendida vulneración do artigo 24 da Constitución española -presunción de inocencia- suporía a inexistencia de probas de cargo contra o acusado. O erro na valoración das probas xusto parte da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha interpretación equivocada, da cal se discrepa. Dito doutro xeito, a proba non se pode entender inexistente para os efectos da invocación da presunción de inocencia e, simultaneamente, existente para a crítica de que se errou na súa avaliación. A proba ou existe ou non existe, e ren máis.

Mentres que o principio in dubio pro reo non resulta aplicable cando, precisamente, o xuíz non albisca dúbidas verbo do resultado do material probatorio practicado perante el coa súa insubstituíble inmediación. Só se xustif‌ica o principio in dubio pro reo nos casos en que o tribunal teña dúbidas ou recoñeza a existencia de dúbidas na valoración das probas sobre os feitos e as resolva en contra do acusado ( SSTS 999/2007, do 12 de xullo; 677/2006, do 22 de xuño; 1125/2001, do 12 de xullo; 2295/2001, do 4 de decembro; 479/2003 e 836/2004, do 5 de xullo; e 1051/2004, do 28 de setembro). Segundo todas estas resolucións, o principio unicamente pode estimarse infrinxido cando, recoñecendo o tribunal sentenciador a existencia dunha dúbida sobre a concorrencia dalgún dos elementos integradores do tipo ou sobre a participación do acusado, opta pola solución máis prexudicial para este; pero non cando, como sucede no caso actual, o tribunal sentenciador non alberga dúbida ningunha.

Aínda así, cando se alega a infracción do dereito á presunción de inocencia, resulta ben conteste e reiterada a xurisprudencia segundo a cal a función do tribunal ad quem non pode consistir en realizar unha nova valoración das probas practicadas en presenza do xulgador de instancia, porque só a este corresponde esa función valorativa. Pero o tribunal si pode verif‌icar que, efectivamente, o xulgador a quo contou con suf‌iciente proba de signo acusatorio sobre a comisión do feito delituoso e a participación nel...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR