SAP Pontevedra 439/2021, 28 de Octubre de 2021

JurisdicciónEspaña
Fecha28 Octubre 2021
Número de resolución439/2021

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00439/2021

Modelo: N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO- Teléfono: 986817388-986817389 Fax: 986817387

Equipo/usuario: BN

N.I.G. 36057 42 1 2019 0015151

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000100 /2021

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 10 de VIGO

Procedimiento de origen: JVB JUICIO VERBAL 0001042 /2019

Recurrente: Pilar

Procurador: JOSE FRANCISCO VAQUERO ALONSO

Abogado: MARIA DE LOS ANGELES FERNANDEZ GUISANDE

Recurrido: Victorino

Procurador: MARIA JOSE ARGIZ VILAR

Abogado: ANA MARIA PEREZ ROLLON

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Dª BEGOÑA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Presidenta, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 439/21

Vigo, vinte e oito de outubro de dous mil vinte e un.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal Desaf‌iuzamento 1042/19 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 10 de Vigo ós que correspondeu o rolo 100/21, nos que aparece como parte apelante e demandado D./D.ª Pilar, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSÉ F. VAQUERO ALONSO e asistida do/da letrado/a D./D.ª Mª DE LOS ÁNGELES

FERNÁNDEZ GUISANDE, e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Victorino, representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª JOSÉ ARGIZ VILAR e asistida do/da letrado/a D./D.ª ANA Mª PÉREZ ROLLÓN .

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 10 de Vigo, con data do 3 de decembro de 2020, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"ESTIMANDO INTEGRAMENTE LA DEMANDA interpuesta por D. Victorino frente a Dª Pilar, DEBO DECLARAR Y DECLARO LA EXTINCION POR EXPIRACION DEL PLAZO del contrato de arrendamiento de 1 de noviembre de 2014 suscrito por las partes respecto de la vivienda sita en la CALLE000 nº NUM000, NUM001 de Vigo, CONDENANDO a la demandada a dejar la misma libre y a disposición de la actora bajo apercibimiento de lanzamiento.

Se impone el pago de las costas a la demandada."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JOSÉ F. VAQUERO ALONSO, en representación de D./

D.ª Pilar, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 28 de outubro de 2021.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

1) Contrariamente ao sostido pola demandada recurrente, a lexitimación da actora para exercitar a acción de desaf‌iuzamento por expiración do prazo contractual contra a demandada, resulta patente, e trae causa: A) Do propio contrato de arrendamento de 1 de novembro de 2014, no que f‌iguran como partes arrendadora e arrendataria únicas as dúas litigantes, de tal maneira que esta expresa delimitación persoal excluiría, precisamente, a lexitimación de terceiros ou outros posibles copropietarios da vivenda, xa que o arrendamento, en f‌in, pode celebrarse cunha persoa arrendadora que non ostente o dominio do predio. O principio de ef‌icacia relativa dos contratos ( artigo 1257 do CC) excluiría inicialmente a lexitimación de persoas non intervintes neles, mentres o contrato sexa válido, o que non se cuestiona, e subsista . B) Con independencia da concreción da persoa arrendadora que faise no contrato, esta ostentaría igualmente lexitimación, como copropietaria (50%) e usufructuaria (25%), do ben alugado, ou con maior precisión técnica, como comuneira de toda a herdanza, pois mentres non ten lugar a partición non existe realmente un dominio individualizado sobre cadanseu dos bens...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 18 de Mayo de 2022
    • España
    • May 18, 2022
    ...de Doña Belinda presentó escrito de interposición de recursos extraordinario por infracción procesal y de casación contra la sentencia 439/2021, de 28 de octubre, dictada por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6.ª), en el rollo de apelación n.º 100/2021, dimanante del juicio ver......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR