STSJ Galicia 430/2021, 5 de Noviembre de 2021

JurisdicciónEspaña
Fecha05 Noviembre 2021
Número de resolución430/2021

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00430/2021

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7330/2020

RECURRENTE: ARRIVA GALICIA S.L.

Procurador: ISABEL MARIA CASTIÑEIRAS FANDIÑO

Letrado: CRISANTO PEREZ-ABAD MARTIN

ADMINISTRACION DEMANDADA: COMISION GALEGA DA COMPETENCIA

Procurador:

Letrado: ABOGACIA DE LA COMUNIDAD

CODEMANDADA: AUTOS MORAN S.L.

Procurador:PATRICIA DIAZ MUIÑO

Letrado: CARLOS SEOANE DOMINGUEZ

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrada e Maxistrados :

Cristina María Paz Eiroa

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 5 de novembro de 2021

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna a resolución da Comisión Galega da Competencia notif‌icada en data 15/7/2020, pola que se declara a existencia de infracción por incorrer en prácticas de falseamento da competencia por actos desleais en relación á achega de determinada información con ocasión da licitación pública dun contrato como do seu cumprimento.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. o relato de feitos probados da infracción determina que o seu ámbito está fóra do dereito da competencia, pois ao estar relacionado coa subrogación de determinados traballadores a cuestión sería no seu caso, laboral.

  2. inexistencia de acto desleal contrario á LDC. En primeiro lugar, non existe infracción do art. 15.2. LDC porque non se vulnerou o art. 120 LCSP (2011), xa que a empresa achegou toda a información solicitada no requirimento de 6/3/20217. Doutra banda, tampouco se infrinxiu o art. 15.1. LDC, que a resolución cita como de argumentación subsidiaria, porque non se infrinxiu lei ningunha e singularmente o art. 120 LCSP, e en ningún caso a situación outorgaría a Arriva unha vantaxe signif‌icativa, porque a empresa xa a tiña previamente por ser a anterior titular do servizo; f‌inalmente Arriva non obtivo o contrato, o que demostra que ningunha vantaxe adquiriu por esta situación. En terceiro lugar, considérase inexistente calquera infracción do art. 4 LCD, posto que o seu comportamento non foi contrario ás regras da boa fe; ademais, o TS considera que non cabe unha cualif‌icación subsidiaria contra as normas de comportamentos que previamente non encaixaron no art. 15. Non existiu mala fe, porque en realidade, a información a facilitar era moi complexa e a empresa non estaba habituada a este tipo de operacións. Se Arriva facilitou información parcialmente incorrecta en agostode 2017 foi por equivocación, non por mala fe, que é un xuízo moi desproporcionado dos feitos. En todo caso, Arriva non podía saber que esa información podía afectar o art. 3 LDC.

  3. Ausencia de afectación á competencia e de interese público, con vulneración do art. 3 LDC, posto que en relación aos feitos imputados, non se produce afectación da competencia no sentido de non terse causado dano á estrutura do mercado, tal como esixe o TS, algo que tamén se constata porque se trata dun contrato que opera no norte da provincia de Lugo, conectando 12 municipios.

  4. Desproporción da sanción. Imponse o 1% do volume de facturación anual, cando o máximo é o 5%, é dicir é o 20% do máximo. Ao se tratar dunha situación sen precedentes e non clara, procedería, se acaso, unha multa simbólica. Subsidiariamente, non se observaron as circunstancias sinaladas por Arriva que poderían determinar a minoración da sanción, con infracción do art. 64 LDC, polo que a redución debera ser dun 50% do importe imposto.

    A Administración demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  5. que as actuacións podan ter relevancia para os efectos laborais, non lle negan a que exista no plano de defensa da competencia. A información que se reputa falseada é relevante para unha licitación e a posterior execución dun contrato administrativo e compromete eses intereses.

  6. En canto ao acto de competencia desleal, existe unha infracción do art. 15 LCD. Cúmprese coa estrutura do tipo requirida para os efectos de acreditarse a infracción dunha norma legal, que é o art. 120 LSCP en diversos sentidos e momentos; norma que ademais ten a consideración de reguladora da actividade concorrencial, por regular unha actividade competitiva como é un contrato público; e coa que se obtén unha vantaxe signif‌icativa da que se prevale a recorrente, que é a única que coñece a información veraz relevante de cara o novo contrato. Tamén se infrinxe o art. 4 LCD na medida en que se violenta a boa fe transferindo unha información distorsionada aos potenciais competidores.

  7. En canto á afectación do interese público e a afectación da competencia, a normativa aplícase en toda o mercado, non só en grandes mercados a nivel estatal, que polo demais resulta relevante no ámbito xeográf‌ico onde ten repercusión posto que reserva aos adxudicatarios unha sorte de monopolio; aféctase a un ben esencial como o transporte de viaxeiros por estrada, e así o declarou a normativa europea; cun prexuízo que se causa a todos os competidores potenciais da interesada no sector, e aos usuarios, que poden ter perda de oportunidade en canto as ofertas inclúan melloras no servizo.

  8. A sanción é proporcionada tendo en conta os feitos concorrentes. Non debe acollerse ningunha multa simbólica porque cómpre estar ao réxime legal establecido e os ámbitos xeográf‌ico e o tipo de concurso xustif‌ican a gradación imposta.

    A empresa Autos Morán, codemandada no procedemento, oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos: os feitos sancionan o intento de Arriva de impoñer a Autos Morán unha subrogación de persoal desproporcionada que evite a esta a execución da concesión dunha liña de transporte que historicamente desenvolveu a demandante. A demandante cometeu un acto de competencia desleal consistente en proporcionar unha lista de traballadores a subrogar de 15 persoas cando en realidade só debía facelo de 3,

    vulnerando así o art. 120 LCSP, precepto que si ten por obxecto regular a actividade concorrencial. De non terse detectado a falsidade, Morán tería que ter renunciado á concesión e esta pasaría a Arriva. A súa actitude foi contraria ás regras da boa fe, posto que tiña como f‌inalidade benef‌iciarse da confusión creada coa súa información non veraz. Non resulta de aplicación a doutrina da sentenza da Sala sobre un contrato do Concello de Lugo, porque naquel caso o erro produciuse en relación a un convenio aplicable, cuestión estritamente xurídica, e aquí éo sobre condicións económicas derivadas dunha relación laboral que só Arriva coñecía e podía coñecer e polo tanto era desa información da que dependía unha correcta formación para os licitadores das bases fácticas do contrato. Os actos realizados falsearon a competencia afectando o interese público, porque afectaron á capacidade dos competidores de realizar ofertas, o que comprometeu o interese público ao diminuír a ofertas existentes e a súa tipoloxía en función dos custos que deberían asumir. Isto afectou a un servizo declarado esencial legalmente como é o transporte de viaxeiros por estrada. Sostén f‌inalmente que a sanción é proporcionada porque se cumpriron os requisitos esixidos na lei e a proposta alternativa da demandante determinaría unha multa irrisoria.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, tivo lugar a práctica da proba documental que obra en autos.

A contía do procedemento f‌ixouse en 192.030 euros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a relevancia dos feitos obxecto da sanción para os efectos da aplicación do Dereito da competencia.

  1. Previo. Sobre os feitos obxecto de análise.

    Con carácter previo á análise do procedemento, comezaremos por precisar que non foron discutidos en sede xudicial os feitos probados na resolución recorrida no tocante á falta de transmisión de información exacta imputada á empresa Arriva relativa ao persoal adscrito á Concesión V-7069, da que traía causa a Concesión XG-533, e máis relativamente no tocante ao persoal que debía ser subrogado nas novas limitacións derivadas da primixenia, situación que se constatou con ocasión do requirimento formulado en data 6/3/2017 e que se mantivo na comunicación entre empresas do 1/8/2017, relativa ao número de persoas traballadoras a subrogar como consecuencia do resultado do contrato público adxudicado á UTE da que formaba parte Autos Morán.

    En consecuencia, o presente procedemento dilucidará se esa actividade desenvolvida pola empresa demandante foi contraria ás normas do dereito da competencia e se encaixa, en tanto que conduta típica, nun tipo sancionador. Resolverase f‌inalmente sobre proporcionalidade da sanción imposta, no caso de que se considere a decisión de sancionar conforme a dereito.

  2. Sobre a aplicabilidade das normas do dereito da competencia para a resolución deste litixio.

    Sostén a administración demandada que a demandante cuestiona a aplicabilidade das normas sobre dereito da competencia, que no caso de autos virían constituídas pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia (en diante, LDC), a Lei 3/1991, do 10 de xaneiro, de Competencia Desleal (en diante, LCD), así como a infracción do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (en diante, LCSP, na versión de 2011, aplicable ao caso por razón das datas).

    Posteriormente, no seu escrito de conclusións, a demandante indica que non...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR