STSJ Galicia 299/2021, 9 de Julio de 2021

JurisdicciónEspaña
Número de resolución299/2021
Fecha09 Julio 2021

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00299/2021

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: RECURSO DE APELACION 7051/2021

APELANTE Y APELADO: DIPUTACION PROVINCIAL DE OURENSE; Evaristo

Procurador: LETICIA MARIA DOMINGUEZ FORTES; RICARDO GARRIDO RODRIGUEZ

Letrado: JAVIER CALVO SALVE; JOSE ANTONIO PEREZ FERNANDEZ

APELADO Y APELANTE : Evaristo ; EXCMA. DIPUTACION PROVINCIAL DE OURENSE

Procurador: RICARDO GARRIDO RODRIGUEZ; LETICIA MARIA DOMINGUEZ FORTES

Letrado: JOSE ANTONIO PEREZ FERNANDEZ; JAVIER CALVO SALVE.

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrada e Maxistrados :

Juan Bautista Quintas Rodríguez

Cristina María Paz Eiroa

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 9 de xullo de 2021.

ANTECEDENTES DE FEITO

Único-. Resolución xudicial impugnada. Posicións das partes.

A parte apelante presenta un recurso ante a Sala, que é aquendado a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

É obxecto de impugnación a Sentenza nº 16/2021, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense, pola que se anula a desestimación por silencio da reclamación de 193.093,3 € contra a Deputación Provincial de Ourense como consecuencia do fornecemento de diverso mobiliario urbano.

Os argumentos en que a parte apelante fundamenta a súa pretensión son os seguintes: existe infracción dos arts. 3, 5 e 7 da Lei 3/2004, que establece a obriga de pago de xuros ante retrasos análogos aos producidos no presente procedemento por parte da Deputación provincial; eses xuros son de aplicación ex lege e así o indica a xurisprudencia.

A parte apelada oponse ás pretensións impugnatorias polos seguintes motivos: a apelación incorre en incongruencia extra petita ao non conformar a petición realizada inicialmente pola actora; a xurisprudencia non recoñece en casos de enriquecemento inxusto a aplicación deste tipo de xuros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Resolución apelada e réxime de recursos vixente.

A Sentenza nº 16/2021, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense ventílase en relación a unha contía que polas razóns que se exporán a continuación determina o carácter non recorrible da resolución apelada.

  1. A contía do procedemento é materia de orde pública procesual e revisable de of‌icio.

    En primeiro lugar, debemos indicar que a cuestión da contía do procedemento é unha materia de orde pública revisable de of‌icio pola Sala, e que as súas conclusións poden afectar á admisibilidade do propio recurso de apelación formulado. Así o lembramos na STSXG desta Sección 3ª nº 2081/2020, de 15 de maio: "SEGUNDO.- A Sala debe examinar, con todo, como cuestión previa, e de obrigado cumprimento, por ser de orde pública procesual, se existe ou non contía para a admisión do presente recurso de apelación, de conformidade co establecido nos arts. 81.1.a ) e 41.3 da Lei reguladora da Xurisdición (..)

    Conforme á Xurisprudencia do Tribunal Supremo, a f‌ixación de a contía do recurso pode ser efectuada en efecto en calquera momento, mesmo de of‌icio, polo órgano xurisdicional, xa que se trata dunha materia de orde pública, máxime cando- como logo se exporá- determina a procedencia ou improcedencia do recurso de apelación, pois é claro que non pode deixarse ao arbitrio de quen pretende o acceso á apelación "alterar o réxime de recursos establecidos na Lei" porque, sen o minucioso control do xulgador na...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 26 de Enero de 2023
    • España
    • January 26, 2023
    ...el presente recurso de casación preparado por la representación procesal de la Diputación Provincial de Ourense, contra la Sentencia n° 299/2021 de 9 de julio de 2021 del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sección Tercera, que desestima el recurso de apelación interpuesto contra la s......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR