STSJ Galicia 91/2022, 4 de Febrero de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha04 Febrero 2022
Número de resolución91/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00091/2022

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2021 0000423

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015212 /2021 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. SMARTTIA SPAIN SL

ABOGADO ALBERTO LOPEZ GOMEZ

PROCURADOR D./Dª. DOMINGO RODRIGUEZ SIABA

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

JUAN SELLÉS FERREIRO

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, catro de febreiro de dous mil vinte e dous.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15212/2021, presentado por SMARTTIA SPAIN SL, representado polo procurador Sr. Rodríguez Siaba, dirixido polo letrado Dº López Gómez, contra o acordo de 04.02.2021 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 128.870,42 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 04.02.2021 do TEAR que, rexeita a reclamación económico administrativa contra as sanción tributarias derivdas do acta de conformidade I.Sociedades ano 2016: incremento da base impoñible en 1.239.686,53 euros ó non admitirlle gastos por dito importe( deixa de ingresar unha cota de 18.523,83 euros e declara unha base negativa a compensar en exercicios futuros de 1.165.591,22 euros ).

Os gastos que non lle admiten son por: a) baixa do inmovilizado material en curso- 780.528,72 euros e b) deterioro negativo na participación en RENOVA GREEEN SL - 459.157, 18 euros.

Verbo do 1º, a administración alega que non achega proba - nin tan sequera- do valor no que figuraba na contabilidade. E no 2º, o artigo 13.2.b Lei 27/2014 impide a deducción coma gasto.

SEGUNDO

O recurso baséase na: a) nulidade ó inicialo procedemento sancionador antes de ditala liquidación; b) infracción do NON BIS IN IDEM, c) non concorre o elemento do tipo na infracción do art. 195 LXT e esta estaría mal calculada, d) no existe o elemento da culpabilidade e e) a sanción non está motivada.

O letrado do Estado se opón a estas pretensións.

Verbo da 1ª cuestión, a controversia existente está resolta polo TS; En la interpretación de este artículo 209.2 LGT, surgen dudas fundamentalmente, por la relación entre el procedimiento previo y si éste es causa del procedimiento para la aplicación de una sanción tributaria. El Tribunal Supremo, en la Sentencia 1075/2020 de 23 julio, RJ 2020, 2712 , establece que ni el artículo 209.2 LGT, ni ninguna otra norma legal o reglamentaria, interpretada conforme a los criterios del artículo 12 LGT, establecen un plazo mínimo para iniciar el procedimiento sancionador, pudiendo inferirse del art. 25 RGRST que dicho inicio puede producirse antes de que se le haya notificado a la persona o entidad acusada de cometer la infracción la liquidación tributaria de la que trae causa el procedimiento punitivo, lo que resulta perfectamente compatible con las garantías del art. 24.2 CE, y, en particular, con los derechos a ser informados de la acusación y a la defensa.

Verbo da 2ª - infracción do non bis in idem-; o recorrente alega que, unha mesma conduta- aplicar un gasto de 1.239.686,53 euros- provoca dúas sancións - por infracción dos artigos 191 e 195 LXT- o que infrinxiría o principio citado.

o TC declarou que o principio non bis in idem veda a imposición dunha dualidade de sancións «nos casos en que se aprecie a identidade do suxeito, feito e fundamento» ( STC 2/1981 (RTC 1981, 2) , FJ 4; reiterado entre outras moitas nas SSTC 66/1986, do 26 de maio (RTC 1986/66) , FJ 2 ; 154/1990, do 15 de outubro (RTC 1990/154) , FJ 3 ; 234/1991, do 16 de decembro (RTC 1991/234) , FJ 2 ; 270/1994, do 17 de outubro (RTC 1994/270) , FJ 5 ; e 204/1996, do 16 de decembro (RTC 1996/204) , FJ 2). Así, impídese sancionar en máis dunha ocasión o mesmo feito co mesmo fundamento (por todas, SSTC 159/1985, do 27 de novembro (RTC 1985/159) , FJ 3 ; 94/1986, do 8 de xullo (RTC 1986/94) , FJ 4 ; 154/1990, do 15 de outubro (RTC 1990, 154) , FJ 3 ; e 204/1996, do 16 de decembro (RTC 1996, 204) , FJ 2.

O Tribunal Constitucional, na súa sentenza 188/2005, do 7 de xullo (RTC 2005, 188) , pronunciouse sobre o dereito de non padecer unha dobre sanción e de non ser sometido a un dobre procedemento polos mesmos feitos e co mesmo fundamento. Sinala tamén a sentenza que o principio non bis in idem opera, tanto na súa vertente sustantiva como na procesual, para rexer as relacións entre o ordenamento penal e o dereito administrativo sancionador, pero tamén internamente dentro de cada un destes ordenamentos en si mesmos considerados, proscribiendo, cando exista unha tripla identidade de suxeito, feitos e fundamento, a duplicidade de penas e de procesos penais e a pluralidade de sancións administrativas e de procedementos sancionadores, respectivamente.

Neste caso, e para resolvela controversia compre atender a principios penais, tal e coma fai a STS 447/2021: constitúe doutrina reiterada da Sala do Penal deste Tribunal, extractada na recente sentenza do 4 de febreiro de 2020 ( RJ 2020, 168) ( Roj: STS 204/2020; ECLI: É:TS:2020:204 ( RJ 2020, 168 ) ), que: "O concurso aparente de normas ten lugar cando unha única acción con relevancia penal -real ou material- aparece tipificada aparentemente en varios preceptos do Código, aínda que un deles é capaz de recoller toda a antijuricidad do comportamento, de maneira que a aplicación de todas as normas con previsión sancionadora supoñería quebrantar o tradicional principio do " non bis in idem". Un concurso de normas que difire do concurso ideal de delitos en que, neste, partindo tamén dunha unidade de feito, acontece cando non se exclúen entre si os distintos preceptos punitivos que o contemplan ( SSTS 1182/2006, do 29 de novembro ( RJ 2007, 250 ) ou, a xa citada 1323/09, do 30 de decembro ( RJ 2010, 2982 ) ); e do concurso real de delitos, que concorre cando existe unha pluralidade de feitos e cada un deles está tutelado por un precepto penal diferente, pero cunha significación antixurídica non coincidente, de modo que para responder ao diverso contido do inxusto dos feitos, deben ser aplicadas as diversas normas que resultan de referencia.

En definitiva, e seguindo a nosa sentenza 379/2011, do 19 de maio ( RJ 2012, 9029) , "cando os feitos delituosos encaixan en dúas disposicións penais e non é necesario aplicar as dúas para abarcar a total antijuricidad do suceso, achámonos ante un concurso de normas a resolver polo regulado no art. 8 do Código penal ( RCL 1995, 3170 e RCL 1996, 777) ", e, concretamente neste caso, pola súa regra 3.ª, que recolle o criterio da absorción, a aplicar cando o precepto penal máis amplo consome a outro máis simple. En todo caso, e como diciamos nesa mesma sentenza: "a consunción dunha norma só pode admitirse cando "ningunha parte inxusta do feito"...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR