STSJ Galicia 72/2022, 1 de Febrero de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha01 Febrero 2022
Número de resolución72/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00072/2022

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2020 0001526

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015622 /2020 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. PALETS CERVELO SL

ABOGADO JUAN ENRIQUE ALTIMIS IBAÑEZ

PROCURADOR D./Dª. DAVID GARCIA RIQUELME

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE

JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

JUAN SELLÉS FERREIRO

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, un de febreiro dous mil vinte e dous.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15622/2020, presentado por PALETS CERVELO SL, representado polo procurador Sr. García Riquelme, dirixido polo letrado Dº Altamis Ibañez , contra o acordo de 25.06.2020 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 625.189,03 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 25.06.2020 do TEAR que, rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación/sanción IVE anos 2011-12-13-14: consideran que a facturación recibida do Sr. Maximo non responde a operacións reais.

Segundo resulta do expediente: a) inicio de actuacións de inspección - limitada- I.Sociedades anos 2011 a 13 e IVe anos 2011 a 2014 verbo das operacións realizadas co Sr. Maximo; b) ampliación de actuacións - 28.04.2016- pasan a ter carácter xeral e se estenden ó I.Sociedades ano 2014, c) trámite de audiencia de 10.04.2017 , d) acta de non conformidade e proposta de sanción de 12.05.2017 e e) liquidación/sanción notificada o 16.06.2017.

SEGUNDO

O recorrente alega: a) prescrición do 1º T ano 2013 e, polo tanto, dos anteriores. Verbo deste punto o letrado do Estado non contesta.

Aclarado polo TS que, a declaración/resumo anual do IVE, a non ser que se utilice para rectificar algunha declaración trimestral, carece de eficacia interruptiva da prescripción - A presentación da declaración-resumen anual do IVE/IVE, modelo 390, carece de virtualidade para interromper a prescrición do dereito da Administración para determinar a débeda tributaria . STS núm. 450/2020 de 18 maio, JUR 2020\153382 . A falta de contido liquidatorio da declaración-resumen anual, o discutible carácter " ratificador" das liquidacións previas e o cambio de réxime xurídico en canto non deben acompañarse ao modelo as liquidacións trimestrais conducen a afirmar que o modelo 390 carece de eficacia interruptiva do dereito da Administración para determinar a débeda tributaria dos períodos mensuais ou trimestrais do período anual correspondente -, a prescripción das declaracións trimestrais acontece ós 4 anos dende que remata o prazo para presentalas; no caso do 1º Trimestre , debe presentarse os 20 días do mes de abril.

Compre determinar a incidencia que o actuado no expediente ten ós efectos de determinar se existiu ou non prescripción.

TERCEIRO

b) o recorrente considera que o acordo de ampliación das actuacións inspectoras non está motivado, nin existían razóns que o xustificara, polo que, o exceder dos 12 meses, non interromperon a prescrición - ata a notificación de 16.06.2017, diremos nos-.

O que acontece é que - agás do que se dirá verbo dos xuros de mora- a pretensión do recorrente carece de efectos prácticos.

O prazo dos catro anos do art. 66.a LXT aplicado dende o 16.06.2017 nos retrotrae ó 16.06.2013, é dicir ó 2ºT do IVe do ano 2013; dado que este debe presentarse o 20.06, non existiría prescripción.

Mailo dito, e dado que a cuestión afecta ós xuros, resulta obrigado entrar a resolvela cuestión.

Segundo dixemos, as actuacións inspectoras inicíaronse por comunicación de 26.06.2015; practicáronse 6 dilixencias, a última delas o 17.03.2016, onde lle deron o trámite de audiencia previo á redacción da proposta de resolución.

É por acordo de 28.04.2016 cando deciden darlle as actuacións o carácter de XERAL ( ata ese momento era parcial ) e estendela ó I.Sociedades ano 2014.

O 04.05.2016 acordan amplialo prazo das actuacións en 12 meses alegando a especial complexidade na comprobación das operacións realizadas co Sr. Maximo.

O que acontece é que o actuado tanto dende o acordo de 28.04 coma o de 04.05 non apoia esta motivación; na Dilixencia de 08.05 reflicten que se achegan os extractos bancarios e facturas dos anos 2011 a 2014 e que se lle solicitan os libros de contabilidade dos anos 2011 a 2014- achega que se reflicte na dilixencia de 27.05. Na Dilixencia de 25.11 solicitánlle o cadro de amortización do inmovilizado e na Dilixencia de 08.02.2017 os extractos bancarios ( xa achegados ) en arquivos de acordo coa norma 43. As demais dilixencias son a concesión do trámite de audiencia - 20.03- dificultades de acceso ó expediente - 07.04- entrega de CD - 10.04-, alegacións, acta de non conformidade de 12.05 e liquidacións de 16.06.2017.

Do dito resulta que, non foron as dificultades de comprobalas operacións realizadas co Sr. Maximo, as que xustificaron a ampliación do prazo de duración das actuacións inspectoras. Coma indicamos mais arriba, o 17.03 xa lle deran o trámite de audiencia para facer alegacións co que, resulta evidente que, a Inspección xa contaba con datos, dabondo, para rematalas actuacións.

Ningunha das actuacións posteriores teñen un contido relevante, dirixidas a solventalas dificultades que, aparentemente, atopara a inspección e que lle levaron a amplialo prazo a 24 meses.

Esto nos leva a considerar que non procedía a ampliación do prazo das actuacións inspectoras, polo que, estas deberon rematar ( ós efectos do artigo 150.3 LXT)- descontando os 11 días de dilación imputable ó recorrente- o 07.07.2016; data a partir da que, non se percibirán os xuros de mora.

A data que aceptamos, ós efectos de interrompela prescripción é a de 12.07.2007: acta de non conformidade.

Do dito resulta que estarían prescritos todolos exercicios dende o 1T do ano 2013.

CUARTO

Verbo do inicio do expediente sancionador antes do acordo de liquidación; coma indica o letrado do Estado, o TS en sentenza 1075/2020 resolveu esta controversia, posibilitando o inicio do expediente antes da liquidación, polo que, non existe a nulidade nin a caducidade pretendida.

QUINTO

O recorrente alega: a inspección conclúe - aínda que non o declara expresamente- que a relación entre PALETS CERVELO SL/ Maximo é un suposto de SIMULACION ABSOLUTA ( as facturas non reflicten operación reais ), sen que se cumprira co procedemento e, en todo caso, que os indicios os que parte a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 12 de Julio de 2023
    • España
    • Tribunal Supremo, sala tercera, (Contencioso Administrativo)
    • July 12, 2023
    ...la Sección Cuarta de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, que desestimó el recurso n.º 15622/2020. La inadmisión a trámite del recurso de casación preparado se acordó en atención a los siguientes "Acuerda su inadmisión a trámite, de conformi......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR