STSJ Galicia 46/2022, 25 de Enero de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha25 Enero 2022
Número de resolución46/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00046/2022

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2021 0000132

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015077 /2021 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. SEVERIANO AGROCOMERCIAL SL

ABOGADO FRANCISCO JAVIER RUIZ GUTIERREZ

PROCURADOR D./Dª. MARIA ALONSO LOIS

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE

JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e cinco de xaneiro dous mil vinte e dous.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15077/2021, presentado por SEVERIANO AGROCOMERCIAL SL, representado polo procurador Sra.Alonso Lois, dirixido polo letrado Dº Ruíz Jimenez , contra o acordo de 29.10.2020 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 32.568,23 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 29.10.2020 do TEAR que, rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación I.Sociedades e IVE anos 2012/13 e sanción tributaria: non lle admiten coma gasto as facturas emitidas pola sociedade VIUDA DE SEVERIANO CASTRO E HIJOS SA.

A sociedade SEVERIANO AGROCOMERCIAL SL é unha filial da sociedade Viuda de Severiano Castro e Hijos SA (empresas vinculadas ); a sociedade matriz prestalle á filial as función de DIRECCION COMERCIAL - que as realiza o Sr. Carlos- conselleiro delegado de Viuda de Severiano Castro e Hijos Sa - e de ADMINISTRACIÓN FINANCIEIRA E CONTABLE ( que realiza a Sra. Estela )- contrato asinado o 01.01.2012.

Polo contrato Severaniano Agrocomercial págalle a VIUDA DE SEVERIANO CASTRO E HIJOS SA unha cantidade que equivale ás retribucións polo traballo do Sr. Carlos e Sra. Estela mais un 10%.

A inspección e o TEAR admiten a prestación de servizos por parte de matriz á filial, mais cuestiona que as facturas - ó non identificar servizos concretos - impiden cuantificala contía dos servizos prestados, e que algún destes podían ser asumidos polo propio persoal da filial; en realidade estarmos ante unha redistribución dos beneficios entre sociedades vinculadas.

SEGUNDO

O recorrente cuestiona a conclusión da inspección ( e TEAR ) e subliña que, aínda que estes órganos admiten a prestación de servizos pola matriz á filial, en realidade cuestionan os mesmos - participación da Sra. Julieta coma directora comercial de Severiano Agrocomercial SL .

Verbo dos servizos prestados, ó non cuestionarse a súa realidade, o sistema de retribución é semellante ó previsto no art. 18.4.b Lei 27/2014/16.4.1.b TRLIS, sendo común o contrato de iguala para retribuir estes servizos.

Verbo da sanción esta non procede, e con carácter subsidiario solicita a regularización íntegra.

O letrado do Estado opón que a cualificación coma Directora Comercial da Sra. Julieta resulta da documentación achegada polo recorrente na Dilixencia núm.2, e que non está acreditada a utilidade dos servizos para a filial: non se demostra esta utilidade, nin tampouco porque as funcións comerciais non as realiza o xerente da filial, sendo o sistema retributivo pactado un indicio mais ( non se retribúen actuacións concretas, senón que, o que se fai, é unha traslación de custos ).

Podemos establecer coma feitos dos que partir: a) sociedade matriz ( Viuda..)/ sociedade filial ( Severiano ... ), b) contrato privado de 01.01.2012 de APOIO Á XESTIÓN, con prestacións xenéricas e un sistema de retribución - teóricamente- vencellado a prestacións concretas e, en realidade, determinado polo custo do persoal que as atende, c) as facturas conteñen a mención SERVIZOS DE APOIO Á XESTIÓN, d) O persoal de VIUDA ... nos anos 2012/13 eran O Sr. Carlos e a Sra. Estela, sendo o custo dos mesmos de 80.629,57/2012 e 83.828,65/2013. As retribucións recibidas de Severiano Agrocomercial suponen o 79,88 e 78,72 % do custo indicado. As facturas son cunha cantidade fixa agás dos meses de xuño/decembro, e) non existen albaráns, f) existen servizos prestados polo Sr. Carlos e Sra. Estela a prol de Severiano ..SL.

TERCEIRO

Compre determinar se concorren ou non os defectos que salienta a inspección: a) non existe individualización dos gastos e b) non se acredita a utilidade para a filial.

Verbo do 1º: non se individualizan os servizos/gastos; o propio recorrente o recoñece, facendo mención ó contrato de iguala, é dicir, ó pacto dunha cantidade fixa anual/mensual pola prestación dos servizos.

Na propia dilixencia 2 identificou estes servizos coma: a) medios de xestión administrativa, b) asesoramento en materia económico-financieira e c) asesoramento e apoio no deseño de políticas de elaboracións de plan e propostas que constitúen o plan estratexico da empresa.

Sen dúbida, dentro da liberdade contractual, é lícito que as partes asinen un contrato de iguala, asumindo o risco que supón ( pago en exceso se os servizos non se precisan ou son de menor custo que o pactado, ou pago en defecto se a intensidade dos servizos requeridos excede do previsto ). O que acontece é que esta liberdade contractual - entre partes privadas- non é vinculante para a AEAT, que pode por en cuestión a retribución pagada/recibida, é dicir, se realmente retribúe servizos reais - é dicir prestado- ou, pola contra, retribúe a disposición a prestalos, cando, neste segundo caso, non estaríamos ante un gastos deducible consonte co artigo 16.5 TRLIS, xa que esixe unha utilidade ( real, e non só presunta ), ó falarmos de sociedades vinculadas.

Esta ausencia de individualización dos servizos/custos impediría determinar o prezo real dos servizos prestados e, en materia de operacións vinculadas non búscase o prezo certo da operación, senón el prezo ó que debía efectuarse a operación de non existir vinculación entre as partes. Por este motivo, e indiferente que o prezo pactado entre as partes sexa diferente ao de mercado, sexa un prezo real ou ficticioque se pactou realizar a operación de forma gratuíta, pois a Lei somete a operación, en calquera caso, ó prezo de mercado.

Coma indicamos, se non se individualizan os servizos facturados resulta imposible determinar se o pagado se corresponde co que retribuirían partes independentes.

O recorrente indica que, das modalidades previstas no artigo 16 TRLIS, o contrato de IGUALA é equiparable ó Método do custo incrementado ( cost plus method).

El método del custo incrementado engádese ao valor de adquisición o custo de produción del ben o servizo ó marxe habitual en operacións idénticas o similares con persoas o entidades independentes o, na súa falta, ó marxe que persoas o entidades...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR