STSJ Galicia 2/2022, 14 de Enero de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha14 Enero 2022
Número de resolución2/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00002/2022

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7311/2020

RECURRENTE: ANPIAN S.A.

Procurador: MARIA DE LOS ANGELES FERNANDEZ RODRIGUEZ

Letrado: JOSE MARIA MONEDERO FRIAS

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONSELLERIA DE INFRAESTRUCTURAS E VIVENDA

Procurador:

Letrado: ABOGACIA DE LA COMUNIDAD

CODEMANDADA: XL INSURANCE COMPANY S.E.

Procurador: SOLEDAD SANCHEZ SILVA

Letrado: CARLOS ETCHEVERRIA HERMIDA

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrados :

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 14 de xaneiro de 2022

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna o rexeitamento presunto da reclamación de responsabilidade patrimonial (RP) de 29/6/2018, formulada ante a Consellería de Infraestruturas e vivenda da Xunta de Galicia, pola que se solicitaba unha indemnización de 1.507.413,55 € máis xuros e actualizacións, ampliado posteriormente á resolución expresa de 13/11/2020, que acorda o arquivo do procedemento por desistencia da interesada.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. a demandante articula un procedemento de responsabilidade patrimonial, sen prexuízo de articulalo por responsabilidade contractual se fose necesario;

  2. non era necesario no expediente achegar poder de representación porque a interesada xa actuara na execución dos contratos en nome da mercantil, pero en todo caso unha vez requirida presentouno en tempo e forma, acreditando que tiña poder suf‌iciente;

  3. constan concorrentes todos os requisitos da RP da administración: previa presentación na vía administrativa; antixuridicidade da actuación administrativa polo funcionamento anormal dos servizos públicos, consecuencia da anulación xudicial da actuación da Xunta; dano efectivo avaliable, concretado no informe pericial; relación de causalidade entre o funcionamento do servizo público e o dano producido, que lle obrigou a realizar determinada prestación.

    A administración demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  4. como cuestión previa exponse que existe unha resolución expresa extemporánea que acorda a desistencia por falta de acreditación da representación. Esta decisión de inadmisión, que non de rexeitamento, é admisible con base no art. 24.3.b LPACAP e determina que a única resolución validamente impugnable neste procedemento é a expresa de inadmisión e non a de desestimación presunta. Isto obriga a analizar a corrección xurídica unicamente da desistencia, e nese sentido indícase que malia a ser requirida reiteradamente, a interesada, que estaba obrigada a relacionarse coa administración por medios electrónicos, non acreditou a representación pola que dicía obrar en ningunha das formas admitidas en dereito: ben por copia autorizada da escritura en soporte electrónico asinada dixitalmente por notario ou ben por personación nas dependencias da administración con copia autorizada de escritura en soporte papel para a súa autentif‌icación.

  5. En canto ao fondo, estamos ante unha pretendida responsabilidade do Estado lexislador sen falta de previsión na norma do dereito á indemnización, polo que debe rexeitarse a demanda; o dereito a reclamar está prescrito, posto que a renuncia da actora á prórroga é de 2016 e a reclamación foi intentada en 2018, cando a acción por RP está limitada a un ano; non existe antixuridicidade para apreciar a RP, porque é válida a imposición da continuidade do servizo durante 12 meses; non se acredita o déf‌icit concesional. Como consecuencia do anterior, non se entende acreditada a existencia de dano.

    A aseguradora codemandada ratif‌ica en esencia os argumentos da administración, incidindo na idea de que a demandante non acredita en que procedementos ou expedientes lle consta á administración a súa representación.

    Na quenda de conclusións a demandante indica que o TS admitiu a trámite varias casacións nas que se fai referencia á acreditación da representación na remisión telemática de escritos á Xunta de Galicia, polo que se solicita a suspensión por prexudicialidade, ratif‌icando o resto de posicións formuladas na demanda, e rexeitando a prescrición da acción.

    Pola súa banda, a aseguradora trae a colación dúas sentenzas desta Sala e Sección onde se rexeitan pretensións semellantes fundadas na anulación do prazo de prórroga doutra concesión análoga á invocada neste recurso (STSXG nº 283/2021, recaída no PO 7307/2020). Igualmente se sinala a STSXG nº 510/2021, que rexeita outra reclamación de RP en caso de renuncia á continuidade na prestación de servizos.

    Finalmente a administración recalca como a demandante obvia as cuestións previas apuntadas na contestación acerca da desistencia acordada pola administración. A alegación sobre casacións pendentes non resulta de aplicación por non seren supostos idénticos aos aquí debatidos. A maiores, ratif‌ica a súa postura de oposición ás pretensións actoras.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, foi practicada unicamente a documental que obra en autos.

A contía do procedemento f‌ixouse en 1.507.413,55 €.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Efectos da resolución expresa posterior ao silencio desestimatorio obxecto de recurso. Análise da causa do arquivo por desistencia.

  1. Resolución expresa extemporánea que posterior a desestimación presunta.

    Comeza a demandada indicando que a resolución extemporánea posterior á ef‌icacia do silencio negativo pode ter calquera contido, e polo tanto tamén a declaración de arquivo por desistencia, o que é tanto como decidir sen entrar a resolver o fondo do asunto. Efectivamente, o art. 24 LPACAP indica que: "3. A obriga de ditar resolución expresa a que se ref‌ire o número primeiro do artigo 21 suxeitarase ao seguinte réxime: b) Nos casos de desestimación por silencio administrativo, a resolución expresa posterior ao vencemento do prazo será adoptada pola Administración sen vinculación ningunha ao sentido do silencio."

    A existencia dunha resolución expresa no procedemento posterior ao silencio de carácter negativo obríganos a pronunciarnos sobre ela, sen prexuízo do que logo se dirá en canto as consecuencias dunha posible acollida das pretensións actoras a respecto da incorrección xurídica da desistencia.

  2. Análise da corrección xurídica do arquivo por desistencia por falta de acreditación da representación. Doutrina do TS.

    No caso de autos, a resolución expresa consiste no arquivo por desistencia, ao entender a administración que a demandante non cumprimentou a documentación que lle fora requirida acreditando a súa representación nalgunha das formas válidas en dereito. O arquivo ten lugar pola aplicación do art. 68.1.LPACAP, que indica que: " Se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos que sinala o artigo 66 e, se for o caso, os que sinala o artigo 67 ou outros exixidos pola lexislación específ‌ica aplicable, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o f‌ixer, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21. ".

    O requisito non cumprimentado pola actora, en opinión da administración, veu constituído pola falta de válida acreditación da representación da interesada, á que vén obrigada por mandado dos arts. 5.1. e 5.6. LPACAP. O primeiro precepto sinala que: " 1. Os interesados con capacidade de obrar poderán actuar por medio de representante, co cal se entenderán as actuacións administrativas, salvo manifestación expresa en contra do interesado. " mentres que o segundo di que " 6. A falta ou insuf‌iciente acreditación da representación non impedirá que se teña por realizado o acto de que se trate, sempre que se presente aquela ou se emende o defecto dentro do prazo de dez días que deberá conceder para o efecto o órgano administrativo, ou dun prazo superior cando as circunstancias do caso así o requiran. ".

    Fronte estes argumentos, a interesada apuxo en primeiro lugar que á administración xa lle constaba por outros expedientes que a interesada ostentaba a representación que dicía posuír, e en segundo lugar, que si presentou a documentación requirida (doc. 4 do EA).

    A primeira das consideracións, realizada ao f. 13 da demanda, está orfa de calquera acreditación ou principio de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR