STSJ Galicia 371/2021, 22 de Septiembre de 2021

JurisdicciónEspaña
Fecha22 Septiembre 2021
Número de resolución371/2021

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00371/2021

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2019 0000484

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015235 /2019 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Ambrosio

ABOGADO JUAN MANUEL COLON GARRIDO

PROCURADOR D./Dª. JOSE MARTIN GUIMARAENS MARTINEZ

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE

JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e dous setembro dous mil vinte e un.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15235/2019, presentado por Dº Ambrosio, representado polo procurador Sr. Guimaraens Martínez, dirixido polo letrado Dº Colon Garrido , contra os acordos de 20.12.2018 e 18.07.2019 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 45.543,90+31.329,67 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

Os actos que se recorren son a resolucion de 20.12.2018 do TEAR que, acolle, parcialmente, a reclamación económico administrativa contra a liquidación/sanción IRPF anos 2010-11-12 e a resolución de 18.07.2019 que, rexeita, o incidente de execución contra a liquidación ditada en execución do acordo de 20.12.2018.

O Sr Ambrosio era, nos anos obxecto de regularización, o administrador único e titular do 95% das accións da sociedade CARRAPUCHEIRIÑA SERVICIOS SL. Entidade cuxa actividade era a prestación de servicios de apoio á xestión e explotación de catro sociedades; cadansúa sociedade explota un MCDONALDŽS.

A AEAT abriu unha inspección, por IVE e Imposto de Sociedades a CARRAPUCHEIRIÑA SERVICIOS SL, e rematan coas actas de conformidade - de 26.11.2014- polos impostos indicados e dos anos 2010-11-12, cunhas débedas de 153.210,42 e 46.808,35 euros; derivan da eliminación de gastos que non se admiten ó non estar relacionados coa actividade.

Actuacións de inspección contra o Sr. Ambrosio, con base no resultado da inspección á sociedade: impútanlle coma rendementos de capital mobiliario as cantidades pagadas pola sociedade que son gastos privados do recorrente, e sancionárono por esta conduta.

Reclamación ante o TEAR que lle acollen, parcialmente, ó imputarlle os rendementos en proporción á propiedade da sociedade ( 95% ).

Nova liquidación e sanción; incidente de execución que lle rexeitan o 18.07.2019.

SEGUNDO

O recurso contra o acordo de 20.12.2018 se basea en: a) falta de motivación da liquidación, b) infraccion da doutrina dos actos propios ( viaxe a Estambul ), c) os gastos de Orlando están xustificados, d) non procede a sanción.

O recurso contra o acordo de 18.07.2020 se basea en: a) vulneración do procedemento legalmente establecido, b) cálculo incorreto dos xuros e c) nulidade corrrelativa da sanción.

O letrado do Estado rebate as súas alegacións.

RESOLUCION 20.12.2018.

O recorrente considera nula a liquidación por falta de motivación; entende que non se desagregan, un a un, os gastos que a sociedade asumiu como propios e que, en realidade, eran gastos persoais do recorrente e, polo tanto, non se determina cal era a utilidade persoal que resultaba dos mesmos, producíndolle indefensión. Alega que a sociedade aceptou a regularización de moitos gastos ó recoñecer defectos formais - falta de xustificación documental, tickets e non facturas ....- e esto non equivale a recoñecer que eran gastos que non tiñan relación coa actividade da sociedade.

Como indica o letrado do Estado, nada desto resulta das actuacións.

O acta do IRPF, dos anos obxecto de regularización, reproduce, literalmente, as actas do I.sociedades e IVE, e tamen constan no procedemento inspector - do IRPF- as dilixencias do imposto de sociedadade que reflicte, polo miudo, tódalas facturas.

É certo que falarmos do traslado, en bloque, do resultado ( e procedimiento ) da inspeccion practicada a un terceiro, ás actuacións seguidas contra o recorrrente, mais non podemos descoñecer que o recorrente era, nese momento, o administrador único da sociedade ( e titular do 95% das participacions ) e que asinou, en conformidade. as actas, recoñecendo - art. 144.2 LXT- que a sociedade deducira gastos que non tiñan relacion co obxecto social, senón que, respondían a necesidades privadas do administrador.

O recorrente non estaba indefenso fronte ó resultado da inspección seguida contra CARRAPUCHEIRIÑA SL, xa que, o selo IRPF un imposto persoal, actuaba coma persoa física na nova inspeccion, e podía negar o que recoñeceu coma representante da sociedade, e achegar probas en contradición do anteriormente recoñecido - na súa condición de administrador e non coma contribuinte individual.

O que acontece é que o recorrente non achega proba ningunha, limitándose a unha crítica formal do resolto- falta de motivación, polo que, podemos admitir como válidos os argumentos da administración.

Compre determinar se estos son convincentes ou, pola contra, incorren en indefinición, impedindo a defensa do recorrente.

Coma indica o letrado do Estado, no acta de disconformidade e na liquidación se reproduce o resultado da inspección á sociedade, reflectíndose que gastos non se admiten coma vencellados á actividade da sociedade, senón que, polas súas características, son gastos persoais: compras no CORTE INGLÉS de produtos de uso persoal, MERCADONA, CORTEFIEL...( ......Gastos que acadaron os 105.910,38+ive euros no ano 2010, 148.245,45 euros + ive no ano 2011 e 145.378,86 euros +ive no ano 2012, e que coinciden coas cantidades que se lle atribúen coma rendas do capital mobiliario.

Existe outra relación de gastos non admitidos á sociedade (donativo, factura do colexio de aparelladores, tablets.. ) que son diferentes dos anteriores e que non se trasladan ó recorrente.

É certo que no acta do I.sociedades non lle admiten a esta gastos ( comidas, viaxes da empregada do recorrente, celebración nun hotel con 8 menís infantis ...) que non están documentados correctamente: as facturas son insuficientes para demostrala vinculación co obxecto social, e que, impútanlle o recorrente, mais esto figura no expediente e puido demostrar ou achegar proba contraditoria e non o fixo.

Polo tanto, ningunha indefinición concorre - as propias facturas non admitidas están nas dilixencias que se xuntan as actuacións.

Coma indicamos o recorrente non achega proba, nin alega xustificación ningunha, que, por exemplo, anoe a compra da mochila HELLO KITTY coa actividade da sociedade, sendo a súa utilidade de caracter privado, quizabes coma regalo infantil; o mesmo compre dicir de calquera outro gasto dos referidos.

O dito obriga a rexeitar que esteamos nun suposto de indefensión por ausencia de motivación.

TERCEIRO

Verbo dos gastos polos viaxes a ISTAMBUL e ORLANDO-FLORIDA.

Verbo do 1º, tal e coma indica o recorrente, a inspección admitiu, nas actuacions seguidas contra CARRAPUCHEIRIÑA que os gastos estaban vencellados coa actividade da sociedade, e esta admisión é trasladable ó caso do IRPF do recorrente, é dicir, non o poden considerar coma un rendemento de capital mobiliario; o que acontece é que a inspeccion non o suma á cantidade imputada ó recorrente, o que é correcto.As cantidades imputadas coinciden coas das actas do I.Sociedades mailo IVE.

Verbo do viaxe familiar a ORLANDO; o recorrente sostén que, na súa condición de administrador dunha sociedade que xestiona catro ( sociedades ) restaurante de MACDONALŽS, estaba obrigado a acoder á convención de MACDONALŽS que se celebraba en Orlando e que ten coma obxecto unha REUNIÓN FAMILIAR DAS FAMILIAS MACDONALŽS.

Xustificou a súa asistenza ( e de tres familiares ) ó WORLWIDE CONVENTION DE 2012.

O que acontece é que, por unha banda, temos o feito de que coma administrador da sociedade admitiu que esta viaxe non tiña relacion direta coa actividade da sociedade e, por outra que, na súa condición de persoa física non pode xustificar que da viaxe se derivara ningún beneficio - profesional- para el, e, o que é mais relevante, que existira unha OBRIGA de acoder a esta convención.

Da documentación xuntada parece ser un evento, fundamentalmente, lúdico - o que parece xuntarse algunhas actividades grupais dos franquiciados - e que estarmos mais, ante unha obriga moral - o sentimento de pertenza ó grupo MADONALŽS resulta reforzada por estas actividades - que xurídica.

Non estarmos ante un gasto xustificado/necesario da sociedade, senón dunha gratificación, en especie, ó administrador, o que nos leva a rexeitalo recurso contra a liquidación.

CUARTO

Verbo da sanción.

O recorrente alega que: a) non están debidamente motivadas, b) vulneran o principio de boa fe do administrado, c) non existiu culpabilidade na súa conduta.

Non podemos compartir ningún destos presupostos; a sanción está debidamente motivada, dado que o acordo reproduce os feitos que fundamentaron a liquidacion...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR