STSJ Galicia 264/2021, 17 de Junio de 2021

JurisdicciónEspaña
Fecha17 Junio 2021
Número de resolución264/2021

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00264/2021

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11610

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2021 0000376

Procedimiento: DF DERECHOS FUNDAMENTALES 0015197 /2021 /

Sobre: DERECHOS FUNDAMENTALES

De D./ña. MEPAVENTAS SL

ABOGADO ALBERTO LOPEZ GOMEZ

PROCURADOR D./Dª. DOMINGO RODRIGUEZ SIABA

Contra D./Dª. AGENCIA ESTATAL ADMINISTRACIÓN TRIBUTARIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

DOLORES RIVERA FRADE-PTE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

JUAN SELLÉS FERREIRO

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, dezasete de xuño dous mil vinte e un.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15197/2021, presentado por MEPAVENTAS SL, representado polo procurador Sr. Rodríguez Siaba, dirixido polo letrado Dº López Gómez , contra o acordo de de 10.03.2021 da AEAT. É parte a Administración demandada a AEAT, representada polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 498.857,03 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 10.03.2021 da AEAT: medida cautelar de embargo preventivo de saldos bancarios e créditos ata un total de 498.857,03 euros.

Segundo resulta do expediente, dirixidas actuacións de inspección contra a sociedade MEIRAMA PATIÑO SA, remataron con actas de liquidación por IVe anos 2013/14 e I.Sociedades anos 2013 a 2016. Reclamación ante o TEAR o 24.02.2021 con solicitude de suspensión (de 04.03.2021) sen garantías.

Procedemento de declaración de responsabilidade solidaria contra MEPAVENTAS SL - inicio de 01.03.2021-; acordo de 10.03.2021 de medidas cautelares.

SEGUNDO

O recorrente considera que o actuar da AEAT- coa medida cautelar- vulnera o seu dereito á tutela xudicial efectiva do art. 24 CE: a) non respeta a suspensión cautelar solicitada/obtida polo debedor principal, polo que, se adopta unha medida cautelar verbo de actos que carecen de eficacia executiva , b) adoptárona sen o trámite de audiencia, c) a responsabilidade solidaria do art. 42.1.c ten carácter sancionador.

Verbo do 1º motivo, cita a STS 24.06.2015 e 1700/2020 de 10.12, e subliña que a derivación de responsabilidade - inicio do procedemento- non é susceptible de execución, o que impide adoptar ningunha medida cautelar.

Verbo do 2º; non procede adoptar unha medida cautelar verbo de actuacións que carecen de eficacia executiva - inicio do exped. responsabilidad solidaria e solicitude de suspensión ( do debedor principal ) - e que están suspensas - verbo do debedor principal- Anoándoo co 3º motivo: o carácter sancionador esixía un trámite de audiencia previo.

O Ministerio Fiscal négalle carácter sancionador ó procedemento de derivación de responsabilidade, e verbo do demais, son cuestións de legalidade ordinaria.

O advogado do Estado, parte do último aserto ( diferencia entre legalidade ordinaria/dereitos fundamentais ) sen que, o actuar administrativo, minguara as súas posibilidades de defensa; a esto engade que o procedemento contra o responsable solidario é autónomo do seguido contra o debedor principal, con cita de resolucions do TEAC - 80/2018 - e xurisprudenza- STS 1421/2016.

TERCEIRO

Compre determinar se o acto obxecto de recurso vulnera ou non os dereitos fundamentais alegados xa que conforme ó artigo 114 LXCA o presente procedemento está dirixido ó «amparo xudicial das liberdades e dereitos, previstos no artigo 53.2 da Constitución Española ( RCL 1978, 2836) » e poderán facerse valer no mesmo «as pretensións a que se refiren os artigos 31 e 32, sempre que teñan como finalidade a de restablecer ou preservar os dereitos ou liberdades por razón dos cales o recurso fose formulado». «Non estamos ante un procedemento ordinario que permita o axuizamento pleno do acto administrativo impugnado senón que o proceso tramitado polo Xulgado conforme á pretensión da parte actora foi o proceso especial de protección xurisdicional dos dereitos fundamentais da persoa que ten un obxecto limitado. É por iso que non procede no ámbito do presente proceso o exame dos motivos de impugnación que se baseen en cuestións de legalidade respecto da validez do acto administrativo, quedando constrinxido o obxecto procesual a comprobar se a Resolución impugnada vulnera ou non algún dos preceptos constitucionais que foron invocados pola parte demandante» ( STSX Estremadura do 20 de outubro de 2005 [ RJCA 2006, 316] ).

Son alleos, polo tanto, a este procedemento todos os motivos de impugnación da actividade administrativa obxecto do recurso que non se dirixan estritamente a controlar esa actividade administrativa desde o prisma das liberdades e dereitos a que se refire o artigo 53.2 CE.

CUARTO

Para determinar se o acto administrativo incidiu no dereito á presunción de inocencia ( art. 25 ) e a tutela xudicial efectiva ( art. 24 ) compre, tamén, determinar a regularidade do actuado.

A administración ditou unha medida cautelar do art. 81 Lei 58/2003, en concreto, o embargo do saldo de contas bancarias e créditos contra terceiros, unha vez iniciado o expediente de derivación de responsabilidade- se ben antes da súa notificación. Actuación que autoriza o artigo 41.5 LXT:.... con anterioridade a esta declaración - responsabilidade-, a Administración competente poderá adoptalas medidas cautelares do artigo 81 desta lei e realizalas actuacións de investigación coas facultades previstas nos artigo 142 e 162 desta Lei .

Consonte co artigo 81 Lei 58/2003, a Administración tributaria poderá adoptar medidas cautelares naqueles casos en que existan indicios racionais de que o cobro da débeda de que se trate veríase frustrado ou gravemente dificultado, dado que o privilexio da autotutela administrativa, o cal se estende ao establecemento de tales medidas, ha de acompañarse das necesarias garantías para o suxeito afectado polas mesmas.

En relación con este requisito -relativo aos indicios racionais-, cabe sinalar que nos atopamos, como pode comprobarse, ante un concepto xurídico indeterminado que deberá concretarse en cada hipótese específica; agora ben, é posible afirmar, en liña de principio, que dita racionalidade implica poñer en relación a totalidade do patrimonio do suxeito ou o devir da súa actividade económica coa contía da débeda tributaria que pretende asegurarse coa medida cautelar. Así mesmo, haberá que ter en conta a actuación do obrigado tributario e o grao de dolosidad ou culpabilidade que estivese presente no feito determinante do débito en cuestión, posto que «os indicios racionais deben ser o resultado dun conxunto de feitos e comportamentos que permitan un xuízo global sobre un conxunto de elementos con maior posibilidade de acerto.

Con efectos de 31-10-2012, modifícase o art. 81, apartado 5 LGT (redacción art. 1 sete Lei 7/2012, de 29 outubro) para permitir a súa adopción en calquera momento do procedemento . É dicir, poderán adoptarse medidas cautelares durante a tramitación dos procedementos de aplicación dos tributos desde o momento en que a Administración tributaria actuante poida acreditar de forma motivada e suficiente a concorrencia dos orzamentos requiridos e o cumprimento dos límites sinalados (proporcionalidade, prexuízos..).

O acto administrativo motiva o porqué da medida adoptada: indicios de sucesión empresarial, carencia de activos non correntes, ausencia de patrimonio, resultados negativos da sociedade ..... e ditouse unha vez quedou determinada a débeda tributaria , polo que, en principio, a medida ditáa o órgano competente e dentro dos límites do art. 81 citado.

Examinaremos seguidamente a medida en relación coa afectación nos dereitos fundamentais presuntamente infrinxidos.

QUINTO

Coma indicamos, o recorrente considera infrinxido o artigo 24 e 25 CE; verbo destes dereitos, a xurisprudenza establece que o dereito á tutela xudicial efectiva, ao estar recolleito no art. 24, estaría excluído do ámbito administrativo, salvo o sancionador, máxime cando non se imposibilitou ou dificultado ese acceso aos Tribunais, como o demostra a existencia deste recurso xurisdicional. En definitiva, "os principios esenciais reflectidos no art. 24 CE en materia de procedemento aplicarnase á actividade sancionadora da Administración, na medida necesaria para preservar os valores esenciais que se atopan na base do precepto, e a seguridade xurídica que garante o art. 9 CE. Non se trata, por tanto, dunha aplicación literal, dadas as diferenzas apuntadas, senón co alcance que require a finalidade que xustifica a previsión constitucional".

Xa que o TS ven recoñecendo o carácter cuasi-sancionador do procedemento de derivación de responsabilidade - STS 10.12.2008-; neste caso falarmos de SUCESIÓN na actividade empresarial, o que esixe vontade consciente de facelo; na medida en que, como acabamos de sinalar, a responsabilidade derivada pola Administración tributaria aos recorrentes ten un contido punitivo , é evidente que, conforme á nosa xurisprudencia, resultan aplicables as...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR