STSJ Galicia 204/2021, 14 de Mayo de 2021

JurisdicciónEspaña
Número de resolución204/2021
Fecha14 Mayo 2021

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00204/2021

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7553/2020

RECURRENTE :CLINICA DENTAL CUNTIS S.L.

Procurador:MARIA SANMARTIN RUZO

Letrado: MARIA JOSE QUINTEIRO QUINTEIRO

ADMINISTRACION DEMANDADA :TESORERIA GENERAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL (PONTEVEDRA)

Procurador:

Letrado: LETRADO DE LA TESORERIA DE LA SEGURIDAD SOCIAL

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrada e Maxistrados :

Juan Bautista Quintas Rodríguez

Cristina María Paz Eiroa

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 14 de maio de 2021.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna a resolución de data 10/1/2019 da Tesourería Xeral da Seguridade Social, que rexeita o recurso de alzada interposto contra a resolución de data 24/10/2018, polo que se acordaba dar de alta no Réxime xeral da Seguridade Social a dúas persoas como traballadoras da Clínica Dental Cuntis SL.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. nulidade do acto administrativo por denegación inxustif‌icada de proba durante a tramitación do expediente administrativo. Isto impediu contradicir as actas de inspección;

  2. nulidade do acto por prexudicialidade devolutiva laboral. Foron ditadas actas de liquidación provisional e de infracción, sen que a administración seguise de of‌icio o procedemento previsto no art. 148.1.d. da LXS 36/2011 para que a xurisdición social declarase a laboralidade ou non da situación. Sen sentenza f‌irme da orde social non se pode obter un pronunciamento no contencioso sobre a alta de of‌icio.

  3. Non concorren as notas de laboralidade na relación de Tarsila e Clemente . Os dous profesionais eran autónomos e independentes, e reúnen as condicións do Estatuto do Traballador Autónomo: non tiñan a cargo outros traballadores; executaban a súa actividade de forma diferenciada dos traballadores por conta allea da empresa, organizando o seu traballo da forma que consideraban máis oportuna; empregaban o seu propio material; tiñan criterios organizativos propios; percibían remuneración en función do resultado do traballo;

    A demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  4. a resolución está debidamente motivada polo que non hai motivo de nulidade, e este procedemento é independente do de liquidación e sanción polos feitos comprobados;

  5. non resulta de aplicación o art. 148 LXS, porque a súa activación depende de que a autoridade laboral estime que podan quedar desvirtuada a natureza laboral que a acta constata, algo que aquí non sucedeu.

  6. En canto ao fondo do asunto, si concorren os requisitos de laboralidade, posto que existe dependencia; non existe contrato por escrito entre as partes; e á marxe do nome que as partes lle dean á relación, a súa conf‌iguración é realmente como laboral.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, ten lugar a vista do xuízo ante o Xulgado do Contencioso nº 1 de Pontevedra, na que se practicaron como probas a documental e máis a testemuñal de Tarsila, Clemente, Isidoro, Íñigo e Julián .

A contía do procedemento f‌ixouse como indeterminada.

Terceiro

Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que:

Os odontólogos acoden ao centro de traballo nos días e horarios sinalados pola clínica, sen prexuízo de que dentro destes podan concertar as horas concretas de actuación

Empregan a meirande parte dos medios materiais que pon á súa disposición a clínica, á que os traballadores engaden unicamente o material máis especializado, pero non todo o resto, que conforma, xunto coas instalacións e mesmo o persoal que atende a clínica, o conxunto de medios que permiten aos traballadores desenvolver o seu traballo: recepción, atención telefónica ou auxiliares de clínica.

Os profesionais desenvolven o seu traballo, de forma constante, habitual e periódica na clínica.

Non existía ningún tipo de contrato por escrito que documentase ningún tipo de relación entre Tarsila e Clemente coa clínica.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre as causas de nulidade invocadas con ocasión da tramitación do expediente administrativo.

O primeiro motivo de impugnación da demandante consiste en denunciar que non se practicasen nin se denegasen as probas propostas no expediente, e a falta de motivación.

Debemos constatar en primeiro lugar que existe unha discordancia xeralizada entre as páxinas que se citan do expediente na demanda e a numeración existente no expediente remitido á Sala. Dado que a demandante tivo acceso ao mesmo tal como foi remitido ao Tribunal antes de formular o seu escrito reitor, non acaba de comprenderse esta disonancia. En todo caso, nós faremos referencia á numeración que nos consta no expediente, referenciada aos documentos ou trámites que a demandante indica.

Comeza a demandante por indicar que non foi resolta a súa proposta de práctica de proba na fase de instancia, antes da primeira resolución. Porén, no seu escrito de alegacións, folio 23 do expediente, con data de entrada 24/10/2018, vemos como as alegacións reproducen literalmente (entrecomilla ademandante) as vertidas no expediente de acta de infracción (ff. 23 a 29). Nese entrecomillado efectivamente aparece como outrosí a solicitude de práctica de proba, pero referida ao expediente de acta de infracción, non no que nos ocupa, que é o de alta de of‌icio. Na parte dispositiva dese escrito (f. 29) unicamente se pide o arquivo do expediente ou subsidiariamente a súa suspensión en tanto non se emita resolución sobre a acta de infracción no outro expediente administrativo. En consecuencia non existe proba que non fose denegada ou admitida e en consecuencia, indefensión.

Posteriormente a demandante formula recurso de alzada contra a resolución (ff. 42 a 46). Aquí é onde presenta toda a proba documental á que fai referencia na demanda, que foi admitida co escrito, e máis documental referida a un requirimento que non consta que fose atendido expresamente pola administración, fóra da alusión xenérica ás probas que consta no FX 2º da resolución de alzada, onde valora que non desvirtúan as probas de cargo e que ademais consta, en relación ás alegacións, que esas refírense á acta de infracción e non á alta de of‌icio, polo que terán cumprida resposta no outro procedemento, limitándose alí a rebater, ao seu xuízo as razóns polas que existe obriga de cursar alta de of‌icio. Á vista das actuacións das partes na alzada, e ao abeiro do art. 118 LPACAP, non pode af‌irmarse a concorrencia de indefensión, posto que a demandante pide na alzada a práctica de probas (o requirimento en concreto de documentación) que non foi pedido na instancia, porque a reprodución literal de alegacións dun procedemento diferente separábase sen embargo, na parte dispositiva, onde se facía unha petición diferente neste (f. 29), de onde se conclúe que non houbo denegación indebida na instancia, e pola mesma razón, ausencia de feitos novos ou denegación anterior indebida que xustif‌iquen a proposta de proba na alzada, ao non concorreren os supostos descritos no art. 118 LPACAP. En consecuencia non se reputa existente a infracción denunciada pola actora.

En canto á motivación, os FFXX 2º e 3º indican cal son, a xuízo da administración, os motivos que levan a considerar a alleidade e dependencia do traballo realizado polas persoas relacionadas, que a actora poderá compartir ou non, pero que lle permite coñecer a razón da decisión e combatela xurisdicionalmente, polo que o motivo tampouco pode reputarse existente.

Finalmente, alega a demandante que non se lle deu vista do informe de Inspección de Traballo que f‌igura nos folios 1 a 13 antes do procedemento contencioso, en vía administrativa, polo que non puido alegar antes e polo tanto deixou á actora en situación de indefensión. Ben, a Sala non ten modo de coñecer como estaba confuigurado o expediente antes de ser remitido ao Tribunal, pero si ten acceso ao recurso de alzada formulado pola demandante (ff. 42 a 46). Nel non se fai ningunha referencia á falta de acceso a este informe. Tampouco no escrito de alegacións previo á resolución combatida logo (ff. 23 a 29). En consecuencia, resulta incoherente que a demandante alegue agora infracción por ausencia dun documento capital como o Informe da Inspección, falta que non notase (polo menos, así non consta denunciado nos seus escritos) ata este momento. Por esta razón, non pode terse por acreditada a falta de existencia do Informe de Inspección antes de abrirse a vía contenciosa, e o motivo debe ser rexeitado.

Segundo

Sobre a prexudicialidade devolutiva á...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR