STSJ Galicia 100/2021, 12 de Marzo de 2021

JurisdicciónEspaña
Fecha12 Marzo 2021
Número de resolución100/2021

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00100/2021

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: RECURSO DE APELACION 7194/2020

APELANTE: INSTITUTO SOCIAL DE LA MARINA

Procurador:

Letrado: LETRADO DE LA SEGURIDAD SOCIAL

APELADO: Sebastián

Procurador:MARCIAL PUGA GOMEZ

Letrado: MARIA CELIA VEIGA RAMOS

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pronunciou a

SENTENZA

Ilmo. Sr. Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Ilmos. Sres. Maxistrados :

Juan Bautista Quintas Rodríguez

Cristina Paz Eiroa

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 12 de marzo de 2021

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Resolución xudicial impugnada. Posicións das partes.

A parte apelante presenta un recurso ante a Sala, que é aquendado a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

É obxecto de impugnación a Sentenza nº 120/2020, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 4 da Coruña pola que se anula a resolución de 31/7/2018 da Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña,

que acordaba declarar indebida a alta no Réxime especial de traballadores do mar (RETM) do interesado como traballador por conta allea da Autoridade Portuaria do Ferrol, San Cibrao.

Os argumentos en que a parte apelante fundamenta a súa pretensión son os seguintes:

  1. o recurso debeu ser coñecido pola Sala do Contencioso do TSXG por razón de materia e o carácter indeterminado da contía;

  2. concorre a prescrición de accións, por reclamarse cambio de encadramento a datas anteriores á de catro anos prevista no art. 37 do RD 84/1996; non resulta de aplicación a norma invocada pola sentenza de instancia;

  3. existe erro na aplicación do RD 1311/2007 porque a libreta de navegación e o certif‌icado do responsable

    do buque non acreditan a realización das actividades previstas no art. 2.1.;

  4. o responsable do buque é empresa pública, Autoridade Portuaria, que se desdí do certif‌icado no documento presentado polo interesado. Aínda que non se seguiron consecuencias desa contradición entre documentos, non pode darse validez ao certif‌icado nese documento;

  5. existen probas diferentes das achegadas de contrario que acreditan que o actor non realizou as actividades precisas para o encadramento pretendido. Ademais, os presentados non foron asinados pola autoridade competente. Asínaos a Autoridade Portuaria de Ferrol: non hai sinatura da Capitanía Marítima; aínda dándoos por bos, existe un período de 9 anos sen que consten embarques, entre 2008 e 2017. É máis, dende esa falta de embarque o certif‌icador indica un embarque de 1937 días, o que é incorrecto en calquera posto de traballo. Tamén resultan contraditorias as probas existentes sobre as horas de motor, que en 13 anos apenas acadaron os 52 días completos en total, o que determina un tempo mínimo no período. No mesmo sentido, resulta imposible acreditar que a embarcación poda admitir como embarcados aos 24 policías portuarios diariamente, posto que esa é a súa capacidade máxima;

  6. tamén foi infrinxido o art. 14 do Regulamento sobre Despacho de buques. As anotacións da libreta de navegación deben ser feitas polo capitán. No caso de autos este resulta ser traballador da Autoridade Portuaria e xefe do interesado. As anotacións realizadas por este conteñen tachaduras e son imprecisas. Impugnado este contido na vía administrativa, o propio capitán (e patrón da embarcación) puntualiza que non houbo embarques e desembarques senon enroles e desenroles na dotación da embarcación, non querendo signif‌icar que estivese efectivamente embarcado, senón que posuía a documentación en regra para facelo;

  7. para acreditar a actividade real da embarcación o ISM solicitou documentación á Autoridade Portuaria, que proporcionou os cadernos manuscritos de entradas e saídas da embarcación, que se ben non acreditan quen embarca de cada vez, si ref‌licte os días que saíu a embarcación, as horas navegadas e o combustible consumido, de onde se desprende que apenas houbo actividade de embarque;

  8. a sentenza non se pronuncia sobre a alegación da apelante acerca da previsión do Convenio Colectivo, en concreto das súas funcións e confrontadas estas co previsto na Lei 47/2015. Realmente, entre as funcións de xefe de equipo da Policía Portuaria nada hai que permita concluír que o recorrente tivo como actividade que estar embarcado como técnico ou tripulante, máis ben ao contrario.

    A parte apelada oponse ás pretensións impugnatorias polos seguintes motivos:

  9. existe sentenza f‌irme da Sala rexeitando o recurso de apelación presentado nun suposto idéntico ao presente, en relación a unha sentenza estimatoria.

  10. Sobre a competencia obxectiva para o coñecemento do asunto, o presente litixio foi coñecido polo xulgado por indicación da propia Sala, de onde cabe concluír a competencia daquel para a resolución recaída;

  11. ausencia de crítica á sentenza no relativo á alegación de prescrición da acción, xa que aquí non se están reclamando débedas por cotizacións.

  12. Equivócase o recurso ao indicar que o motivo de acollemento da demanda é a aplicación do art. 2 do RD 1311/2007, porque o fai en atención ao traballo real desenvolvido polo traballador.

  13. Sobre os datos que constan na libreta de navegación, non é certo que neles consten os días efectivos de navegación, aínda que se anoten roles e desenroles.

  14. O determinante para o encadramento no RETM é a prestación de servizos que realice o actor e se son dos contemplados no art. 3 da Lei 47/2015, non a realización de labores marítimas.

  15. Malia af‌irmarse que os datos consignados na libreta son falsos, non se interpuxo de contrario denuncia ningunha, só indicando que quen os cubría tiña interese ilexítimo.

  16. O apelado conseguiu probar que realizaba funcións que comprendían estar a bordo da embarcación xunto con outras diferentes en terra.

  17. No tocante á falta de contestación a un dos motivos alegados na contestación á demanda, o maxistrado non está obrigado a facelo, senón a resolver a pretensión e excepcións, que si se f‌ixo. En todo caso, o Convenio colectivo describe entre as funcións do xefe de Policía Portuaria do apelado as relacionada co tráf‌ico interior de portos.

Segundo

Proba practicada e Feitos probados.

No procedemento foi practicada unicamente a documental que consta nos autos de instancia.

Resultaron feitos probados os seguintes:

  1. a Libreta de navegación titularidade de Sebastián constata uns períodos de embarque de 1 ano (entre 22/2/2005 e 23/2/2006), 6 anos (de 23/2/2006 a 4/3/2012), un mes (de 6/3/2012 a 13/4/2012), tres semanas (de 13/4/2012 a 7/5/2012) e do 7/5/2012 sen f‌inalización.

  2. A Licenza de Navegación e a Certif‌icación de períodos de embarque expedida por Elias a favor de Sebastián

    contén idéntica mención de períodos de embarque e desembarque.

  3. Os tres documentos anteriores aparecen asinados por Elias, en calidade de " patrón/capitán " da embarcación, no caso da libreta, e de " Capitán que enrola y que desenrola ". En todos os casos a sinatura é autógrafa e substancialmente idéntica.

  4. A Certif‌icación emitida por Elias de data 23/7/2018, en calidade de Responsable de Policía Portuaria da Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao, engadindo entre paréntese o propio documento " Patrón de la embarcación Asunción Nieves ", indica: " que en la Licencia de Navegación de la Embarcación Asunción Nieves (8ª-FE-4-1/04) dónde (sic) hace referencia a embarque y desembarque, se ref‌iere únicamente a enroles y desenroles en la dotación de la embarcación, no ref‌iriéndose en ningún caso a que estuvieran efectivamente embarcados, sino a que poseían la documentación en regla para hacerlo ". Este certif‌icado emítese en papel timbrado da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cribrao.

  5. O despacho de buques da Capitanía Marítima de Ferrol, determina, en relación ao buque Asunción Nieves a existencia de períodos de 221, 152, 145 ou 119 días consecutivos sen despacho.

  6. Os cadernos manuscritos da embarcación Asunción Nieves conteñen unha relación sistematizada das anotacións, diferenciadas dos días en que constan as saídas, como unha parte da actividade total anotada. O sumatorio dos días con anotacións no ano con maior número ascende a 86 en 2008. O ano de maior número de días con saídas acada 63. Constan anos como 2005, 2015 ou 2018 en que se relacionan 15 días. Constan anotadas as horas efectivas de motor, que suman en trece anos 1228.

    FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a competencia obxectiva para o coñecemento do recurso.

Sostén en primeiro lugar a apelante que o procedemento debeu ser coñecido en primeira instancia pola Sala e non polo Xulgado, polo que solicita a declaración de incompetencia con anulación da resolución, tras o cal se solicita a declaración de adecuación a dereito da resolución recorrida. Oponse a apelada sostendo que o litixio foi iniciado ante a propia Sala, pero tras decretar esta a falta de competencia obxectiva, foi tramitado ante o Xulgado. Engade ademais a falta de alegación deste motivo na contestación á demanda.

Resulta de interese traer a colación o Auto nº 45/2019, de 11 de febreiro, ditado por esta Sala e Sección onde declaramos a nosa falta de competencia obxectiva para o coñecemento do litixio en primeira instancia, por razón de contía. A este respecto debe signif‌icarse que unha vez tomada esta decisión, para o xulgado de instancia non é dabre rexeitar a competencia, por razón analóxica do disposto no art. 7.3. LXCA, polo que a falta de alegación por parte da demandada tería sido inef‌icaz neste sentido. Por outra banda, cómpre indicar tamén que a competencia é improrrogable, tal como sinala o art. 7.2. LXCA, polo que cabe a súa revisión, mesmo de of‌icio, en calquera momento do procedemento.

Nesta materia que nos ocupa, relativa á competencia obxectiva para coñecer dos asuntos relativos ao correcto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR