AAP Pontevedra 65/2021, 8 de Abril de 2021

JurisdicciónEspaña
Fecha08 Abril 2021
Número de resolución65/2021

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00065/2021

Modelo: N10300

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Teléfono: 986817388-986817389 Fax: 986817387

Correo electrónico: seccion6.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: EO

N.I.G. 36057 42 1 2019 0011111

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000531 /2020

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 10 de VIGO

Procedimiento de origen: EQU PROCEDIMIENTO DE EQUIDAD LPH 0000799 /2019

Recurrente: ABANCA CORPORACION, DIVISION INMOBILIARIA S.L

Procurador: PAULA LLORDEN FERNANDEZ-CERVERA

Abogado: MANUEL CAMBON ANGERIZ

Recurrido: SETEX APARKI, S.A.

Procurador: ANA ISABEL SOTO GARCIA

Abogado: EVA QUIROS PARAPAR

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, D. José Ferrer González e Dª. Magdalena Fernández Soto pronunciou, NO NOME DO REI, o seguinte

AUTO 65/21

Vigo, oito de abril de dos mil vinte e un.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do PROCEDEMENTO DE EQUIDADE LPH 799/2019, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm.10 de Vigo ós que correspondeu o rolo 531/20, nos que aparece como parte apelante a demandante ABANCA CORPORACIÓN DIVISIÓN INMOBILIARIA S.L., representada pola procuradora D.ª PAULA LLORDÉN FERNÁNDEZ CERVERA e asistida do letrado D. MANUEL CAMBÓN ANGERIZ. Como parte apelada a demandadaSETEX APARKI S.A . representada pola procuradora D.ª ANA I. SOTO GARCÍA e asistida da letrada

D.ª EVA QUIRÓS PARAPAR.

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1ª Instancia nº 10 de Vigo, con data do 27 de abril de 2020, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:

" SE DESESTIMA la pretensión formulada por ABANCA CORPORACION DIVISION INMOBILIARIA, S.L.U. frente a la mercantil SETEX APARKI, S.A. con imposición de costas a ACID. SE DESESTIMA la pretensión formulada por ABANCA CORPORACION DIVISION INMOBILIARIA, S.L.U. frente a la mercantil SETEX APARKI, S.A. con imposición de costas a ACID. "

Segundo

Contra o dito auto, Dª PAULA LLORDÉN FERNÁNDEZ - CERVERA, en representación de ABANCA CORPORACIÓN DIVISIÓN INMOBILIARIA S.L., presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil (LAC).

  1. RAZOAMENTOS XURIDICOS

Primeiro

O artigo 17 da LPH de 21 de xullo de 1960, despois de establecer distintas maiorías para a adopción de acordos que afecten ao réxime de propiedade horizontal, dispón no parágrafo segundo do nº. 7 que "cando a maioría non se podera lograr polos procedementos establecidos nos apartados anteriores, o Xuíz, a instancia de parte deducida no mes seguinte á data da segunda Xunta, e oindo en comparecencia os contradictores previamente citados, resolverá en equidade o que proceda dentro de vinte días, contados dende a petición, facendo pronuncia sobre o pagamento de costas". Pois ben, a manifesta parquedade e insuf‌iciencia normativas, que non aparece colmada pola declaración, programática, do artigo 3.2 do CC, ten suscitado importantes dúbidas entre os órganos xudiciais encargados da interpretación e aplicación desas normas, o que non pode obstar a que poidamos -e debamos- sentar os seguintes postulados ou criterios.

Primeiramente, malia que existe discordia entre os tribunais sobre o proceso a seguir - xuízo verbal, xuízo ordinario, procedemento especial ou acto de xurisdición voluntaria-, estimamos que atopámonos ante un procedemento que participa propia e esencialmente da natureza deste último, máis que da daqueles tres primeiros. Pénsese a este respecto que a lei non fala de demanda, senón simplemente de "a instancia de parte" e de "petición", expresións que distan moito da primeira, suxeita a unha serie de presupostos de fondo e formais que para este procedemento non se requiren. Por outra banda, a chamada a unha simple "comparecencia" non ten exactamente encaixe naqueles outros procesos. Ademáis, a tese do acto de xurisdición voluntaria semella ser a acollida pola doutrina xurisprudencial, cando no auto do TS de 15 de outubro de 2013 inadmite o recurso de casación -contra unha sentenza ditada en procedimento de equidade- co argumento de que "el juicio de equidad contemplado en el art. 17 LPH participa de la naturaleza de los expedientes de jurisdicción voluntaria en tanto que la Ley sólo menciona un periodo de alegaciones, sin necesidad de prueba, ni de resolución en derecho". En último termo, a formulación da parte actora, e hoxe recurrente, de que o seu pedimento debe encauzarse polas normas do xuizo ordinario, carece tanto de apoiatura legal, como ata de sentido, pois se a norma responde a obvias razóns perentorias, para por couto a unha situación insostible de bloqueo na marcha da Comunidade de Propietarios, esa prontitude non se lograría, ante a susceptibilidade de recurrir a sentenza de instancia en apelación e ata en casación -se estivéramos ante un procedimento ordinario propiamente dito-. Ou por exprésalo doutra maneira, o procedimento de equidade que a lei contempla non pode ser un remedio substitutivo e alternativo ao xuízo plenario. O recurso a este procedimento de equidade non pode considerarse admisible ante a pura ausencia das maiorías necesarias para...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR