SAP Pontevedra 112/2021, 30 de Marzo de 2021

JurisdicciónEspaña
Número de resolución112/2021
Fecha30 Marzo 2021

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00112/2021

AUD. PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

SECCION SEXTA

Modelo: N30090

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Teléfono: 986817388-986817389 Fax: 986817387

Correo electrónico: seccion6.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: EO

N.I.G. 36057 42 1 2019 0005156

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000593 /2020

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 7 de VIGO

Procedimiento de origen: JVB JUICIO VERBAL 0000360 /2019

Recurrente: Zulima

Procurador: PURIFICACION RODRIGUEZ GONZALEZ

Abogado: ROSA MARIA MARTINEZ CASTRO

Recurrido: VIGUESA DE TRANSPORTES SL, COMPAÑIA DE SEGUROS ALLIANZ

Procurador: MARIA VICTORIA SOÑORA ALVAREZ, MARIA VICTORIA SOÑORA ALVAREZ

Abogado: JOSE MANUEL PEREZ CAAMAÑO, JOSE MANUEL PEREZ CAAMAÑO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, e constituída como Órgano Unipersoal polo Ilmo. Maxistrado DON JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, pronunciou, NO NOME DO REI, a seguinte

SENTENZA Nº 112/21

Vigo, a trinta de marzo de dos mil vinte e un.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo VERBAL 363/19 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 7 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 593/20, nos que aparece como parte apelante D.ª Zulima, representada pola procuradora D.ª PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ e asistida da letrada D.ª ROSA Mª MARTÍNEZ CASTRO, e como parte contra da que se

apela as entidades "ALLIANZ COMPAÑÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS S.A." e "VIGUESA DE TRANSPORTES S.L.", representadas pola procuradora D.ª Mª VICTORIA SÓÑORA ÁLVAREZ e asistida do letrado D. JOSÉ MANUEL PÉREZ CAAMAÑO.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm.7 de Vigo, con data do 13 de marzo de 2020, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

" Que desestimo la demanda interpuesta por Dª Zulima, frente a la empresa VIGUESA DE TRANSPORTES (VITRASA) S.L. y COMPAÑÍA DE SEGUROS ALLIANZ, con imposición de las costas a la parte actora. "

Segundo

Contra a dita sentenza a procuradora D.ª PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, en representación de D.ª Zulima, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á esta Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Terceiro

Para o coñecemento do presente recurso o Tribunal constitúese cun só Maxistrado en cumprimento do que dispón o art. 82.2.1º da Lei Orgánica do Poder Xudicial

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Dacordo co artigo 1 do Real Decreto 1575/1989, de 22 de decembro, polo que apróbase o Regulamento do Seguro Obligatorio de Viaxeiros, o mesmo ten por f‌inalidade indemnizar a estes últimos cando sufran danos corporais en accidente que teña lugar con ocasión de desprazamento nun medio de transporte público colectivo de persoas, modalidade de seguro obligatorio que ampara a todo viaxeiro que utilice eses medios de locomoción, conforme ao artigo 2, engadindo, en f‌in, o artigo 9 que a protección do Seguro non alcanzará aos asegurados que provoquen os accidentes en estado de embriaguez ou baixo os efectos de drogas, estupefacientes ou estimulantes ou mediante a comisión de actos dolosos.

Do teor, claro e inequívoco, de ditos preceptos infírese que este seguro está cubrir os accidentes sufridos polos ocupantes dun vehículo dedicado ao transporte público colectivo, imprantándose unha responsabilidade obxectiva absoluta e indiscriminada, ou sexa, con independencia da posible actuación neglixente do conductor do vehículo, de tal xeito que os únicos supostos de exclusión da cobertura son aqueles provocados polas actuación do viaxeiro, que o artigo 9 reseña. Xa que logo, a parte actora tan só ten que acreditar a concorrencia dun dobre presuposto. Un primeiro que ía no vehículo. E o segundo, que sufriu dentro del -ou fora, nos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR