AAP Pontevedra 60/2021, 25 de Marzo de 2021

JurisdicciónEspaña
Número de resolución60/2021
Fecha25 Marzo 2021

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00060/2021

Modelo: N10300

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Teléfono: 986817388-986817389 Fax: 986817387

Correo electrónico: seccion6.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: JP

N.I.G. 36045 41 1 2020 0000819

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000807 /2020

Juzgado de procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.1 de REDONDELA

Procedimiento de origen: PRL DILIGENCIAS PRELIMINARES 0000387 /2020

Recurrente: Penélope

Procurador: JOSE JAIME PEREZ ALFAYA

Abogado: BEGOÑA GALLEGO LOPEZ

Recurrido: BANCO CETELEM

A U T O Nº 60/21

TRIBUNAL QUE O DICTA:

Maxistrados Ilmos. Sres.:

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO

D. JOSÉ FERRER GONZÁLEZ

Dª. MAGDALENA FERNANDEZ SOTO.

En VIGO, a vinte e cinco de marzo de dous mil vinte e un.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos das DILIXENCIAS PRELIMINARES 387/2020, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Núm.1 de Redondela ós que correspondeu o rolo 807/20, nos que aparece como parte apelante Penélope, representada polo procurador D. JOSÉ JAIME PÉRZ ALFAYA e asistida da letrada D.ª Mª BEGOÑA GALLEGO LÓPEZ. Como parte apelada o BANCO CETELEM S.A.U..

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Redondela, con data do 30 de outubro de 2020, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:

" ACUERDO DENEGAR las diligencias preliminares solicitadas "

Segundo

Contra o dito auto, D. JOSÉ JAIME PÉREZ ALFAYA, en representación de Dª Penélope, presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil (LAC).

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. RAZOAMENTOS XURIDICOS

Primeiro

O suposto de feito é moi sinxelo: A parte interesa como dilixencia preliminar que por parte do solicitado, Banco Cetelem, SAU, se proceda á exhibición do contrato de tarxeta de crédito subscrito pola solicitante, ao obxecto de coñecer o clausulado do contrato e así poder formular, no seu caso, demanda de nulidade, por abusivas, dalgunha das cláusulas de dito contrato. E en apoio do seu pedimento aporta documentos expresivos das reclamacións extraxudiciais que no mesmo senso presentou ante a entidade bancaria, e que foron desatendidas.

O Xulgado dita auto non accedendo á petición, por estimar que o suposto non ten cabida en ningún dos contemplados na norma (artigo 256 da LAC).

Recurre esa resolución a peticionaria, quen reproduce nesta alzada o argumentario e apartado (1-9º) dese precepto, que ampararían a súa pretensión, e a teor do cal o xuízo pode prepararse por petición de dilixencias preliminares que, para a protección de determinados dereitos, prevean as correspondentes leis especiais, e en relación coa Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 28 de outubro de 2011, de transparencia e protección do cliente de servizos bancarios, ao dispor o apartado 2 do artigo 7 que as entidades de crédito deberán conservar o documento contractual "e pór a disposición do cliente copia do mesmo sempre que este o solicite".

Pois ben, a Sala acorda acoller o recurso pois o suposto ten efectivamente acubillo neses preceptos, e nunha interpretación normativa, por outra banda, que partindo inicialmente de que o noso ordeamento xurídico opta por dun elenco pechado de dilixencias preliminares, debe ser sen embargo f‌lexible, dacordo coa realidade social ( artigo 3 do CC) e favorable, en último termo, á realización da tutela xudicial efectiva ( artigo 24 da CE).

Segundo

Son xa abundantes as resolucións dos tribunais de apelación que recurren a ese criterio laxo, facendo especial énfase no artigo 258 da LAC, é dicir, sempre que haxa xusta causa, interese lexítimo e adecuación ou proporcionalidade ao f‌in perseguido (autos da AP de Oviedo, Sección 4ª, de 11 de abril de 2018 e 4 de marzo de 2020, da AP de Oviedo, Sección 6ª, de 15 de febreiro de 2019, da AP de Madrid, Sección 12ª, de 21 de xuño de 2019, e da AP de Barcelona, Sección 19ª, de 10 de outubro de 2019).

En expresión desta última resolución "porque con la diligencia preliminar se pretende verif‌icar si se dan o no los presupuestos legales para iniciar el correspondiente proceso y no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • AAP A Coruña 14/2023, 31 de Enero de 2023
    • España
    • 31 Enero 2023
    ...respuesta a ese requerimiento. Un requerimiento amparado, además por una norma específ‌ica. Como recuerda el auto de la AP de Pontevedra, Sección 6ª, de 25 de marzo de 2021, la Orden del Ministerio de Economía y Hacienda de 28 de octubre de 2011, de transparencia y protección del cliente de......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR