STSJ Galicia 163/2021, 23 de Abril de 2021

JurisdicciónEspaña
Número de resolución163/2021
Fecha23 Abril 2021

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00163/2021

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7046/2021

RECURRENTE: COFRADIA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS

Procurador: JOSE ANTONIO CASTRO BUGALLO

Letrado: ALBERTO MUÑOZ RODRIGUEZ

ADMINISTRACION DEMANDADA: INSTITUTO SOCIAL DE LA MARINA

Procurador:

Letrado: LETRADO DE LA SEGURIDAD SOCIAL

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrada e Maxistrados :

Juan Bautista Quintas Rodríguez

Cristina María Paz Eiroa

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 23 de abril de 2021.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna a resolución de data 19/6/2019, pola que se acolle parcialmente en alzada o recurso presentado contra a decisión da Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña de 13/8/2018, pola que

se comunican os CNAE 09 aos que quedan adscritas as CCCs da Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados a partir do mes de agosto de 2018.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. Quebrantamento do principio de ef‌icacia, xa que se entende que a resolución recorrida é unha simple manobra para retrasar a devolución de cotas indebidas;

  2. en canto ao fondo do asunto, resulta relevante a conf‌iguración da actividade de lonxa como integrante da actividade da confraría na medida en que leva aparellada a cotización social na cota empresarial polo tipo previsto para a actividade principal, que é, segundo recoñece a propia administración, o CNAE 9411.

  3. Non cabe asignar o CNAE 4617 á actividade de lonxa, porque esta é simplemente auxiliar e non cumpre cos requisitos previstos na Lei 42/2006 para a súa clasif‌icación independente. Ten natureza de auxiliar tendo en conta as funcións encomendadas legal e estatutariamente á Confraría, posto que a lonxa é simplemente a fase ulterior de posta en venta do produto extraído polos asociados. Non se realiza na lonxa comercio por xunto por conta propia ou de terceiros, senón intermediación de produto pesqueiro e marisqueiro a cargo dos autónomos do mar, actividade sometida a control público.

  4. Na medida en que houbo un recoñecemento da administración do incorrecto encadramento xeral das actividades da Confraría, reclámanse o dereito á devolución do exceso de cotas en todo o período non prescrito.

A demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos: a DA 4ª da Lei 42/2006 indica que cando se realicen varias actividades, aplicarase o tipo de cotización propio de cada actividade, agás que unha sexa auxiliar da outra, entendendo a norma que non existe ese carácter accesorio cando concorran tres circunstancias, que neste caso se dan: produción de bens ou servizos, que non se integran no proceso produtivo da actividade principal, e para os que se dispón de medios de produción diferentes. Tendo en conta a consideración subxectiva da confraría e as funcións que ten encomendadas, a actividade de lonxa non é auxiliar da principal, que se constrinxe a aquelas funcións que ten encomendadas como entidade de dereito público. Ademais disto, concorren os elementos de exclusión previstos na norma.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, foi ventilado o procedemento no Xulgado do Contencioso administrativo nº 3 de Pontevedra, onde se practicou tanto proba documental como testemuñal. Con posterioridade ás conclusións foi formulada cuestión de competencia que rematou mediante exposición razoada á Sala.

A contía do procedemento foi f‌ixada como indeterminada.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a competencia obxectiva da Sala a respecto do procedemento.

O presente litixio foi tramitado na Sala tras a formulación do Auto de exposición razoada sobre falta de competencia obxectiva de data 30/12/2020 procedente do Xulgado do Contencioso nº 3 de Pontevedra, sen que se acordase def‌initivamente na Sala ningunha decisión acerca da proposta cursada, de xeito que como cuestión previa decidiremos esta cuestión, ao ser materia de orde público e polo tanto verif‌icable de of‌icio.

  1. Regras de contía para a determinación da competencia obxectiva.

    A Lei 29/1998, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa ( LXCA) indica no seu art. 8.3. que son competencia dos Xulgados do Contencioso os recursos: " que se deduzan fronte a disposicións e actos da Administración periférica do Estado e das comunidades autónomas, contra os actos dos organismos, entes, entidades ou corporacións de dereito público, cuxa competencia non se estenda a todo o territorio nacional e contra as resolucións dos órganos superiores cando conf‌irmen integramente os ditados por aqueles en vía de recurso, f‌iscalización ou tutela ".

    Aínda que esa é a situación en que se atopa encadrada a Tesourería Xeral da Seguridade Social ( Vid . STS de 12/6/2006), o mesmo precepto matiza a continuación que: " Exceptúanse os actos de contía superior a 60.000 euros ditados pola Administración periférica do Estado e os organismos públicos estatais cuxa competencia non se estenda a todo o territorio nacional, ou cando se diten en exercicio das súas competencias sobre dominio público, obras públicas do Estado, expropiación forzosa e propiedades especiais . "

    Nestes casos, entra en xogo a competencia residual das Salas do Contencioso dos TTSX, ao se indicar no art.

    10.1.m) que coñecerán como órgano de instacia de " Calquera outras actuacións administrativas non atribuídas expresamente á competencia doutros órganos desta orde xurisdicional. "

    No tocante as regras de determinación da contía, o art. 41.1. sinala que " A contía do recurso contenciosoadministrativo virá determinada polo valor económico da pretensión obxecto do mesmo ."

    Finalmente, o art. 42.2. parágrafo segundo establece que " Tamén se reputarán de contía indeterminada os recursos interpostos contra actos, en materia de Seguridade Social, que teñan por obxecto a inscrición de empresas, formalización da protección fronte a riscos profesionais, tarifación, cobertura da prestación de incapacidade temporal, af‌iliación, alta, baixa e variacións de datos de traballadores ".

    Debemos arestora determinar se pode deducirse un valor económico concreto cuantif‌icable no acto recorrido ou pola contra estamos diante dun asunto que por razón da concreta materia da Seguridade Social deba reputarse de contía indeterminada.

  2. A cuantif‌icación económica do litixio na impugnación de actos de encadramento nos diferentes réximes cotizatorios.

    Coñecida é a tensión entre as regras de determinación da contía previstas no art. 41 LXCA e as especialidades contidas no art. 42, que para o caso da materia da Seguridade Social sinala como indeterminada para aqueles casos en que o obxecto de recurso sexa a inscrición de empresas, formalización da protección fronte a riscos profesionais, tarifación, cobertura da prestación de incapacidade temporal, af‌iliación, alta, baixa e variacións de datos de traballadores . Durante os once anos de vixencia da redacción actual do precepto, operada pola Lei 13/2009, de 3 de novembro, a xurisprudencia modulou, non obstante, a atribución automática da consideración de contía indeterminada dos asuntos alí relacionados. Esta modulación tense producido de forma pouco sistemática e non sempre coa claridade que sería desexable para acadar unha certeza plausible na aplicación dunhas normas que inciden directamente non só na determinación da competencia obxectiva senón tamén no réxime de recursos dela derivado e aínda máis, nas consecuencias que para o/a cidadán/á ten en termos económicos a articulación xudicial das súas pretensións.

    En termos xerais, a modulación na interpretación da atribución directa nestes asuntos da contía como indeterminada vén condicionada pola hipotética existencia dun interese económico concreto cuantif‌icable de forma directa por relación a unha reclamación de cantidade derivada da propia resolución recorrida. Neste estado de cousas, cando existe ese interese económico concreto e ademais este interese constitúe o único obxecto do litixio, a tendencia xurisprudencial é a entender que o litixio ten unha contía determinada e determinable que ten como punto de partida esa cantidade; e dicimos punto de partida porque posteriormente cómpre aplicar as regras interpretativas -quer derivadas directamente da lei ( art. 41 e 42.1. LXCA), quer da interpretación xurisprudencial desta-, que depuren da cantidade inicial o que deba reputarse contía para os efectos do procedemento.

    Existen pola contra outros casos en que o asunto aparece desprovisto dunha posibilidade de determinación do seu interese económico de forma directa (sen que isto signif‌ique que non teña ese interese, xa que na inmensa maioría das pretensións xurisdicionais subxace este valor económico), normalmente porque se discute un cambio de situación xurídica da persoa interesada que proxecta os seus efectos para o futuro ou porque se trata do recoñecemento de dereitos que non teñen unha clara cuantif‌icación económica. Nestes casos é onde o recoñecemento da contía como indeterminada preséntase xurisprudencialmente como de f‌ixación máis incontestable.

    De todos modos, como prevención, faise preciso analizar cada grupo de supostos en función do litixio concreto para un correcto encaixe da contía e en consecuencia da determinación da competencia obxectiva, xa que as liñas interpretativas inferidas non son idénticas en todos os casos enunciados no propio art. 42.2. parágrafo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR