STSJ Galicia 154/2021, 16 de Abril de 2021

JurisdicciónEspaña
Fecha16 Abril 2021
Número de resolución154/2021

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00154/2021

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7028/2021

RECURRENTE: Alejandro

Procurador: AVELINO CALVIÑO GOMEZ

Letrado: PEDRO BLANCO LOBEIRAS

ADMINISTRACION DEMANDADA: TESORERIA GENERAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL (A CORUÑA)

Procurador:

Letrado: LETRADO DE LA TESORERIA DE LA SEGURIDAD SOCIAL

A Sección 003 de la Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrada e Maxistrados :

Juan Bautista Quintas Rodríguez

Cristina María Paz Eiroa

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 16 de abril de 2021.

ANTECEDENTES

DE FEITO

Primeiro-. Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna a resolución de data 29/8/2019, da Tesourería Xeral da Seguridade Social, que rexeita o recurso de alzada interposto contra a resolución de data 2/5/2019 pola que se denega o beneficio de redución de cotas como traballador autónomo.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes: existe unha xurisprudencia do TSXG a respecto da aplicación da redución prevista no RDL 4/2013 e no RDL 14/2013, que resulta de aplicación ao presente caso, en que o demandante ten a consideración de socio e administrador de sociedade mercantil e capitalista.

A demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  1. a demandante estivo de alta no RETA dentro dos cinco anos anteriores á data de alta comunicada, conforme se desprende da súa vida laboral;

  2. o demandante non recorreu nin a resolución de alta nin os recibos xirados no prazo dun mes polo que son actos firmes e consentidos.

  3. En calquera caso existe un prazo de reclamación de tres meses dende a falta de dedución indebida, como indica o art. 20.4. TRLXSS, en consecuencia estarían caducados os dereitos anteriores á mensualidade de decembro de 2018 e anteriores. O actor non demostra que o erro fose imputable á administración de aí esta excepción.

  4. O art. 31 do ETA non permite a redución a socios ou administradores de sociedades capitalistas, como é o caso.

Segundo-. Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, practicouse unicamente a documental que obra en autos, procedente do PO nº 477/2019, tramitado no Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Compostela.

A contía do procedemento fixouse como indeterminada.

Terceiro-. Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que:

- Alejandro deuse de alta como traballador autónomo na súa condición de socio administrador da empresa Resolve Soluciones Empresariales, SL con data 12/6/2018.

- Con data 23/4/2019 o interesado solicitou o recoñecemento de alta coas reducións e bonificacións previstas legalmene.

- Alejandro estivo previamente dado de alta no RETA durante o período comprendido entre o 1/10/2014 e o 30/4/2015, na actividade 7810 (actividades axencias de colocación).

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro. Pretensión actora e excepcións da administración. Lexislación aplicable e doutrina xurisprudencial.

Sostén a demandante que en virtude das medidas de fomento do emprego autónomo aprobadas a partir do ano 2013, lle corresponde, como consecuencia da alta cursada no RETA en tanto que traballador autónomo na súa condición de socio administrador da empresa Resolve Soluciones Empresariales, SL, cursada con data 12/6/2018, o acceso ás reducións na cota que lle foron denegadas pola TXSS.

A administración demandada indica que a solicitude non cumpre os requisitos substantivos de acceso á redución, ademais de proceder a unha reclamación extemporánea do dereito.

Analizaremos cada un dos argumentos separadamente, ordenándoos en función do seu carácter, comezando por aqueles que son excepcións que impiden entrar no fondo do asunto e posteriormente os que se ocupan da súa regulación substantiva.

  1. sobre a existencia de acto firme e consentido en relación á resolución de alta no RETA.

    Sostén a administración que o demandante non recorreu nin a resolución de alta nin os recibos xirados no prazo dun mes polo que son actos firmes e consentidos.

    Esta alegación, polo demais carente de acompañamento de fundamentación xurídica concreta no escrito de contestación, non pode ser admitida pola Sala, xa que o art. 26 TRLSS establece no seu apartado 3 que " O dereito á devolución de ingresos indebidos prescribirá aos catro anos, contados desde o día seguinte ao do seu ingreso". En semellantes termos, en relación á negación da situación de acto firme e consentido en relación á remisión de recibos de nóminas non recorridas, se ten pronunciado a STS nº 1489/2018 Recurso: 1394/2016 (ROJ: STS 3445/2018 - ECLI:ES:TS:2018:3445 ) no seu FX 5º, con cita de doutrina reiterada da Sala.

    O motivo debe ser rexeitado.

  2. Sobre o requisito da situación de alta no RETA nos cinco anos anteriores como condición de acceso á redución.

    Como primeiro motivo de oposición de fondo á pretensión actora, indica a TXSS que a demandante estivo de alta no RETA dentro dos cinco anos anteriores á data de alta comunicada, conforme se desprende da súa vida laboral, aspecto por outra banda non controvertido de contrario, polo que se ten como feito probado para todos os efectos, durante o período comprendido entre o 1/10/2014 e o 30/4/2015, na actividade 7810 (actividades axencias de colocación).

    Sobre esta dimensión fáctica, a TXSS apón a aplicación do art. 31 da Lei 20/2007, do Estatuto do Traballo Autónomo (LETA), que na redacción dada pola Lei 31/2015 esixe ou ben a primeira alta no RETA ou levar fóra do réxime máis de cinco anos.

    A demandada obvia que a redacción do art. 31 LETA vixente no momento de realizar a solicitude non é a que dá a Lei 31/2015, senón a da Lei 6/2017, que entra en vigor o 1/1/2018, con anterioridade á alta cursada no RETA polo demandante, sen que se establezan singularidades de dereito transitorio polos períodos anteriores, polo que a redacción relevante do precepto é a que dá a Lei 6/2017, que no seu art. 3 confire ao art. 31 LETA o seguinte teor literal: " 1. Os traballadores por conta propia ou autónomos que causen alta inicial ou que non estivesen en situación de alta nos 2 anos inmediatamente anteriores, a contar desde a data de efectos do alta, no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, terán dereito a unha redución na cotización por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, que quedará fixada na contía de 50 euros mensuais durante os 12 meses inmediatamente seguintes á data de efectos do alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda. ". Cómpre indicar asemade que as reformas posteriores do artigo conservan o requisito dos dous anos anteriores de ausencia de alta no RETA.

    Dado que a alta no RETA da que trae causa a solicitude da redución é de data 12/6/2018 e a anterior alta no RETA finalizou o 30/4/2015, cómpre concluír que o demandante cumpre co requisito temporal esixido na Lei para acceder...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR