STSJ Galicia 365/2020, 16 de Septiembre de 2020

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2020:5198
Número de Recurso15157/2019
ProcedimientoProcedimiento ordinario
Número de Resolución365/2020
Fecha de Resolución16 de Septiembre de 2020
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00365/2020

- Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2019 0000337

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015157 /2019 /

Sobre: HACIENDA MUNICIPAL Y PROVINCIAL

De D./ña. Soledad

ABOGADO ROGELIO GONZALEZ CARRACEDO

PROCURADOR D./Dª. LUIS ALBERTO DEQUIDT MONTERO

Contra D./Dª. CONCELLO DE SILLEDA (PONTEVEDRA)

ABOGADO MANUEL QUINTANS QUEIRUGA

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

DOLORES RIVERA FRADE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, dezaseis de setembro dous mil vinte.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15157/2019, presentado por Dº Soledad, representado polo procurador Sr. Dequidt Montero, dirixido polo letrado Dº González Carracedo, contra o acordo de26.12.2018 do Concello de Silleda. É parte a Administración demandada o CONCELLO DE SILLEDA, asistido polo avogado Quintans Queiruga.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía indeterminada.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é a resolucion de 26.12.2018 do Concello de Silleda, que eleva a definitivo o acordo de modificación da ordenanza fiscal do IBI, aprobada no pleno de 16.11.2018.

A modificación da ordenanza estableceu unha bonificacion do 50% do IBI para as construccións en solo rústico indispensables para ..... O interventor do Concello fixera un informe contrario á modificación.

SEGUNDO

O recurso baséase en: a) infracción do art. 74.2 LFL, b) incumprimento do art. 15 e ss RDL 2/2004: non se respetou o período de exposición pública de 30 días, non se publicou o texto íntegro da modificacion da ordenanza, c) non se atenderon ás alegacións presentadas contra a aprobación inicial da ordenanza.

O Concello opón que a modificacion tiña por obxecto resolver unha situación inxusta, e verbo do defectos formais, as alegacións da recorrrente tiveron entrada no rexistro do Concello o 27.12 cando, o 26 remitírase a modificacion para publicación no BOP.

Compre resolver, con caracter previo, os atrancos formais, de procedemento, denunciados no recurso.

Vebo da alegación de exposición ó público polo período de UN MES e non de 30 días. O letrado do Concello recoñece este defecto - parece xustificalo na necesidade de que a modificación da Ordenanza se publicara antes do remate do ano-, mais considera que, dado que a recorrente formulou alegacións, carece de relevancia.

O artigo 17.1 RDL 2/2004 impón que, logo da aprobación provisional da modificación dunha ordenanza fiscal, debe facerse unha exposición ó público durante un perídodo MINIMO DE 30 DÍAS, para que os interesados poidan examinalo expediente e facer alegacións. Resulta evidente a diferencia final, no cómputo dos días a dispor dos interesados, que resulta de establecer un prazo de un mes ( computado consonte o artigo 30.4 Lei 39/2015 ) ou un prazo de 30 días ( computados consonte co art. 30.3 e, tendo en conta, o que dispón o núm.2 do mesmo texto legal: exclusión dos sábados-domingos e festivos ).

Da propia contestación á demanda e da tramitación do expediente de modificación da ordenanza, resulta que o Concello de Silleda, ó aplicalo prazo de UN MES por unha banda, limitou os dereitos dos interesados a facer alegacións e, por outra, conseguiu que a modificación da Ordenanza entrara en vigor para o exercicio fiscal do ano 2020, o que non podería ser, de seguila tramitacion regular consonte as esixencias legais. Recoñecer esta finalidade - por parte do Concello- supón recoñecer que o incumprimento legal foi voluntario e, polo tanto, que actuou de mala fe ( no sentido de incumprir voluntariamente as esixencias legais, adaptándoas ós seus intereses - aínda que estes tiveran coma fin atender a un posible prexuizo dalgúns veciños ).

Compre determinar a relevancia deste incumprimento e se, en por si, é causa suficiente para acollelo recurso.

Coma indica a doutrina, omitilo trámite de audiencia, omitir a exposición do acordo no taboleiro de edictos así como mediante os anuncios, implica trasgresión do ordenamento xurídico que,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR