STSJ Galicia 335/2020, 1 de Julio de 2020

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2020:4469
Número de Recurso15002/2020
ProcedimientoRecurso de apelación
Número de Resolución335/2020
Fecha de Resolución 1 de Julio de 2020
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00335/2020

-N56820

PLAZA GALICIA S/N

Teléfono: 881881125-881881123 Fax: 881881126

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

IL

N.I.G: 15078 45 3 2019 0000057

Procedimiento: AP RECURSO DE APELACION 0015002 /2020

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. SERVIZO GALEGO DE SAUDE

Representación D./Dª.

Contra D./Dª. SOCIEDADE CONCESIONARIA NOVO HOSPITAL DE VIGO SA

Representación D./Dª. BENJAMIN VICTORINO REGUEIRO MUÑOZ

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, un de xullo dous mil vinte.

No recurso de APELACION que, co número 15002/2019, presentado polo SERIZO GALEGO DE SAÚDE , representado e dirixido polo letrado dos seus servizos xurídicos, contra a sentenza 257/2019 do XULGADO DO CONTENCIOSO NÚM.2 de Santiago de Compostela. É parte demandada a SOCIEDADE CONCESIONARIA NOVO HOSPITAL DE VIGO SA, representada polo procurador Sr. Regueiro Muñoz e asistida polo letrado Sr. Parada Gimeno.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

O Xulgado do Contencioso núm.2 de Santiago ditou a sentenza 257/19 que acollía o recurso contencioso administrativo contra o rexeitamento por silencio da reclamación presentada o 30.05.2018 e a resolución expresa de 06.03.2019 anulándoa e condenando ó SERGAS ó pagamento de 5.737.407,27 euros e custas.

SEGUNDO

Formulou un recurso de apelación solicitando a súa revogación .

O letrado da Concesionaria opúxose ó recurso.

TERCEIRO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 5.737.407,27 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

Concordamos con fundamentos xurídicos da sentenza de Instancia.

Faremos un resumo dos feitos dos que partir para clarificalo debate; no contrato de concesión asinado entre o SERGAS e a SOCIEDADE CONCESIONARIA NOVO HOSPITAL DE VIGO SA pactouse o pagamento, por parte do SERGAS, dunha cantidade máxima anual (o concesionario tamén percibía ingresos de terceiros ) determinada cunha formula matemática; as facturas xiraríanse mensualmente e non se determinaba o IVE.

En febrero de 2018 a AEAT iniciou actuaciones de inspección contra a concesionaria en relación co IVE aplicado ás facturas xiradas ó SERGAS, asinándose acta de conformidade: IVE do 21% e non do 10%.

Facturas rectificativas ( anos 2015-16-17 ) xiradas ó SERGAS aplicando o IVE do 21%.

A sentenza de instancia desbota as pretensión do SERGAS: a) indefensión ó non ser parte no expediente de inspección tributaria, b) non existe identidade coa STS 16.12.2013 nin impedimento na Lei de Contratos nin no prego e c) procede a rectificación das facturas.

O letrado do Sergas insiste nos seus argumentos e considera: a) que a sentenza de Instancia non ten en conta a indefensión sufrida ó non ser parte no procedemento de inspección, b) non é aplicable o art. 88.1 Lei 37/1992 debendo prevalecelo prego de clausulas administrativas do contrato e c) aplicación incorrecta do art. 89.3 Lei 37/1992 e da xurisprudenza que o aplica.

O letrado da sociedade concesionaria rebate estes argumentos.

SEGUNDO

Verbo da 1ª cuestión: indefensión ó non ser parte no procedemento de inspección por causa imputable á sociedade concesionaria.

É certo que, a sentenza de instancia, non fai un pronunciamento expreso verbo desta cuestión; mailo dito, considera que calquera tipo de indefensión podería ter solución coa reclamación contra a repercusión do imposto.

Non só concordamos con este razoamento : o art. 227.4.a) Lei 58/2003 autorizaba ó SERGAS a cuestionar, ante o TEAR, a repercusión do IVE do 21% das facturas rectificativas, cousa que non fixo, perdendo a oportunidade de facelas alegacións que, segundo a súa versión, non puido facer ante a Inspección de Tributos e que, deducimos, terían mudado o criterio da AEAT; senón que a indefensión, de concorrer, non sería imputable á CONCESIONARIA senón á INSPECCIÓN DE TRIBUTOS e, debería, no seu caso, accionar contra os actos ditados pola inspección de Tributos e non imputarlle responsabilidade a quen sufre as actuacións da AEAT.

Coma indica o letrado da Concesionaria, é criterio do TEAC que, a relación xurídico tributaria que xurde no momento do inicio de actuacións de comprobación/inspección, son únicas entre a AEAT e o suxeito pasivo do imposto, sen que sexa parte lexitimada un terceiro a quen poida afectala liquidación a ditar.

Aínda que poidamos cuestionar esta doutrina- art. 41.2 da Carta de Dereitos Fundamentais da Union Europea e art. 4 Lei 39/2015 - DA 1ª- o certo é que, no seu caso, era a Inspección de Tributos quen debería ter chamando ó SERGAS coma interesado, sen que a Concesionaria teña facultades de disposición ó respecto, polo que é indiferente que lle comunicara ou non a existenza do expediente de inspección tributaria e a vontade de asinalo acta en conformidade.

Verbo deste punto, a documental xuntada ó recurso de apelación, acredita que o SERGAS coñecía a existenza das actuacións da inspección de Tributos, polo que, puido, de consideralo pertinente, intentar acceder ás actuacións e non o fixo.

A todo esto engadimos o xa dito: o SERGAS contaba con outra vía para cuestionala repercusión do IVE ( das facturas rectificativas ): reclamación económico administrativa ante o TEAR ( O Tribunal Supremo ha estimado a competencia da xurisdición civil na materia cando o obxecto do debate exposto entre as partes ten natureza civil e a incursión no tema do IVE/IVE é algo accesorio , pero declarou que cando se discute tan só o tema tributario, sen carácter accesorio respecto de unha cuestión civil, e, en particular, a procedencia ou non da repercusión, o seu prazo e as condicións da factura, non son os Tribunais civís os competentes para resolver a controversia, en atención ao disposto polo art. 88.6 da LIVA .Así se pronunciaron, entre outras, as SSTS de 26 maio 1993 ( RJ 1993, 3981) , Recurso núm. 3156/1990 , 3 novembro 1995 ( RJ 1995, 8074) , Recurso núm. 1338/1992 , 2 outubro 2001 ( RJ 2001, 7140) , Recurso de Casación núm. 1707/1996 , 29 xuño 2006, Recurso núm. 3762/1999 , 30 xaneiro 2009 ( RJ 2009, 1115) , Recurso de Casación núm. 2794/2003 e 17 de novembro de 2010 ( RJ 2010, 9162) , Recurso de Casación núm. 1812/2006 . ), onde podería ter feito tódalas pretensións que consideraba de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR