STSJ Galicia 296/2020, 1 de Julio de 2020

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2020:4439
Número de Recurso15452/2019
ProcedimientoProcedimiento ordinario
Número de Resolución296/2020
Fecha de Resolución 1 de Julio de 2020
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00296/2020

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2019 0000990

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015452 /2019 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. SUMINISTROS PETROLIFEROS GALLEGOS Y SERVICIOS SA

ABOGADO NURIA PUEBLA AGRAMUNT

PROCURADOR D./Dª. JOSE MANUEL LADO FERNANDEZ

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

DOLORES RIVERA FRADE-PTE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, un de xullo dous mil vinte.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15452/2019, presentado por SUMINISTROS PETROLÍFEROS GALLEGOS Y SERVICIOS SA, representado polo procurador Sr.Lado Fernández, dirixido polo letrado DªPuebla Agramunt, contra o acordo de30.04.2019 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 3.600 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 30.04.2019 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a sanción 15-2016-000455: constataron discrepancias entre as existenzas que resultan dos libros ( a 29.02.2008): 593,29 litros e as existentes físicamente 630; mailo dito, a sanción é por non levar, trimestralmente, os libros de existenzas de impostos especiais: listados informátivos que constitúen os libros regulamentarios ( art. 200 LXT ).

A empresa solicitara a baixa do establecemento o primeiro trimestre do ano 2015 ( 28.01.2015 ), se ben estaba pechado anos antes ( dende finais do 2008 ).

A Administración considera que esta circunstancia non exclúe que deban seguir cumprindo cos obrigas de contabilización- Art. 44.5 RIIEE- en tanto non se conceda a autorización de peche ( o que non é posible, en tanto, se manteñan existenzas ). De feito, o 14.01.2014 solicitara a renovación da inscripción de almacén fiscal.

A sanción son polos períodos - non prescritos- anteriores ó 2º T do 2015.

SEGUNDO

O recurso baséase na: a) falta de motivación do acordo sancionador, b) non concorre o elemento subxectivo do tipo e interpretación razoable da normativa.

O abogado do Estado rebate as pretensións do recorrente.

Para resolvela controversia partirmos de que a recorrente era titular dun establecemento, inscrito no rexistro de impostos especiais, dende o 28.01.2000, co CAE ES00036HF041V e somento a control específico non permanente- art. 46 RD 1165/1995.

Dende marzo de 2008 carece de movementos, e a 31.03.2008 as existenzas que reflectía a súa contabilización eran 272,16 litros de Gasóleo de automoción e 329,86 litros de gasóleo bonificado.

O 14.01.2014 solicitara a renovación da inscripción coma almacén fiscal.

O 28.01.2015 solicita a baixa.

Na dilixencia de reconto de existenzas de 21.04.2015 contabilizan: a) 100 litros de gasóleo A, b) 450 litros de gasóleo C e c) 180 litros de gasóleo B.

Logo do peche dos libros no ano 2008 non formularon declaración - trimestral- das existenzas.

A resolución sancionadora reflicte que: trala consulta de BUNADET se constata que a empresa co CAE ES00036HF041V non presentou a dilixenciar os libros do 1T do 2014, incumprindo a obriga do art. 50.2 RD 1165/1995, cousa que mantivo, mailo requerimento de 17.05.2015. Logo extende a imputación a tódolos trimestres non prescritos.

Do dito e coma conclusión podemos establece coma feitos indubidables que o recorrente non solicitou a baixa do establecemento ata o 28.01.2015, e aínda que dispoñia de existenzas ( podemos cualificalas coma residuais ) non formulou as declaracións trimestrais de existenzas que lle esixe o art. 44.5 RIIEE.

Con este datos debemos resolvelas cuestións suscitadas.

O recorrente considera que a resolución sancionadora de 23.09.2016 non está motivada, subliñando as lagoas na redacción dos feitos.

Verbo da motivación das sancións; A potestade sancionadora da Administración, que, lonxe de ser excluída pola CE, se encontra admitida no seu artigo 25, apartado terceiro, áchase sometida a unha serie de límites dimanantes do principio de legalidade e equivalentes, na práctica, aos dereitos subxectivos dos cidadáns. A este respecto, a Sentenza do Tribunal Constitucional 77/1983, do 3 de outubro, sitúa tales límites en: "a) a legalidade, que determina a necesaria cobertura da potestade sancionadora nunha norma de rango legal, coa consecuencia do carácter excepcional que os poderes sancionatorios en mans da Administración presentan; b) a interdición das penas de privación de liberdade, ás que pode chegarse de modo directo ou indirecto a partir das infraccións sancionadas; c) o respecto dos dereitos de defensa, recoñecidos no artigo 24 da Constitución, que son de aplicación aos procedementos que a Administración siga para imposición de sancións, e d) finalmente, a subordinación á autoridade xudicial.

Coma tamén indica a STS 06.06.2012: «As garantías procesuais constitucionalizar no artigo 24.2 CE son de aplicación ao ámbito administrativo sancionador... na medida necesaria para preservar os valores esenciais que se encontran na base do precepto, e a seguridade xurídica que garante o artigo 9 CE; ... entre as que, sen ánimo de exhaustividade, cabe citar o dereito á defensa, que proscribe calquera indefensión; o dereito á asistencia letrada, traslada¬ble con certas condicións; o dereito a ser informado da acusación, coa ineludible consecuencia da inalterabilidade dos feitos imputados; o dereito á presunción de inocencia, que implica que a carga da proba dos feitos constitutivos da infracción recaia sobre a Administración, coa prohibición da utilización de probas obtidas con vulneración de dereitos fundamentais; o dereito a non declarar contra si mesmo; e en fin o dereito a utilizar os medios de proba axeitados para a defensa do que se deriva que vulnera o artigo 24.2 CE a denegación inmotivada de medios de proba ( SSTC 7/1998 e 272/2006.

Sobre o particular e alcance do deber de motivar, sinala a Sentenza T.S.J. Cataluña 22/2011, do 13 de xaneiro (recurso 751/2007) o seguinte:

"A sentenza do Tribunal Constitucional 100/87, do 12 de xuño, determina que deber de motivar as resolucións non esixe da autoridade decisoria "unha exhaustiva descrición do proceso intelectual que a levou a resolver nun determinado sentido, nin lle impón unha determinada extensión, intensidade ou alcance no razoamento empregado, senón que para o seu cumprimento é suficiente que conste de modo razoablemente claro cal foi o fundamento en dereito da decisión adoptada, criterio de razonabilidad que ha de medirse caso por caso, en atención á finalidade que coa motivación ha de lograrse... " (en igual sentido SSTC 196/1998, do 24 de outubro; 25/1990, do 19 de febreiro), pois, como afirma o ATC 951/1986, do 12 de novembro, "unha cousa é a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR