STSJ Galicia 211/2020, 15 de Mayo de 2020

JurisdicciónEspaña
Número de resolución211/2020
Fecha15 Mayo 2020

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00211/2020

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2019 0000675

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015332 /2019 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Julio

ABOGADO CARMEN MARIA GOMEZ DOCAMPO

PROCURADOR D./Dª. PATRICIA DIAZ MUIÑO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

DOLORES RIVERA FRADE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, quince de maio dous mil vinte.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15332/2019, presentado por Dº Julio, representado polo procurador Sra. Díaz Muiño, dirixido polo letrado DªGomez Docampo, contra o acordo de 21.02.2019 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía indeterminada.

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 21.02.2019 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación /sanción IRPF anos 2010-11-12: axente de zona do grupo Lito.

SEGUNDO

O recurso baséase na: a) nulidade do actuado o ser anuladas as probas documentais obtidas do grupo lito, b) a actividade de representación musical a realizaba a Sra. Bernarda ( conxuxe do recorrente ), b) procedía aplícalo sistema de estimación indirecta, c) vulneración da presunción de inocencia e d) non concorre a utilización de medios fraudulentos.

O letrado do Estado rebate estas pretensións.

Compre resolvelos diversos motivos suscitados; verbo do A - NULIDADE DAS PROBAS.

A sentenza 31/2019 non ten a relevancia pretendida polo recorrente: a) non anula a autorización de entrada - firme- outorgada polo Xuiz do contencioso, b) limítase a subliña-las irregularidades - dende a óptica penal- para fundamentala absolución dos acusados, sen que estes pronunciamentos predeterminen o resultado das inspeccións tributarias seguidas, nin tampouco, a sentenza contencioso administrativa que se poida dictar.

Coma indica o letrado do Estado, esta Sala ten dito noutras actuacións que, unha vez a empresa obxecto de autorización de entrada non a recorre e consinte en que acade a firmeza, os terceiros non teñen lexitimación para impugnalo acto ó non selos titulares do dereito do art. 18 CE.

Así dixemos ( e ratificamos no actual procedemento ): Falarmos dunha resolución xudicial ditada noutro procedemento - en realidade auxiliar dunha actuación doutro procedemento- que é firme ó non formularse recurso de apelación ante o TSX galiza ( art. 80.1.d LXCA ), sen que sexa posible, polo tanto, entrar a avaliar no actual procedemento a legalidade do acordado polo Xuiz do contencioso de ...... O único titular do dereito do artigo 18.2 CE é a XXXXX, que era a única que podía entender vulnerada a sua intimidade domiciliaria por unha resolución xudicial potencialmente nula ( por falta de competencia territorial do xuiz do contencioso de ....; os demais motivos non serían asumible o non falarmos dunha dilixencia de entrada e rexistro acordado polo xuíz de instrucción ). ....

Verbo do outro submotivo: utilización das probas obtidas para fins distintos dos previstos na autorización xudicial.

O recorrente sostén que dado que o auto concedérono para actuacións relativas ó Imposto de sociedades, IVE e retencións IRPF traballo/profesionais do GRUPO LITO a documentación que se atopou non pode ser utilizada contra terceiros.

Compre salientar que non estarmos ante actuacións penais e autos de entrada/rexistro ditas polo xuíz de instrucción senón ante a autorización do art. 8.6 LXCA no curso dunhas actuacións administrativas e reiteramos que os terceiros - reseñados na facturación B - non son titulares do dereito do artigo 18.2 CE, polo que non tiñan porque ser mencionado no auto que autoriza a actuación da Inspeccion nas oficinas da XXXX, polo que dito auto non é o termo de comparación válido para avaliar o uso que poidera facerse da documentación. En modo ningún é de aplicación a STSX Cataluña de 28.09.2006 que se cita, xa que dita sentenza anula as actuación pola nulidade previa do auto de entrada, nin tampouco as reiteradas referencias a sentenzas penais e a dilixencias de entrada/rexistro e intervención de comunicacións autorizadas polo xuíz de instrucción que nada teñen que ver co caso presente.

Retomando a cuestión, non se albisca en que medida a inspección puido vulneralos dereitos do recorrente cando, tralo exame da documentación da XXXX - art. 171 RD 1065/2007- e determinar que existía unha contabilidade B inicia novas actuacións contra os AXENTES DE ZONA E MÚSICOS e achega o soporte documental correspondente ; inicio de actuacións que cumpren coas esixencias do art. 178 RD 1065/2007 polo que non concorre o motivo de nulidade alegado.

Dentro das facultades/obrigas da inspección están a de obter información con trascendencia tributaria e esto pode acontecer en actuacións con autonomía propia ( requerimentos de información - art. 55 RD 1065/2007- que no caso do artigo 57 no esixen a notificación ó obrigado tributario ) ou no curso dunha actuación inspectora contra un terceiro, sen que ningún precepto esixa a presencia do afectado ( futuro ), quen poderá defenderse nas actuacións que poidan iniciarse na súa contra, achegando probas que poidan contradicir a documentación que achega a inspección, do que se deriva que rexeitemos este motivo.

Ó dito só compre engadir que, coma indica o letrado do Estado, que a xurisprudenza do TS - S 06.04.2016- autoriza, en supostos coma o presente, a utilizala documentación obtida - achado casual- aínda que non fose a inicialmente indicada no auto de entrada, sen que esto xere indefensión.

Indefensión que, no seu caso, só podería denúncialo grupo lito e non os terceiros que non eran titulares do art. 18 CE.

O auto de entrada - do xuiz do contencioso- dirixíase a documentación relativa ó I.Sociedades e IVE, e para liquidar un e outro é preciso contar coas facturas pertinentes e contabilidade: oficial/extraoficial, e falarmos de datos que afectan necesariamente a terceiros; terceiros que non poden ser coñecidos antes de acceder a dita documentación, resultando, polo demais, lóxico que a regularización do grupo lito carrete a dos clientes, axentes, membros das orquestras, xa que a relación comercial bilateral xera efectos tributarios para ámbalas dúas partes; efectos que só se poden presumir antes da solicitude de entrada.

Non se albisca en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STS 1027/2021, 14 de Julio de 2021
    • España
    • Tribunal Supremo, sala tercera, (Contencioso Administrativo)
    • 14 Julio 2021
    ...dictada por la Sección Cuarta de la Sala de lo Contencioso- Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, en el recurso nº 15332/2019. Es parte recurrida la ADMINISTRACIÓN GENERAL DEL ESTADO, representada y defendida por el Abogado del Ha sido ponente el Excmo. Sr. D. Francis......
  • ATS, 11 de Diciembre de 2020
    • España
    • 11 Diciembre 2020
    ...2020 por la Sección Cuarta de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia (" TSJ") de Galicia en el recurso 15332/2019, en materia referente al Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas ("IRPF"), ejercicios 2010 a 2012, y Tras justificar la concurrencia ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR