STSJ Galicia , 6 de Marzo de 2020

PonenteCARLOS VILLARINO MOURE
ECLIES:TSJGAL:2020:1516
Número de Recurso3796/2019
ProcedimientoRecurso de suplicación
Fecha de Resolución 6 de Marzo de 2020
EmisorSala de lo Social

TSJ SALA DO SOCIAL A CORUÑA

PLAZA DE GALICIA S/N

15071 A CORUÑA

Tfno: 981-184 845/959/939

Fax: 881-881133/981184853

Correo electrónico:

NIG: 32054 44 4 2017 0002049

Equipo/usuario: MC

Modelo: 402250

RSU RECURSO SUPLICACION 0003796 /2019 - AG

Procedimiento origen: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000502 /2017

Sobre: OTROS DCHOS. LABORALES

RECURRENTE/S D/ña Clemente

ABOGADO/A: CELIA PEREIRA PORTO

RECURRIDO/S CONCELLO DE OURENSE (OURENSE)

ABOGADO/A: ROSA MARIA VAZQUEZ FERNANDEZ (FAX 988 388 191)

ILMO SR. D. ANTONIO J. GARCIA AMOR

ILMA SRª Dª BEATRIZ RAMA INSUA

ILMO SR. D. CARLOS VILLARINO MOURE

Na Coruña, o seis de marzo de dous mil vinte

Tras ver as presentes actuacións e logo de deliberar sobre elas, a SALA DO SOCIAL DO TSX DE GALICIA, de acordo co previsto no artigo 117.1 da Constitución Española,

EN NOME DE S.M. O REI

E POLA AUTORIDADE QUE LLE CONFIRE

O POBO ESPAÑOL

pronunciou a seguinte

S E N T E N Z A

No RECURSO DE SUPLICACIÓN 3796/2019, formalizado pola avogada dona Celia Pereira Porto, en nome e representación de don Clemente, contra a sentenza número 230/2019 ditada polo XULGADO DO SOCIAL NÚMERO 3 DE OURENSE no PROCEDEMENTO ORDINARIO 502/2017, seguidos por instancia de don Clemente contra o CONCELLO DE OURENSE (OURENSE), sendo maxistrado relator o Ilmo. Sr. CARLOS VILLARINO MOURE.

Das actuacións dedúcense os seguintes:

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Don Clemente presentou unha demanda contra o CONCELLO DE OURENSE (OURENSE), que por quenda foi repartida para o seu coñecemento e axuizamento ao sinalado Xulgado do Social, o cal ditou a sentenza número 230/2019, do día oito de abril de dous mil dezanove.

SEGUNDO

Na sentenza recorrida en suplicación recolléronse os siguintes feitos probados: PRIMERO.- El actor prestaba servicios para el Concello como Arquitecto técnico del 19-10-09 al 16-9- 11 y del 27-9-11 al 26-9-17 con actas de posesión que constan en autos y que se dan por reproducidas para desempeño interino de funciones de aparejador del Concello y anteriormente había facturado trabajos como honorarios de asistencia técnica como arquitecto técnico para el departamento de rehabilitación, urbanización y promoción de la vivienda de diciembre 2007 a octubre 2009. El salario que percibía era de 2.862,93€ incluida pagas extras. SEGUNDO.- En fecha de 19-9-2017 se le entrega comunicación de que el 26-9-17 finaliza el plazo de 6 años para la duración de la su interinidad como aparejador del Concello. TERCERO.- En fecha de 9-2-18 se dicta sentencia por el Juzgado de lo social nº4 que se da por reproducida y que es confirmada por el TSJ Galicia en fecha 9-10-18. CUARTO.- En fecha de 11-7-18 se presentó demanda.

TERCEIRO

Na sentenza recorrida en suplicación emitiuse o seguinte fallo: Que estimando las excepciones alegadas por el CONCELLO DE ORENSE debo desestimar la demanda presentada por Clemente, absolviendo al demandado de los pedimentos deducidos en su contra.

CUARTO

Contra a dita sentenza interpuxo a parte demandante o recurso de suplicación, que foi impugnado de contrario. Elevados os autos a este Tribunal, dispúxose o seu paso ao relator e, tras a deliberación correspondente, pronunciouse esta sentenza.

Á vista dos anteriores antecedentes de feito, esta Sección de Sala formula os seguintes

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Aproximación xeral ao obxecto do recurso

A sentenza de instancia rexeitou a demanda presentada, na que se solicitaba que " se declare que a relación laboral existente entre as partes é de carácter fixo ou indefinido desde o seu inicio, o 16/12/2017 ". A sentenza de instancia rexeitou a demanda por apreciar as excepcións de falta de acción e falta de xurisdición.

A parte demandante recorreu en suplicación, ao amparo do art. 193 a) e c) da LRXS, solicitando o acollemento do recurso e a revogación da sentenza de instancia por infrinxir normas do procedemento causantes de indefensión, así como que se repoñan os autos ao momento anterior a pronunciarse sentenza e que, resolvendo sobre o fondo do asunto, " se declare que existe unha relación laboral entre as partes de carácter fixo ou indefinido, desde o seu inicio, o 16/12/2007". E, subsidiariamente, a revogación da sentenza de instancia co ditado dunha máis axustada a dereito, pola que se acolla a demanda e se declare que " existe unha relación laboral entre as partes, de carácter fixo ou indefinido, desde o seu inicio, o 16/12/2007".

A parte demandante impugnou o recurso, instando ao seu desacollemento.

SEGUNDO

Motivos de recurso ao amparo do art. 193 a) e c) da LRXS

A parte demandante articula un motivo de recurso ao amparo do art. 193 a) da LRXS, sinalando que se infrinxiron normas do procedemento e que isto lle causou indefensión. En concreto, sinálase que se infrinxiron os arts. 1.1 do ET, 2 a) da LRXS, e 6.4 do CC, en relación co art. 24.1 da CE, e cítase tamén xurisprudencia constitucional sobre o particular. Arguméntase que non concorre a falta de acción apreciada na instancia, xa que no momento de presentarse a demanda a relación laboral estaba viva. Doutra banda, entende que non concorre a falta de xurisdición apreciada na instancia, pois o coñecemento da existencia dunha relación laboral, correspóndelle á xurisdición social; e, en todo caso, non existe a cousa xulgada, pois a acción exercitada é de recoñecemento de dereito e non de despedimento.

En segundo lugar, a parte articula un motivo de recurso do art. 193 c) da LRXS, entendendo que existe infracción dos arts. 1.1 do ET, 2 a) da LRXS e 6.4 do CC, en relación co art. 24.1 da CE. Arguméntase que existiu unha relación por conta allea de carácter laboral desde o 16 de decembro de 2007.

A parte demandada, na súa impugnación, oponse ao acollemento de ambos os motivos de recurso, por entender que son correctas as excepcións apreciadas na instancia e que non concorre a censura xurídica esgrimida.

Pois ben, debemos confirmar a sentenza de instancia, en canto á excepción de falta de xurisdición nela apreciada. Todo iso sen prexuízo de realizar as seguintes consideracións:

(1) Entendemos que o correcto sería determinar en primeiro lugar a existencia ou non de competencia desta orde xurisdicional social e non a falta de acción.

En todo caso, en relación coa falta de acción apreciada na instancia, en sentido estrito non concorre se atendemos ao art. 17.1 da LRXS en relación cos arts. 410 e 411 da LAC.

A parte accionou en virtude dun interese lexítimo -art. 17.1 LRXS-, por canto pretendía que se declarase que a relación xurídica, existente no momento de presentación da demanda -cuestión que a sentenza de instancia establece e que non se discute- era laboral, todo iso cunha determinada antigüidade.

En tal sentido, co art. 411 da LAC as alteracións que unha vez iniciado o proceso se produzan en relación co obxecto de xuízo non modificarán a xurisdición e a competencia, sendo o momento de presentarse a demanda o inicial da litispendencia -art. 410 LAC-. E no momento de presentarse a demanda, a relación xurídica estaba viva, e por tanto, en principio, a parte tería un interese lexítimo na súa cualificación. Ademais, o cambio de circunstancias posterior á demanda -a extinción da relación xurídica que resulta das sentenzas recollidas no feito probado terceiro- non priva dun interese lexítimo á parte con respecto á cualificación da relación xurídica -art. 413 LAC-, pois tal cualificación da relación xurídica podería ter outros efectos incluso unha vez extinguida a relación laboral, por exemplo a reclamación de dereitos froito do cómputo dunha determinada antigüidade ou da aplicación dun determinado convenio, etc.

(2) Agora ben, cuestión distinta é se esta orde xurisdicional social é ou non competente para determinar se a relación xurídica existente entre as partes no momento de presentarse a demanda -12 de xullo de 2017- era laboral, dado que a parte actora desde o 19-10-2009 era funcionario interino.

En tal sentido, a sentenza do TSX de Galicia do 9 de outubro de 2018, cuxa firmeza non se discute e que figura nos autos, confirmou a sentenza do Xulgado do Social núm. 4 de Ourense, do 9 de febreiro de 2018 -feito probado terceiro-, e de ambas resulta que a parte actora ten desde 2009 a condición de funcionario interino, o que produce efecto positivo de cousa xulgada nestes autos, co art. 222.4 da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR