SAP Pontevedra 11/2020, 11 de Marzo de 2020

PonenteMIGUEL ARAMBURU GARCIA-PINTOS
ECLIES:APPO:2020:3
Número de Recurso30/2016
ProcedimientoProcedimiento sumario ordinario
Número de Resolución11/2020
Fecha de Resolución11 de Marzo de 2020
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 4ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 4 PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00011/2020

- ROSALIA DE CASTRO,Nº 5 - PALACIO DE JUSTICIA

Teléfono: 986805137/36/38/39 Correo electrónico:

Equipo/usuario: MA Modelo: N85850

N.I.G.: 36057 48 2 2016 0000243

PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000030 /2016

Delito: HOMICIDIO

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL, Florinda Procurador/a: D/Dª, OLGA CASABLANCA GARCIA

Abogado/a: D/Dª, ANGELES MARGARITA GIMENEZ LAGO Contra: Julio

Procurador/a: D/Dª ISABEL DOMINGUEZ QUINTAS Abogado/a: D/Dª ALEJANDRO VEGA VAZQUEZ

SENTENZA Nº11/20

MAXISTRADOS/A

Don José Juan Barreiro Prado

Dona María Rosario Cimadevila Cela

Don Miguel Aramburu García-Pintos (Relator)

Pontevedra, a once de marzo de dous mil vinte

Foi visto pola Sección 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra o procedemento ordinario levado nesta sección co número 30 de 2016, seguido polo delito de asasinato en grao de tentativa, no cal foron partes:

1. Como acusado, don Julio, de nacionalidade portuguesa, con carta de identidade portuguesa NUM000, nado o día NUM001 de 1959, f‌illo de Pablo e de Violeta, representado pola procuradora dona María Isabel Domínguez Quintas e defendido polo avogado don Alejandro Vega Vázquez.

2. Como acusación particular, dona Florinda, representada pola procuradora dona Olga Casablanca García e defendida pola avogada dona Ángeles Margarita Giménez Lago.

3. O Ministerio Fiscal, que interveu sostendo a acusación.

Actuou como relator o maxistrado Miguel Aramburu García- Pintos.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

As presentes actuacións foron instruídas polo Xulgado de Violencia sobre a Muller de DIRECCION000, que ditou un auto de procesamento contra Julio, e, concluído o sumario, o procesamento foi conf‌irmado por esta Audiencia Provincial, que acordou a apertura do xuízo oral por medio dun auto ditado o día 12 de xuño de 2018.

Unha vez dado o traslado para a cualif‌icación, o Ministerio Fiscal presentou un escrito de conclusións provisionais nos seguintes termos: é autor o acusado, a teor dos artigos 27 e 28 do Código penal, dun delito de asasinato en grao de tentativa dos artigos 139.1.1º, 15, 16.1 e 62 do Código penal, concorre nel a circunstancia agravante de parentesco do artigo 23 do Código penal e, en consecuencia, procede imporlle a pena de prisión de 12 anos e inhabilitación absoluta durante o tempo da condena. Así mesmo, conforme ao artigo 57 do Código penal, solicita que se impoña ao acusado a prohibición de aproximarse a unha distancia non inferior a 500 metros respecto da señora Florinda, do seu domicilio, lugar de traballo ou lugares que esta frecuente, e de comunicarse con ela por calquera medio, e todo isto por un período de tempo superior en dez anos á pena de prisión. Para o cumprimento desta pena solicitou o control mediante pulseira telemática para aqueles períodos en que o acusado non estea ingresado de forma efectiva nun centro penitenciario.

En concepto de responsabilidade civil, o Ministerio Fiscal solicitou que o acusado indemnice a Florinda na contía de 500 euros polas lesións físicas, 4500 euros polas secuelas das lesións físicas, 5500 euros polas lesións psíquicas, que tardaron en curar 180 días de prexuízo persoal básico, e 4500 euros polas secuelas psíquicas. Así mesmo, o acusado deberá indemnizar o Servizo Galego de Saúde (Sergas) na contía de 779,30 euros pola atención médica subministrada a Florinda .

As cantidades f‌ixadas como responsabilidade civil deberán ser incrementadas segundo dispón o artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Finalmente, o Ministerio Fiscal solicita que se impoña ao acusado o aboamento das custas procesuais.

A acusación particular presentou un escrito de conclusións provisionais polo que solicitaba a condena do acusado como autor dun delito de asasinato en grao de tentativa dos artigos 139.1.1º, 16 e 62 do Código penal, e, concorrendo a circunstancia mixta de parentesco como agravante, pediu a imposición dunha pena de 14 anos de prisión, accesoria de inhabilitación absoluta polo tempo da condena, a prohibición de aproximarse a unha distancia non inferior a 500 metros respecto da señora Florinda, do seu domicilio, lugar de traballo ou lugares que esta frecuente, e a prohibición de comunicarse con ela por calquera medio, e todo isto por un período de tempo superior en dez anos á pena de prisión. Para o cumprimento desta última pena solicitou o control mediante pulseira telemática para aqueles períodos en que o acusado non estea ingresado de forma efectiva nun centro penitenciario.

En concepto de responsabilidade civil, solicitou que Julio indemnice a Florinda coa suma de 10 400 euros polos días que estivo impedida para realizar as súas ocupacións habituais, 6000 euros polas secuelas físicas e 6000 euros polas secuelas psíquicas, cantidades que deberán ser incrementadas co xuro legal.

Segundo

A defensa presentou un escrito de conclusións provisionais polo que solicitaba a libre absolución do seu defendido.

Terceiro

O día 6 de maio de 2019 ditouse unha sentenza na presente causa que, unha vez impugnada, foi declarada nula por unha sentenza ditada en apelación polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que acordou a devolución das actuacións para un novo axuizamento da causa, con nova composición do órgano.

Cuarto

Tras seren recibidas as actuacións, acordouse a realización do xuízo en dúas sesións, os días 28 e 30 de xaneiro de 2020, no cal se practicaron as seguintes probas: declaración do acusado; testemuñal de Florinda, Marcelino, Apolonia, Benita, Camino, Casilda, Rodrigo, Dolores, dos funcionarios do Corpo Nacional de Policía con números de carné profesional NUM002, NUM003, NUM004, NUM005, NUM006

, NUM007, NUM008 e NUM009, de Virgilio e de Carlos Jesús ; testemuñal-pericial dos funcionarios do Corpo Nacional de Policía con números de carné profesional NUM010, NUM011 e NUM012 ; pericial da médica forense Leticia, da psicóloga forense Marta, da traballadora social Rosa e dos médicos forenses Cayetano, Visitacion e Darío, e proba documental.

Quinto

O Ministerio Fiscal mudou en def‌initivas as súas conclusións provisionais e solicitou que se deducise tanto de culpa respecto de Dolores .

A acusación particular mudou en def‌initivas as súas conclusións provisionais, salvo a responsabilidade civil, que modif‌icou engadindo a suma de 10 000 euros polas secuelas físicas, 20 000 polas psíquicas, 410 euros por resonancia magnética nuclear (RMN) e 85 euros por sesións de psicólogo. Solicitou tamén que se deducise testemuño fronte a Dolores .

A defensa do acusado solicitou a dedución de testemuño fronte ao axente NUM005, e mudou en def‌initivas as súas conclusións.

FEITOS PROBADOS

Primeiro

Julio, nado o día NUM001 de 1959, e Florinda casaron en setembro de 2015 e levaban varios anos de convivencia antes do casamento.

Segundo

Os días 1 e 2 de maio de 2016 ambos estaban aloxados no Hotel DIRECCION001 sito no número NUM015 da RUA000 de DIRECCION000 .

O día 2 de maio, cando eran arredor das 8:20 horas, estando ambos no cuarto que compartían no referido hotel, mentres Florinda permanecía no baño tras ducharse, de costas ao dormitorio e agachada, entrou no baño Julio, quen, coa intención de causar a morte da súa muller, a golpeou cunha maceta de canteiro na parte traseira da cabeza varias veces; entón, nun momento determinado, Julio colleu a Florinda polo pescozo, rodeándoo co brazo, e continuou golpeándoa coa maza na cabeza, coa mesma intención de causarlle a morte.

Nese momento, Florinda berraba e intentaba zafarse do seu marido e ambos caeron ao chan e, nesta situación, Julio agarrouna coas mans polo pescozo e comezou a golpeala contra o chan.

Florinda, no curso destes feitos, puido coller a maza, achegarse á porta do cuarto e saír ao corredor do hotel, a onde acudiron para auxiliala uns empregados do establecemento que escoitaran con anterioridade os seus berros.

Terceiro

Os empregados do hotel trasladaron a Florinda a un cuarto situado a carón daquel onde aconteceron os feitos e, nel, Florinda golpeou o talón dereito contra a pata dunha mesa con bordo metálico.

Cuarto

Como consecuencia dos golpes que lle deu Julio, Florinda tivo as seguintes lesións: un traumatismo cranioencefálico leve, unha ferida inciso-contusa occipital vertical de 5 centímetros coa metade inferior estrelada, anfractuosa, unha ferida contusa parietal superior esquerda con ramif‌icación superior de 6,1 centímetros de lonxitude, anfractuosa, ferida contusa parietal posterior superior dereita, anfractuosa, oblicua na súa parte superior, de 5,2 centímetros e cunha ramif‌icación de 1,3 centímetros, ferida contusa centroparietal de 4,5 centímetros de lonxitude, lixeiramente arqueada, hematoma no pulso da man dereita na parte que ocupa o dorso metacarpiano con dor á presión dixital no nivel mediocarpiano, hematoma retroarticular dereito, equimose na zona posterior dereita do ombro dereito á altura da escápula, dor á palpación na zona cervical en apóf‌ises espiñosas das primeiras vértebras cervicais, dor na cara anterior do costado dereito na parte inferior das costelas f‌lotantes, dor bilateral na cara anterior do pescozo na zona do esternocleidomastoideo, ferida en colgallo leve na cara lateral externa do talón dereito no terzo posterior do pé, de morfoloxía irregular, duns 4,5 centímetros de lonxitude, hematoma no xeonllo dereito, hematoma subgaleal occipital e parietal e un trastorno de estrés postraumático moderado.

Estas lesións precisaron para a súa curación dunha primeira asistencia médica, limpeza e sutura das feridas con grampas e puntos de sutura e tratamento farmacolóxico para o trastorno de estrés postraumático.

As lesións tardaron en curar 180 días, dos cales un foi de hospitalización e os restantes de prexuízo persoal básico, e, como secuelas, a Florinda réstanlle catro cicatrices na rexión...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR