AAP Pontevedra 912/2019, 13 de Diciembre de 2019

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2019:1886A
Número de Recurso1083/2019
ProcedimientoPenal. Apelación procedimiento abreviado
Número de Resolución912/2019
Fecha de Resolución13 de Diciembre de 2019
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00912/2019

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14

Equipo/usuario: MM

Modelo: 662000

N.I.G.: 36042 41 2 2019 0000868

ROLO: RT APELACION AUTOS 0001083 /2019 I

Xulgado procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.2 de PONTEAREAS

Procedemento de orixen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000295 /2019

RECURRENTE: PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL

Procurador/a: MARIA LIMA DURAN

Abogado/a: JUAN PABLO PREGAL PINO

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL, Encarnacion, Matías, Maximino

Procurador/a:

Abogado/a: CARLOS GUILLERMO MERA PINERO

AUTO Nº 912

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilmo. Sr. Don Juan José Trashorras García

Pontevedra, a trece de decembro de dous mil dezanove.

FEITOS

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Ponteareas ditou un auto con data do 17 de setembro de 2019 no que acordou o sobresemento provisional e arquivo das actuacións.

Segundo

Contra o dito auto a representación del Partido Socialista Obrero Español, formulou recurso de reforma, o cal foi desestimado por auto de 21 de outubro de 2019, e, admitido a trámite, o de apelación subsidiariamente formulado, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Por un auto do 17 de setembro de 2019, a xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Ponteareas acordou, ao abeiro dos artigos 641.1º e 779.1.1ª da Lei de axuizamento criminal, o sobresemento provisional e o conseguinte arquivo das actuacións incoadas por mor dunha denuncia presentada por Isidora por unha suposta infidelidade na custodia de documentos. Esta resolución foilles notificada tanto á referida denunciante como ao fiscal o 19 de setembro de 2019.

O 23 de setembro de 2019 a procuradora María Lima Durán presentou un escrito, no nome e representación do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), baixo a dirección letrada de J. Pablo Pregal Pino, mediante o cal pretendía constituírse en parte nas presentes actuacións no exercicio da acción popular, como parte acusadora, solicitaba vista de todo o actuado e que se entendesen con eles as sucesivas dilixencias.

Por unha providencia do 25 de setembro de 2019, a xuíza do xulgado a quo rexeitou a anterior solicitude de constitución en parte no exercicio da acción popular, sen prexuízo de que o puidesen solicitar ao abeiro do artigo 270 da Lei de axuizamento criminal. Contra esta providencia a procuradora e o avogado referidos, na representación e defensa do PSOE, presentaron un recurso de reforma e subsidiario de apelación ao cal se opuxeron o fiscal e os investigados, Encarnacion, Matías e Maximino .

Mediante un auto do 21 de outubro de 2019, a mesma xuíza instrutora rexeitou o anterior recurso de reforma e admitiu a trámite perante esta alzada o subsidiario recurso de apelación. A que o acollamos volven opoñerse o fiscal e os investigados.

Segundo

Como se colixe de todo o anterior, o que debemos resolver agora non é a cuestión de fondo -o sobresemento provisional e o conseguinte arquivo das actuacións-, senón se os referidos profesionais do dereito, como procuradora e avogado, se podían constituír en parte en representación e defensa do PSOE no exercicio da acusación popular. E ren máis.

As razóns que esgrimían a procuradora e o avogado en representación e defensa, respectivamente, do PSOE para nestas actuacións exercitar a acción popular consistían en que este partido tiña representación no Concello da Cañiza, que en maio deste mesmo ano obtivera o 42,98% dos votos, acadara seis dos trece concelleiros da devandita corporación municipal, e que o alcalde tamén pertencía ao mesmo partido. E engadían que os veciños do concello resultaran afectados polos feitos que motivaran a instrución desta causa penal, polo que consideraban xustificada a súa pretensión de exercitar nela a acción popular como garantes dunha xestión pública sometida ao estado de dereito coas inherentes garantías. Velaí que resulte obrigado aludir a cales foron os feitos orixe da incoación desta causa.

E non foron outros que unha denuncia presentada por Isidora -concelleira do PSOE- en que refería que, sobre as 13:45 horas do día 13 de xuño de 2019, persoal do mesmo Concello estaba a sacar documentación que introducía en dous coches aparcados en fronte da porta da casa consistorial, situada na rúa Oriente da Cañiza. Semella que esta documentación e outra que se devolveu despois foi restituída na súa totalidade, segundo as correspondentes actas do secretario do Concello, e entregada á Garda Civil da Cañiza para a súa custodia. E esta informou o xulgado a quo de que os documentos están relacionados, na súa maioría, co traballo diario da secretaria do alcalde do Concello da Cañiza, e que son, principalmente, memorias económicas dos anos pasados, axendas persoais e documentos privados dos alcaldes, e documentos da organización de diversos eventos da localidade, especialmente, da festafeira do xamón, da festa da romaría da Franqueira e de cursos de formación.

Terceiro

No artigo 125 da Constitución española reflíctese que os cidadáns poderán exercer a acción popular, confirmándose...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR