STSJ Galicia 17/2020, 21 de Enero de 2020

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2020:20
Número de Recurso15137/2019
ProcedimientoProcedimiento ordinario
Número de Resolución17/2020
Fecha de Resolución21 de Enero de 2020
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00017/2020

- Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2019 0000290

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015137 /2019 /

De D./ña. Isidoro

ABOGADO JAIME CABEZA GRAS

PROCURADOR D./Dª. JUAN PEDRO PERREAU DE PINNINCK Y ZALBA

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e un de xaneiro dous mil vinte.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15137/2019, presentado por Dº Isidoro, representado polo procurador Sr.Perreau Pinnick, dirixido polo letrado Dº Bras Jaime, contra o acordo de 20.12.2018 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo letrado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 156.676,94 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 20.12.2018 do TEAR que acolle, parcialmente - os ingresos son co IVE-contra as liquidacións/sancións IVE anos 2010-11-12: representante de orquestras-grupo lito.

SEGUNDO

O recurso baséase en: a) falta de proba ( sentenzas dos tribunais penais ), b) necesidade de facer unha regularización integral ( ingresos/gastos ), c) non estarmos ante un contrato de axencia-non existe incremento patrimonial-probatio diabólica...diverxencia entre a documentación/cálculos da inspección.. e d) non procede a sanción.

O letrado do Estado rebate ditas pretensións.

Temos que o recorrente sostén que a documentación que lle interviron ó grupo lito non pode ser utilizada contra terceiros: a) a sentenza 31/2019 da A. Provincial anula a dilixencia de entrada acordada por un xuiz do contencioso e b) non foron parte no procedemento.

A sentenza 31/2019 non ten a relevancia pretendida polo recorrente: a) non anula a autorización de entrada - f‌irme- outorgada polo Xuiz do contencioso, b) limítase a subliña-las irregularidades - dende a óptica penalpara fundamentala absolución dos acusados, sen que estes pronunciamentos predeterminen o resultado das inspeccións tributarias seguidas, nin tampouco, a sentenza contencioso administrativa que se poida dictar.

Coma indica o letrado do Estado, esta Sala ten dito noutras actuacións que, unha vez a empresa obxecto de autorización de entrada non a recorre e consinte en que acade a f‌irmeza, os terceiros non teñen lexitimación para impugnalo acto ó non selos titulares do dereito do art. 18 CE.

Así dixemos ( e ratif‌icamos no actual procedemento ): Falarmos dunha resolución xudicial ditada noutro procedemento - en realidade auxiliar dunha actuación doutro procedemento- que é f‌irme ó non formularse recurso de apelación ante o TSX galiza ( art. 80.1.d LXCA ), sen que sexa posible, polo tanto, entrar a avaliar no actual procedemento a legalidade do acordado polo Xuiz do contencioso de ...... O único titular do dereito do

artigo 18.2 CE é a XXXXX, que era a única que podía entender vulnerada a sua intimidade domiciliaria por unha resolución xudicial potencialmente nula ( por falta de competencia territorial do xuiz do contencioso de ....; os demais motivos non serían asumible o non falarmos dunha dilixencia de entrada e rexistro acordado polo xuíz de instrucción ). ....

Verbo do outro submotivo: utilización das probas obtidas para f‌ins distintos dos previstos na autorización xudicial.

O recorrente sostén que dado que o auto concedérono para actuacións relativas ó Imposto de sociedades, IVE e retencións IRPF traballo/profesionais do período do 2007 ó 2010 da Cooperativa a documentación que se atopou non pode ser utilizada contra terceiros.

Compre salientar que non estarmos ante actuacións penais e autos de entrada/rexistro ditas polo xuíz de instrucción senón ante a autorización do art. 8.6 LXCA no curso dunhas actuacións administrativas e reiteramos que os terceiros - reseñados na facturación B - non son titulares do dereito do artigo 18.2 CE, polo que non tiñan porque ser mencionado no auto que autoriza a actuación da Inspeccion nas of‌icinas da XXXX, polo que dito auto non é o termo de comparación válido para avaliar o uso que poidera facerse da documentación. En modo ningún é de aplicación a STSX Cataluña de 28.09.2006 que se cita, xa que dita sentenza anula as actuación pola nulidade previa do auto de entrada, nin tampouco as reiteradas referencias a sentenzas penais e a dilixencias de entrada/rexistro e intervención de comunicacións autorizadas polo xuíz de instrucción que nada teñen que ver co caso presente.

Retomando a cuestión, non se albisca en que medida a inspección puido vulneralos dereitos do recorrente cando, tralo exame da documentación da XXXX - art. 171 RD 1065/2007- e determinar que existía unha

contabilidade B inicia novas actuacións contra os vendedores e achega o soporte documental correspondente ; inicio de actuacións que cumpren coas esixencias do art. 178 RD 1065/2007 polo que non concorre o motivo de nulidade alegado.

Dentro das facultades/obrigas da inspección están a de obter información con trascendencia tributaria e esto pode acontecer en actuacións con autonomía propia ( requerimentos de información - art. 55 RD 1065/2007-que no caso do artigo 57 no esixen a notif‌icación ó obrigado tributario ) ou no curso dunha actuación inspectora contra un terceiro, sen que ningún precepto esixa a presencia do afectado ( futuro ), quen poderá defenderse nas actuacións que poidan iniciarse na súa contra, achegando probas que poidan contradicir a documentación que achega a inspección, do que se deriva que rexeitemos este motivo.

Ó dito só compre engadir que a xurisprudenza do TS - S 06.04.2016- autoriza, en supostos coma o presente, a utilizala documentación obtida - achado casual- aínda que non fose a inicialmente indicada no auto de entrada, sen que esto xere indefensión.

Indefensión que, no seu caso, só podería denúncialo grupo lito e non os terceiros que non eran titulares do art. 18 CE.

O auto de entrada - do xuiz do contencioso- dirixíase a documentación relativa ó I.Sociedades e IVE, e para liquidar un e outro é preciso contar...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • ATS, 15 de Octubre de 2020
    • España
    • 15 October 2020
    ...2020 por la Sección Cuarta de la Sala de lo Contencioso-administrativo del Tribunal Superior de Justicia [" TSJ"] de Galicia en el recurso 15137/2019 que desestimó del recurso deducido por el ahora recurrente contra la resolución del Tribunal Económico- administrativo Regional ["TEAR"] de G......
  • STS 1042/2021, 16 de Julio de 2021
    • España
    • 16 July 2021
    ...la Sección Cuarta de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, desestimatoria del recurso núm. 15137/2019 deducido contra la resolución del Tribunal Económico-Administrativo Regional de Galicia de 20 de diciembre de 2018, sobre liquidaciones prov......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR