AAP Pontevedra 828/2019, 13 de Noviembre de 2019

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2019:1757A
Número de Recurso981/2019
ProcedimientoPenal. Apelación procedimiento abreviado
Número de Resolución828/2019
Fecha de Resolución13 de Noviembre de 2019
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00828/2019

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14

Equipo/usuario: MV

Modelo: 662000

N.I.G.: 36042 41 2 2018 0001289

ROLLO: RT APELACION AUTOS 0000981 /2019 J

Juzgado procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.2 de PONTEAREAS

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000105 /2019

RECURRENTE: Luciano

Abogado/a: MARIA JOSEFA FERNANDEZ FERNANDEZ

RECURRIDO/A: Amalia, MINISTERIO FISCAL

Abogado/a: MARIA JESUS GONZALEZ OJEA,

A U T O NÚM. 828

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilmo. Sr. don Juan José Trashorras García

Pontevedra, trece de novembro de dous mil dezanove.

FEITOS

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 2 de Pontevedra ditou un auto con data do 28 de xuño de 2019 no que se acordaba o sobresemento provisional e o arquivo das actuacións incoadas por mor dunha denuncia presentada por Mariola, no nome e na representación de Luciano, contra Amalia

, por un suposto delito de apropiación indebida.

Segundo

Contra a amentada resolución xudicial Luciano presentou un recurso de reforma que foi desestimado por auto de 11 de setembro de 2019. E notificada amentada resolución, formulouse recurso de apealción remitíndose as actuacións a esta Audiencia para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

RAZOAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

Por un auto do 28 de xuño de 2019, a xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Ponteareas acordou, ao abeiro dos artigos 641.1º e 779.1.1ª da Lei de axuizamento criminal, o sobresemento provisional e o conseguinte arquivo das actuacións incoadas por mor dunha denuncia presentada por Mariola, no nome e na representación de Luciano, contra Amalia, por un suposto delito de apropiación indebida. E, mediante un auto do 11 de setembro de 2019, a mesma xuíza instrutora rexeitou o recurso de reforma presentado polo amentado denunciante contra a primeira das nomeadas resolucións xudiciais da instancia, polo que Luciano acode agora en apelación perante esta alzada. O fiscal e a denunciada opóñense a que acollamos a referida impugnación.

Segundo

Para os efectos da presente resolución é mester deixar constancia dunha serie de particulares, entre eles, os seguintes. Socorro outorgou varios testamentos, o último deles o 20 de febreiro de 2015. Neste legáballe a Aurelio -fillo do seu esposo, Calixto - todas as ferramentas, maquinaria e calquera utensilio, mobiliario e demais que se encontrase no garaxe situado en Vilasobroso, no lugar do Cruceiro, Mondariz; e instituía como herdeira a filla do seu esposo Amalia, a aquí denunciada e agora apelada. En cumprimento da vontade da amentada testadora, a herdeira fixo entrega do legado ao seu irmán o 7 de maio de 2016, consonte o documento que asinaron de mutuo acordo e que tamén consta nas actuacións.

O que agora denunciaba Luciano era que, por residir el en Suíza, deixara na casa onde vivía o seu pai con Socorro diversos obxectos seus e aínda dende aquel país mandara uns vinte vultos con outros máis -escaleiras, cables, martelos, trades, máis ferramentas en xeral, un reloxo de parede, unha cafeteira grande, etc.-, logo de que Socorro lle dixese que ía deixarlle como herdanza a parte que a ela lle correspondese na vivenda. Dende entón, todos os obxectos propiedade do denunciante...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR