SAP Pontevedra 52/2019, 12 de Marzo de 2019

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2019:2371
Número de Recurso236/2019
ProcedimientoPenal. Apelación procedimiento abreviado
Número de Resolución52/2019
Fecha de Resolución12 de Marzo de 2019
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00052/2019

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: PA

Modelo: 21310

N.I.G.: 36038 43 2 2014 0006728

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000236 /2019

Delito/falta: ROBO CON FUERZA EN LAS COSAS

Recurrente: Erasmo

Procurador/a: D/Dª MARINA MARTINEZ PILLADO

Abogado/a: D/Dª MARIA TERESA GONZALEZ JUSTO

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 52/2019

=================================================== =======

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

=================================================== =======

Pontevedra a, doce de marzo de dous mil dezanove.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación nº 236/2019, interposto pola procuradora dona Marina Martínez Pillado, en representación de Erasmo, contra a sentenza ditada no procedemento PA: 183/2018, do Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o

mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 21-novembro-2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

"Que debo condenar y CONDENO a D. Erasmo, como autor criminalmente responsable de un DELITO DE ROBO CON FUERZA EN LAS COSAS, concurriendo la circunstancia agravante cualificada de reincidencia y la atenuante de dilaciones indebidas, a la pena de TRES AÑOS DE PRISIÓN, así como a la pena accesoria de INHABILITACIÓN ESPECIAL PARA EL EJERCICIO DEL DERECHO DE SUFRAGIO PASIVO durante el tiempo de la condena, con imposición las costas procesales.

En concepto de responsabilidad civil, el acusado indemnizará a Jon con la cantidad que se acredite en ejecución de sentencia por el valor de dos ordenadores, uno de la marca Sony Vaio, y dos tablets nuevas, mediante su tasación pericial".

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"ÚNICO.- probado y así se declara que entre las 22:00 horas del día 17 de julio de 2014 y las 8.00 horas del día siguiente, el acusado Erasmo, mayor de edad y con los antecedentes penales que luego se dirán, actuando con la finalidad de obtener un beneficio económico ilícito, accedió por una ventana que se encuentra a una altura aproximada de dos metros y medio del suelo al local de la empresa ICE IMAGINACIÓN, sita en el número 32 de la Calle Loureiro Crespo de Pontevedra.

Una vez en el interior, el acusado hizo suyos dos ordenadores, uno doe la marca _Sony Vaio, y dos tablets nuevas.

Uno de los ordenadores era de un empleado de la empresa, que le fue repuesto por el titular de la misma, Jon .

El acusado fue condenado por sentencia firme de fecha 17 de julio de 2013 como autor de un delito de robo con fuerza en las cosas a la pena de 8 meses de prisión, que fue sustituida por la de ocho meses de trabajos en beneficio de la comunidad, que extinguió el día 22 de junio de 2015, por sentencia firme de fecha 30 de enero de 2014 como autor de un delito de robo con fuerza en las cosas a la pena de 2 años de prisión, suspensida en su ejecución el día 4 de abril de 2014 y revocada la misma el día 24 de octubre de 2014, y por sentencia firme de fecha 26 de junio de 2014 como autor de un delito de robo con violencia o intimidación a la pena de un año de prisión."

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da data.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Erasmo, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de roubo con forza nas cousas dos artigos 237, 238.1 e 240, todos eles do Código penal. Recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. A fiscala oponse a que acollamos esta impugnación.

Segundo

No recurso de apelación do condenado na instancia do xeito indicado invócase toda unha morea de motivos na procura da tamén referida absolución na presente alzada. O primeiro deles, a vulneración do principio acusatorio.

No escrito de conclusións provisionais da fiscala acusábase a Erasmo de que accedera ao local a través dunha xanela que se encontraba a 2,5 metros aproximadamente do chan, e cualificaba o feito como constitutivo dun delito de roubo con forza nas cousas dos artigos 237, 238.2º e 240, todos do Código penal. As amentadas conclusións provisionais da acusación pública non se mudaron no xuízo oral realizado na instancia e, xa que logo, transformáronse en definitivas. E a maxistrada xuíza autora da sentenza contra a que se apela considerou que os feitos constituían o devandito delito de roubo con forza nas cousas mais mediante o emprego de escalamento ( artigo 238.1º do Código penal) e non mediante a fractura da fiestra do local ( artigo 238.2º do mesmo texto legal). Velaí, segundo o apelante, a vulneración do principio acusatorio. Amosa no seu recurso a súa discrepancia coa maxistrada xuíza de que se trataría dun mero erro de transcrición na conclusión segunda do escrito de conclusións da fiscala xa que da primeira conclusión se deducía dun xeito nidio a imputación do emprego do escalamento no roubo con forza nas cousas. E subliña que non tivo un perfecto coñecemento dos feitos que se lle imputaban e da súa cualificación xurídica, disentindo tamén da afirmación da xulgadora a quo de que tivo a oportunidade de rebater a modalidade do escalamento para acceder ao local.

A recente STC 113/2018, do 29 de outubro, lembra que o principio acusatorio non aparece expresamente mencionado entre os dereitos constitucionais que disciplinan o proceso penal. Mais engade que iso nunca obstou a recoñecer como protexidos no artigo 24.2 da Constitución española certos dereitos fundamentais que configuran os elementos estruturais de referido principio, que transcende o dereito a ser informado da acusación e comprende toda unha morea de garantías adicionais. Neste sentido, sempre se subliñou a vinculación do principio acusatorio cos dereitos constitucionais de defensa e a coñecer a acusación como garantía constitucional da imparcialidade xudicial ( STC 155/2009). E, verbo do dereito a ser informado da acusación en termos suficientemente determinados para poder defenderse dela de maneira contraditoria, na mesma STC 113/2018, do 29 de outubro, téimase no seguinte:

[...] " se convierte en un instrumento indispensable para poder ejercitar el derecho de defensa, del que forma parte esencial el derecho a contradecir la pretensión acusatoria ( SSTC 105/1983, de 23 de noviembre, FJ 3 ; 33/2003, de 13 de febrero, FJ 3), pues mal puede defenderse de algo quien no sabe qué hechos en concreto se le imputan (por todas, SSTC 11/1992, de 27 de enero, FJ 3 ; 36/1996, de 11 de marzo, FJ 4 ; 19/2000, de 31 de enero, FJ 4 ; 278/2000, de 27 de noviembre, FJ 14 ; 182/2001, de 17 de septiembre, FJ 4 ; 170/2002, de 30 de septiembre, FJ 3)" ( STC 40/2004, de 22 de marzo, FJ 2). Pero, también se ha reiterado que "la vinculación entre la pretensión punitiva de las partes acusadoras y el fallo de la Sentencia judicial, como contenido propio del principio acusatorio, implica que el órgano de enjuiciamiento debe dictar una resolución congruente con dicha pretensión, lo que responde a la necesidad, no sólo de garantizar las posibilidades de contradicción y defensa, sino también de respetar la distribución de funciones entre los diferentes participantes en el proceso penal, y, más concretamente, entre el órgano de enjuiciamiento y el Ministerio Fiscal, en los términos señalados en los arts. 117 y 124 CE . De este modo, el análisis del respeto a la garantía del deber de congruencia entre la acusación y fallo por parte de una resolución judicial debe venir dado, no sólo por la comprobación de que el condenado ha tenido la oportunidad de debatir los elementos de la acusación contradictoriamente, sino también por la comprobación de que el órgano de enjuiciamiento no ha comprometido su imparcialidad asumiendo funciones acusatorias que constitucionalmente no le corresponden" ( SSTC 123/2005, de 12 de mayo, FJ 4 y 155/2009, de 25 de junio, FJ 4)" ( STC 75/2013, de 8 de abril, FJ 2).

No mesmo sentido, a STS, Penal, Sección 1ª, do 28 de novembro de 2018 (ROJ: STS 3991/2018 -ECLI:ES:TS:2018:3991) indica:

El principio acusatorio, por lo tanto, y en lo que ahora interesa, contiene una prohibición, dirigida al Tribunal, de introducir hechos perjudiciales para el acusado sustancialmente distintos de los consignados por la acusación. Dicha forma de proceder afecta al principio acusatorio, en cuanto el Tribunal invade las funciones del acusador construyendo un relato fáctico que, esencialmente, no tiene su antecedente en la acusación. También lesiona el derecho a un Juez imparcial, en cuanto la actuación del Tribunal puede valorarse como una toma de posición contra el acusado. Y desde otro punto de vista, vulnera el derecho de defensa, pues el Tribunal que introduce de oficio en la sentencia hechos desfavorables para el acusado,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR