AAP Pontevedra 179/2019, 18 de Octubre de 2019

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2019:1624A
Número de Recurso306/2019
ProcedimientoCivil
Número de Resolución179/2019
Fecha de Resolución18 de Octubre de 2019
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00179/2019

N10300

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

EO

N.I.G. 36057 42 1 2018 0013191

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000306 /2019

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 10 de VIGO

Procedimiento de origen: JUICIO VERBAL (DESAHUCIO PRECARIO) 0000753 /2018

Recurrente: LUZADA, SL.

Procurador: MARIA LIMA DURAN

Abogado: ESTELA MARIA GUILLAN CORNEJO-MOLINS

Recurrido: OCUPANTES DEL INMUEBLE BERBES 27 VIGO

Procurador:

Abogado:

AUTO NÚM. 179/19

TRIBUNAL QUE O DICTA

Ilmos. Sres. Maxistrados:

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO

Dª. MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO

D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS

En Vigo, a dezaoito de outubro de dous mil dezanove

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, sede Vigo, os autos de XUÍZO VERBAL DE DESAFIUZAMENTO POR PRECARIO número 753/2018, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de VIGO, aos que correspondeu o Rolo de apelación número 306/19, nos que aparece como parte apelante: a entidade demandante "LUZADA, S.L.", representada pola Procuradora dona María Lima

Durán e dirección da Letrada dona Estela María María Guillán Cornejo-Molíns, que dirixe a demanda contra os DESCOÑECIDOS OCUPANTES do inmoble sito en Rúa do Berbés, número 27, de Vigo.

É o Maxistrado Relator o Ilmo. Sr. Maxistrado D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 10 desta cidade, con data 18 de marzo de 2019, ditouse auto cuxa parte dispositiva expresa:

" ACUERDO:

  1. - Inadmitir la solicitud presentada frente a los OCUPANTES DEL INMUEBLE sito en Rúa del Berbes 27 VIGO por la Procuradora de los Tribunales MARIA LIMA DURAN en nombre y representación de LUZADA, S.L.

  2. - Proceder a su archivo ..."

SEGUNDO

Contra a devandita resolución interpúxose recurso de apelación pola representación procesual da entidade "LUZADA, S.L.", que foi admitido a trámite.

Elevadas as actuacións a esta Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, sede Vigo, para a súa resolución formouse o correspondente Rolo de Sala baixo o núm. 306/19, seguindo o recurso os trámites de rigor e sinalándose para a súa deliberación e fallo o día 17 de outubro.

TERCEIRO

Pola parte recorrente efectuouse o depósito para recorrer esixido pola Disposición Adicional 15ª de Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial introducida pola Lei Orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

  1. RAZOAMENTOS XURIDICOS

ÚNICO. Novamente suscítase ante esta Sala o problema de se debe ou non admitirse a trámite unha demanda de desaf‌iuzamento por precario dirixida contra "os descoñecidos ocupantes" do inmoble de lite.

O problema aparece resolto de xeito non exactamente coincidente polos distintos tribunais.

E mesmamente este tribunal de apelación, inicialmente proclive a non admitir a trámite a demanda que se formula dese xeito inconcreto verbo da parte demandada, ven variar a súa inicial postura, admitíndoa agora con basamento nos postulados xerais pro actione, e de excepcionalidade da inadmisión, ex artigo 403.1 da L.

A. C., en relación co criterio interpretativo da realidade social, proclamado polo artigo 3.1 do C.C., pois resulta un feito sociolóxico notorio a ocupación de predios urbáns por parte de persoas carecentes de todo título que lexitime a posesión inmediata do predio, e ata de todo vencello coa parte actora, á que solen descoñecer igualmente aquelas primeiras. E con independencia das razóns morais lexítimas que poidan amparar algunhas desas ocupacións, nunha situación, non menos notoria, de crise económica que afecta moi especialmente ás persoas máis febles, o certo é que dentro da vertente xurídica na que debemos exclusivamente movermos, esas ocupacións carecentes de todo título de dereito -no amplo sentido do termo- que a ampare, solen ir acompañadas de contextos ocupacionais varios, mudables, indeterminados e indiscriminados, que dif‌icultan sobremanera, e ata poden facer imposible a identif‌icación e concreción dos moradores, especialmente cando trátase de actores privados e que carecen dos medios materiais e do poder coactivo da Administración. E nesa desfavorable conxuntura semella entón ponderado admitir a trámite a acción de desaf‌iuzamento por precario contra os ocupantes descoñecidos, os que non padecerán, en f‌in, ningunha indefensión pois serían emprazados precisamente no fundo que ocupan e poderían consecuentemente xustif‌icar a posesión que ostentan.

En efecto, nos autos desta Sala de 17 de abril de 2015 e 19 xuño de 2017 mantíñamos o posicionamento, sempre relativo e dependente das circunstancias de cada caso concreto, da inadmisión da demanda naqueles supostos no que o actor "no ha aportado un solo dato o signo identif‌icativo relativo a los eventuales demandados, ni la menor circunstancia que permita su concreción e individualización", por non tratarse -engadíamos- "de una defectuosa identif‌icación, sino de una absoluta indeterminación" e "no parecer (o al menos no consta) que existieren dif‌icultades extremas ni insuperables para identif‌icar a los ocupantes del inmueble".

Sen embargo, nos autos máis recentes, de 3 e 28 de maio de 2018, mudamos de posición polos poderosos argumentos se citan neles e de conformidade coa doutrina maioritaria das Audiencias Provinciais.

Declaramos nestas dúas últimas resolucións o que segue.

"Es sabido que la cuestión a tratar "demanda dirigida contra los desconocidos ocupantes de un inmueble", no ha sido uniformemente resuelta por las Audiencias Provinciales, si bien en estos últimos años la tendencia mayoritaria se inclina en el sentido de admitir a trámite este tipo de demandas en base a diversos argumentos que, en esencia, son los siguientes:

  1. Especialmente con relación con el precario, viene siendo doctrina reiterada que para que puedan entenderse cumplidos los requisitos de los art. 399.1 y 437.1 LEC, basta que el actor consigne en la demanda los datos y circunstancias de que tenga conocimiento y que puedan permitir la identif‌icación del demandado, en consecuencia es suf‌iciente la identif‌icación de los ignorados ocupantes demandados por su relación con el inmueble litigioso, es decir nada obsta a que se demande a personas desconocidas cuando se destaque su relación con el objeto litigioso y se posibilite su comparecencia y defensa, como sucede en el caso en que se designa el inmueble en que pueden ser citados los demandados.

    En este sentido el Tribunal Supremo viene interpretando de una forma laxa la exigencia de determinación del demandado, admitiendo incluso la existencia de meros rasgos identif‌icadores que permitan la realización de los actos de comunicación con el demandado, estableciendo en diversas ocasiones ( STS de 16 de diciembre de 1971, 15 de noviembre de 1974, y 1 de marzo de 1991) que su identidad se puede buscar por cualquier circunstancia que permita su determinación, bastando la indicación de cualquiera que permita su...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR