AAP Pontevedra 502/2019, 20 de Junio de 2019

JurisdicciónEspaña
Fecha20 Junio 2019
Número de resolución502/2019

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00502/2019

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14

Equipo/usuario: MI

Modelo: 662000

N.I.G.: 36026 41 2 2014 0000823

ROLLO: RT APELACION AUTOS 0000573 /2019CR

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.4 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: EJECUTORIAS 0000009 /2018

RECURRENTE: Juan Ramón

Procurador/a: JOSE MANUEL MONTES ACUÑA

Abogado/a: ISABEL CATOIRA LAMELA

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a:

Abogado/a:

AUTO Nº 502

==========================================================

ILMOS./AS. SRES./SRASPresidente: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO Maxistradas Dª. ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

Dª. ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

PONTEVEDRA, a vinte de xuño de dous mil dezanove.

FEITOS

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado do penal nº 4 de Pontevedra ditou un auto con data do 14 de decembro de 2018 no que ha lugar a conceder a suspensión do cumprimento da pena de dous anos de prisión imposta a Juan Ramón condicionada as seguintes obrigacions que non volvese a delinquir no prazo de tres anos e que demolese as novas obras realizadas durante os anos 2011-2012, agás o muro de contención, no prazo conferido, e polo cal fora requirido o 3 de decembro de 2018.

Segundo

Contra o dito auto a representación procesual do apelante Juan Ramón, formulou recurso de reforma que foi desestimado polo Xulgado por auto do 6 de marzo de 2019 e admitido a trámite o recurso de apelación formulado, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución, previa deliberación.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Por un auto do 14 de decembro de 2018, a maxistrada xuíza do Xulgado do Penal número 4 de Pontevedra suspendeu a execución da pena de dous anos de prisión imposta a Juan Ramón condicionada ás seguintes obrigacións: que non volvese a delinquir no prazo de tres anos e que demolese as novas obras realizadas durante os anos 2011-2012, agás o muro de contención, no prazo conferido, e polo cal fora requirido o 3 de decembro de 2018. Mediante un auto do 6 de marzo de 2019, a mesma maxistrada xuíza rexeitou o recurso de reforma presentado polo amentado penado, quen por iso acode agora en apelación perante esta alzada para solicitar que só se condicione a suspensión da execución da pena privativa de liberdade a que non delinca no prazo de tres anos. O fiscal oponse a que acollamos esta impugnación.

Segundo

A demolición é unha medida prevista no número 3 do artigo 319 do Código penal . Ten por obxecto a reparación da legalidade infrinxida e incardínase, xa que logo, dentro da responsabilidade civil derivada do delito, que comprende a restitución, a reparación do dano e a indemnización dos prexuízos materiais e morais dos artigos 109 e seguintes do mesmo texto legal . Neste sentido, a circular 7/2011, sobre criterios para a unidade de actuación especializada do Ministerio Fiscal en materia de medio ambiente e urbanismo, comezaba por recoñecer a existencia nese momento dun certo debate doutrinal e xurisprudencial verbo da natureza xurídica da demolición, se ben deseguido reflectía que, á falta dunha definición nidia por parte do Tribunal Supremo ao respecto, cumpría considerar, como adiantamos, a demolición dentro da responsabilidade civil derivada do delito. A referida circular cita as dúas seguintes sentenzas:

- A SAP de Sevilla, Penal, Sección 4ª, do 18 de marzo de 2010 (ROJ: SAP SE 354/2010 -ECLI:ES:APSE:2010:354 ):

Tal demolición es ya mayoritariamente considerada como verdadera consecuencia civil derivada de un ilícito penal, con sustento en los artículos 109 y siguientes del Código Penal en cuanto hablan de "la reparación del daño" y que "podrá consistir en obligaciones de dar, de hacer o de no hacer que el Juez o Tribunal establecerá atendiendo a la naturaleza de aquél y a las condiciones personales y patrimoniales del culpable, determinando si han de ser cumplidas por él mismo o pueden ser ejecutadas a su costa", siendo su única especialidad la que deriva de ser el bien jurídico protegido de naturaleza supraindividual y, por ello, la colectividad el verdadero titular de ese derecho a la reparación.

- E a SAP de Sevilla, Penal, Sección 1ª, do 29 de xullo de 2008 (ROJ: SAP SE 1823/2008 -ECLI:ES:APSE:2008:1823 ):

De este modo, la...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR