SAP Pontevedra 116/2019, 30 de Mayo de 2019

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2019:1227
Número de Recurso495/2019
ProcedimientoPenal. Apelación procedimiento abreviado
Número de Resolución116/2019
Fecha de Resolución30 de Mayo de 2019
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00116/2019

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36060 41 2 2018 0002803

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000495 /2019 -PDelito/falta: ROBO CON VIOLENCIA O INTIMIDACIÓN

Recurrente: Ezequias

Procurador/a: D/Dª MARIA SANJUAN CARRIL

Abogado/a: D/Dª SEVERINO DIZ SEOANE

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 116/2019

=================================================== =======

MAXISTRADO/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

=================================================== =======

Pontevedra, a trinta de maio de dous mil dezanove.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación núm. 495/19, interposto pola procuradora dona María Sanjuan, en representación de Ezequias, contra a sentenza ditada no procedemento PA: 66/2019 do Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente

e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator/a o/a maxistrado relator don José Juan Barreiro Prado .

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 28-marzo-2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo condenar y CONDENO a D. Ezequias, como autor criminalmente responsable de un delito de robo con intimación en las personas en establecimiento abierto al público y uso de medio peligroso, concurriendo las circunstancias agravantes de disfraz y la cualif‌icada de reincidencia, a la agravante de disfraz y la cualif‌icación de reincidencia, a la pena de CINCO AÑOS DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, condenándolo asismismo al abono de la mitad de las costas del juicio.

NO HA LUGAR A LA SUSPENSIÓN, por la vía del art. 80.1, 2 y 3, de la ejecución de la pena de CINCO AÑOS DE PRISIÓN impuesta al acusado.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

" ÚNICO.- Sobre las 21:30 horas del día27 de noviembre de 2018, el acusa do Ezequias, mayor de edad, con DNI NUM000, en prisión provisional por esta causa desde el día 2 de diciembre de 2018 y con los antecedentes penales que luego se dirán, entró en el Supermercado DIA sito en la Avenida de Cambados s/n de la Localidad de Vilaxoán, _Vilagarcia de _Arousa.

Con ánimo de obtener un benef‌icio ecomómico ilícito, tampando su rostro con un pasamontañas y unas gafas de sol para evitar ser reconocido y portando en una de sus manos un cuchillo grande de cocina, se dirigió a Nieves, que se encontraba en una de las cajas del supermercado, y esgrimiendo el cuchillo frente a ella, tras decirle a dos clientes que se marcharan, exigió a Nieves la entrega del dinero, obtenido de ese modo la suma de 218,56 euros, cantidad que no ha sido recuperada y que Rosaura, en representación del supermercado, reclama como indemnización. Antes de abandonar el lugar también conminó a otra empleada, Sofía, a que le entregara el dinero que acababa de llevar a la of‌icina, y lo hizo dirigiéndose hacia ella con el cuchillo en la mano, si bien Sofía no le entregó el ninguna cantidad al no poder disponer de él por encontrarse ya en la caja fuerte.

Ezequias ha sido condenado:

-Por sentencia f‌irme de fecha 27 de marzo de 2012 del Juzgado de Instrucción nº1 2 de Vilagarcía de Arousa, ejecutoria 204/12 del Juzgado de lo Penal nº 4 de Pontevedra, como autor de un delito de robo con fuerza en las cosas a la pena de 8 meses de prisión, que se sustituyó por la de trabajos en benef‌icio de la comunidad, sustitución que fue revocada el día 27 de febrero de 2014, habiendo extinguido la pena de prisión inicialmente impuesta el día 2 de septiembre de 2017.

-Por sentencia f‌irme de fecha 16 de octubre de 2013, del Juzgado de lo Penal nº 1 de Pontevedra, ejecutoria 535/13 de dicho _Juzgado, como autor de un delito de robo con fuerza en las cosas a la pena de 2 años de prisión, habiendo extinguido la misma el dia 2 de septiembre de 2017.

-Por sentencia f‌irme de fecha 6 de mayo de 2015 del Juzgado de Instrucción nº 2 de Noya, ejecutoria 363/15 del _Juzgado de lo Penal nº 2 de A Coruña, como autor de un delito de robo con fuerza en las cosas a la pena de 1 año de prisión, que se sustituyó por la de 24 meses de multa, habiendo extinguido dicha pena el día 17 de marzo de 2016."

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlles o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa conf‌irmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da data.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Ezequias, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de roubo con intimidación nas persoas nun establecemento aberto ao público e con uso dun medio perigoso, do artigo 242.1, 2 e 3 do Código penal . Recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución e, subsidiariamente, para que se lle aplique o número 4 do devandito artigo 242 do Código penal, así como a atenuante de drogodependencia do artigo 21.2ª, en relación co artigo 20.2º, e para que se lle impoña unha pena dun ano e nove meses de prisión. O f‌iscal oponse a que acollamos esta impugnación.

Segundo

Resulta incompatible a manida mestura de alegacións do tipo das que se ref‌licten no recurso de apelación. Así, xúntanse a infracción da presunción de inocencia que inicialmente amparaba o acusado, o erro por parte do maxistrado xuíz da instancia na valoración da proba e a suposta existencia de dúbidas que abocarían o autor da resolución xudicial que se combate ao inexorable pronunciamento absolutorio. A pretendida vulneración do artigo 24.2 da Constitución española -presunción de inocencia- suporía a inexistencia de probas de cargo contra o acusado. O erro na valoración das probas xusto parte da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha interpretación equivocada, da cal se discrepa. Mentres que o principio in dubio pro reo non resulta aplicable cando, precisamente, o xuíz non albisca dúbidas verbo do resultado do material probatorio practicado perante el coa súa insubstituíble inmediación.

Só se xustif‌ica o principio in dubio pro reo nos casos en que o tribunal teña dúbidas ou recoñeza a existencia de dúbidas na valoración das probas sobre os feitos e as resolva en contra do acusado ( SSTS 999/2007, do 12 de xullo ; 677/2006, do 22 de xuño ; 1125/2001, do 12 de xullo ; 2295/2001, do 4 de decembro ; 479/2003 e 836/2004, do 5 de xullo ; 1051/2004, do 28 de setembro ). Segundo todas estas resolucións, o principio unicamente pode estimarse infrinxido cando, recoñecendo o tribunal sentenciador a existencia dunha dúbida sobre a concorrencia dalgún dos elementos integradores do tipo ou sobre a participación do acusado, opta pola solución máis prexudicial para este; pero non cando, como sucede no caso actual, o tribunal sentenciador non alberga dúbida ningunha.

A existencia de probas de cargo contra o acusado resulta indiscutible. Neste sentido resultaron fundamentais as declaracións das testemuñas Nieves e Sofía . Ambas as dúas, como traballadoras do supermercado Día, situado na avenida de Cambados, s/n, de Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa, estaban no seu interior cando se realizou o roubo que ninguén discute e si só a súa autoría. Verbo dela, e sobre todo a primeira das nomeadas testemuñas, Nieves, non amosou a máis mínima dúbida...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR