SAP Pontevedra 27/2019, 15 de Mayo de 2019

PonenteMIGUEL ARAMBURU GARCIA-PINTOS
ECLIES:APPO:2019:1128
Número de Recurso41/2017
ProcedimientoProcedimiento abreviado
Número de Resolución27/2019
Fecha de Resolución15 de Mayo de 2019
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 4ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 4

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00027/2019

- ROSALIA DE CASTRO,Nº 5 - PALACIO DE JUSTICIA

Teléfono: 986805137/36/38/39

Equipo/usuario: MA

Modelo: N85860

N.I.G.: 36055 41 2 2014 0001521

PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000041 /2017

Delito/falta: PREVARICACIÓN ADMINISTRATIVA

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

Contra: Vidal

Procurador/a: D/Dª MARIA TERESA VILLOT SANCHEZ

Abogado/a: D/Dª ANDRES GONZALEZ-PALACIOS SARDINA

SENTENZA

MAXISTRADO/AS

Dona Nélida Cid Guede (presidenta)

Dona María Jesús Hernández Martín

Don Miguel Aramburu García Pintos

Pontevedra, a quince de maio de dous mil dezanove.

Foron vistos en xuízo oral e público, ante a Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento abreviado seguidos nesta sección co número 41 de 2017, derivados do procedemento 688/2014 do Xulgado de Instrución número 3 de Tui, no cal foron partes:

  1. Como acusado, don Vidal, nado en Madrid o día NUM000 de 1944, fillo de Juan Enrique e de Natalia, con documento nacional de identidade número NUM001, representado pola procuradora dona Teresa Villot Sánchez e defendido polo avogado don Andrés González Palacios Sardina.

  2. O Ministerio Fiscal, que interveu sostendo a acusación.

Actúa como relator o maxistrado Miguel Aramburu García Pintos, quen expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de Instrución número 3 de Tui incoou as dilixencias previas 688/2014, nas cales, tras a práctica das dilixencias de instrución que se estimaron necesarias, se ditou un auto de continuación do procedemento o día 19 de setembro de 2017.

Segundo

O Ministerio Fiscal formulou unha acusación contra Vidal, a quen considera autor dun delito de falsidade en documento oficial do artigo 390.1º ou 2º do Código penal e dun delito de prevaricación urbanística do artigo 320.1 do mesmo texto legal, e solicitou a imposición das seguintes penas: polo delito de falsidade, a pena de 4 anos de prisión, accesoria legal, multa de 18 meses cunha cota de 10 euros diarios e 4 anos de inhabilitación especial para emprego ou cargo público; e polo delito de prevaricación urbanística, a pena de 2 anos e 6 meses de prisión, accesoria legal, multa de 18 meses cunha cota de 10 euros diarios, e 8 anos e 6 meses de inhabilitación especial para emprego ou cargo público.

Terceiro

Aberto o xuízo oral, a representación do acusado presentou un escrito de conclusións provisionais polo que solicitaba a libre absolución.

Cuarto

Unha vez recibidas as actuacións neste xulgado, sinalouse para o xuízo o día 9 de abril de 2019, no cal se practicaron as seguintes probas: declaración do acusado, Vidal ; testemuñal de Vicenta, Angelina, Ceferino, María Antonieta, María Dolores, Daniel, Desiderio, Doroteo e Efrain ; e proba documental.

As partes mudaron en definitivas as súas conclusións provisionais.

FEITOS PROBADOS

Primeiro

Vidal, maior de idade, foi técnico da Administración local do Concello de Tui, como arquitecto técnico, ata a súa xubilación, o día 31 de decembro de 2013, e durante un período que abranguía, como mínimo, desde o ano 2006 ata esta data.

Segundo

María Antonieta, cónxuxe de Vidal, adquiriu o día 20 de marzo de 2006 unha parcela, con referencia catastral NUM002, sita no lugar de DIRECCION001, parroquia de DIRECCION000, do concello de Tui.

En relación con esta parcela, no expediente NUM003, a Xunta de Goberno do Concello de Tui outorgou, o día 20 de decembro de 2006, unha licenza de obra para a execución dunha obra maior consistente nunha vivenda unifamiliar de 267,3 m2 composta de soto, baixo e piso.

Terceiro

O día 13 de xuño de 2007 parte desta parcela, que fora segregada anteriormente, foi vendida por María Antonieta á empresa Rustihogar 2003, S.L., empresa que, pola súa banda, vendeu esta mesma parcela a Angelina, nunha escritura privada, o día 20 de agosto de 2007, na cal se facía constar a mención á licenza de obra referida anteriormente.

O día 4 de marzo de 2008, Rustihogar 2003, S.L., outorgou unha escritura de declaración de obra nova sobre a parcela referida e indicouse que a dita obra se adecuaba á licenza do 20 de decembro de 2006; e incorporouse unha copia dun documento elaborado a imitación das licenzas municipais outorgadas polo Concello de Tui, con cabeceira deste concello, con número de saída 1344, e que se designaba como certificación; como persoa asinante do documento constaba a secretaria municipal, Vicenta . O asunto do documento era "modificación do proxecto" e tiña data do día 27 de febreiro de 2008. Este documento pretendía certificar que se outorgara unha licenza de obra para a construción na parcela dunha vivenda unifamiliar composta de planta baixa, cunha superficie de 81,53 m2.

Non está acreditado quen foi o autor do documento, que non se corresponde coa realidade, e a sinatura atribuída á secretaria municipal non era a súa.

Seguidamente, ese mesmo día, Angelina adquiriu de Rustihogar 2003, S.L., en escritura pública, a parcela referida.

Cuarto

Dado que na parcela dos autos se edificou unha vivenda unifamiliar posteriormente a estes feitos, a súa propietaria, Angelina, solicitou a licenza de primeira ocupación; para tal fin tramitouse un expediente no

Concello de Tui co número NUM004, no cal, Vidal, na súa condición de funcionario público e técnico de urbanismo, realizou un informe o día 23 de decembro de 2013que dicía literalmente:

Personado no inmoble sito no Bº de DIRECCION001 DIRECCION000, a citada edificación axustase sensiblemente tanto ao expediente que foi obxecto de licencia municipal na Xunta de Goberno Local en sesión de data 20/12/2006, para "Construcción de Vivienda Unifamiliar", como ao Certificado Final de Obra asinado polos arquitecto, D. Desiderio, ao que achega reportaxe fotográfico das catro facianas.

Asi mesmo, expresar que non houbo modificacións sustancias con respecto ao expediente obxeto de licencia de obra, non supoñendo polo tanto ningunha alteración en canto aos parámetros urbanísticos nin tampouco en canto o orzamento de execución material.

Este informe realizouno o señor Vidal a pesar de que a obra executada era totalmente distinta da proxectada anteriormente e que deu lugar a que se outorgase a licenza de obra do 20 de decembro de 2006. O señor Vidal fixo o informe a sabendas deste dato.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Fronte á alegación relativa á indefensión invocada pola defensa, abonda con remitirse ao auto de continuación do procedemento abreviado, folio 741, confirmado pola Audiencia Provincial (folio 777); nese auto identificábanse os feitos polos que se acordou, conforme ao artigo 779.1.4ª da Lei de axuizamento criminal, a continuación do procedemento. Recorreuse contra o auto e nada se alegou sobre a indefensión ou a necesidade da práctica de nova proba como se invocou no plenario.

Daquela, non é asumible que se producise indefensión ao acusado. No momento de notificarse o auto en que se acordaba a continuación do procedemento e se pechaba a fase de dilixencias previas para entrar na fase intermedia do proceso, se a defensa entendía que debían practicarse novas probas, podía e debía recorrer contra o auto sobre este punto; porén, no escrito de recurso presentado (folios 754 e 755) unicamente se impugnou a resolución pola inclusión, que se consideraba incorrecta, do delito de falsidade documental.

Non é posible agora alegar un peche inesperado da fase de instrución.

Segundo

O primeiro dos feitos probados deriva da propia declaración do señor Vidal e, ademais, tírase da documentación administrativa relativa aos expedientes.

Consta na causa, en relación co primeiro dos delitos imputados, un documento reputado falso (folios 85 ao

87). Este documento ten como data de saída o 27 de febreiro de 2008 e número de saída 1344, datos que non se corresponden coas listaxes do libro de rexistro do Concello dos folios 71 ao 73. O día 27 de febreiro de 2008 non consta a saída deste documento, e con ese número existe un documento da Sección de Persoal con data do 14 de marzo de 2008. Ademais, verbo da sinatura do documento, no plenario a señora Vicenta negou que esa fose a súa firma e narrou como, ao examinar o expediente, se decatou de que a firma na licenza non era a súa (53:40), aínda que é similar, como deriva do cotexo coa súa sinatura, na dilixencia de certificación dos folios 80 e seguintes, dunha copia dese documento. Este documento está feito dando aparencia de orixinal: selos do concello, encabezamento co escudo municipal, identificando a secretaria municipal como a persoa certificadora, cunha sinatura similar á súa, e, ademais, recolle no seu texto que se outorgou unha licenza de obra á señora María Antonieta no ano 2006 para unha vivenda de planta baixa, feito este que non é certo xa que a única licenza de obra outorgada a favor desta persoa foi outra distinta, a do 20 de decembro de 2006 (folios 132 a 136) para a construción dunha vivenda de tres plantas (soto, baixo e primeira) cunha superficie total proxectada de 267,36 metros.

Daquela, non cabe dúbida de que este documento é falso.

Cuestión distinta é esclarecer quen é o autor da falsidade.

Non existe ningunha proba directa de que o señor Vidal fose o autor da falsidade. Os indicios sobre a súa autoría entendemos que non son concluíntes xa que deles deriva unha inferencia excesivamente...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR