SAP A Coruña 168/2019, 28 de Abril de 2019

PonenteMANUEL CONDE NUÑEZ
ECLIES:APC:2019:1000
Número de Recurso324/2018
ProcedimientoCivil
Número de Resolución168/2019
Fecha de Resolución28 de Abril de 2019
EmisorAudiencia Provincial - A Coruña, Sección 5ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 5

A CORUÑA

SENTENCIA: 00168/2019

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION QUINTA

A CORUÑA

N10250

CALLE DE LAS CIGARRERAS Nº 1 (ENFRENTE A PLAZA PALLOZA) CP 15071

Tfno.: 981 18 20 99/98 Fax: 981 18 20 97

MV

N.I.G. 15028 41 1 2017 0000202

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000324 /2018

Juzgado de procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.1 de CORCUBIÓN

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000100 /2017

La Sección Quinta de la Audiencia Provincial de A Coruña, ha pronunciado en nombre del Rey la siguiente:

SENTENCIA Nº 168/2019

Ilmos. Sres. Magistrados:

MANUEL CONDE NÚÑEZ

JULIO TASENDE CALVO

CARLOS FUENTES CANDELAS

En A CORUÑA, a veintiocho de abril de dos mil diecinueve.

En el recurso de apelación civil número 324/18, interpuesto contra la sentencia dictada por el Juzgado de Primera Instancia núm. 1 de Corcubión, en Juicio Ordinario núm. 100/17, sobre "Reclamación de cantidad", seguido entre partes: Como APELANTE: ELECTRIFICACIONES DOCA, S.L., representada por el/la Procurador/ a Sr/a. Borrero Castro; como APELADO: Severino, representado por el/la Procurador/a Sr/a. García Lijo.-Siendo Ponente el Ilmo. Sr. DON MANUEL CONDE NÚÑEZ.- ANTECEDENTES

PRIMERO

Que por el Ilmo. Sr. Magistrado Juez del Juzgado de Primera Instancia nº 1 de Corcubión, con fecha 8 de junio de 2018, se dictó sentencia cuya parte dispositiva dice como sigue:

Coa aceptación substancial da demanda presentada polo procurador Sr. García Lijó, na representación de D. Severino, contra ELECTRIFICACIONES DOCA S.L, representada pola procuradora Sra. Borrero Castro, condeno á demandada a pagarlle ao demandante o importe de 409.364,29 euros, cos xuros legais dende a data de presentación da solicitude inicial no procedemento monitorio previo, o día 24/11/2016, e os procesuais dende a sentencia.

Non se realiza expresa imposición das custas procesuais .

SEGUNDO

Notif‌icada dicha sentencia a las partes, se interpuso contra la misma en tiempo y forma, recurso de apelación por la representación procesal de ELECTRIFICACIONES DOCA, S.L. que le fue admitido en ambos efectos, y remitidas las actuaciones a este Tribunal, y realizado el trámite oportuno se señaló para deliberar la Sala el día 2 de abril de 2019, fecha en la que tuvo lugar.

TERCERO

En la sustanciación del presente recurso se han observado las prescripciones y formalidades legales.

FUNDAMENTOS DE DERECHO
PRIMERO

I.- La Sentencia del Juzgado de Primera Instancia nº 1 de Corcubión, de fecha 8 de junio de 2018, acordó en su parte dispositiva la estimación sustancial de la demanda presentada por la representación procesal de Don Severino contra Electrif‌icaciones Doca S.L, condenando a la demandada a pagar al actor la cantidad de 409.364,29 euros, con los intereses legales desde la fecha de presentación de la solicitud inicial en el procedimiento monitorio previo, el día 24.11.2016, y los procesales desde la sentencia; sin hacer especial imposición de costas.

En los fundamentos de derecho de la referida resolución se hacen constar las razones que conducen a su parte dispositiva, y, en concreto, las siguientes:

"Primeiro.- Son antecedentes de interese, que resultan da documental xuntada e proba practicada, os seguintes:

- Por medio de escritura pública de data 8/11/2012, o demandante, Sr. Severino, véndelle á mercantil Almacenes Eléctricos de Galicia S.A, unha vivenda, sita en Cee, valorada en 385.000 euros, -(Finca número NUM000, inscrita no Rexistro da Propiedade de Corcubión, Tomo NUM001, Libro NUM002, Folio NUM003 ), -e un solar, no lugar de Xallas, valorado en 24.364,38 euros, -(Finca NUM004, Tomo NUM001, Libro NUM002, Folio NUM005 do Rexistro Propiedade Corcubión). O prezo da compravenda ascendeu ao total de 409.364,39 euros, indicándose: >.(Documento 1 demanda)

- A referida escritura complementase coa posterior outorgada en data 12/4/2013, na que expresamente se ref‌ire: >. (Documento 2 demanda).

- Ante a falta de pago, -(e trala tramitación do proceso monitorio previo número 368/2016, rematado por Decreto de data 15/5/2017),-a demanda presentada, en data 29/3/2017, ten por obxecto a condena do demandado a pagarlle o importe de 409.364,29 euros, obxecto do "pagaré", librado pola entidade demandada, con data de vencemento 7/2/2013, e endosado ao demandante, (documento número 3 demanda).

- A mercantil demandada oponse. Sen negar a autenticidade e realidade documental do "pagaré", nega a débeda. Alega que o demandante é socio, xunto con D. Juan Francisco, da mercantil demandada, e respecto da que tivo f‌irma, como apoderado entre o 29 novembro do 2007 e o 26 abril do 2013, (Documento número 1 contestación).

Af‌irma que en tal período realizou gastos, en benef‌icio particular, e a cargo da mercantil que ascenderon ao total de 1.197.824,32 euros, opondo a existencia dun crédito compensable por importe de 409.364,29 euros.

A débeda, a compensar xudicialmente, no favor da sociedade derivaría de gastos realizados para acondicionala vivenda propiedade particular do demandante, sita no Lugar de Caneliñas, Cee; a adquisición, mediante contrato de leasing da empresa, dun automóbil que o Sr. Severino utiliza privadamente; gastos varios sen xustif‌icar cargados á empresa; retiradas de cartos, transferencias e disposicións de efectivo, (Documentos números 2 a 6 contestación).

- Do documento número 1 da contestación, resulta que D. Juan Francisco, é o administrador único da sociedade demandada, (constituída o 6/8/1992), dende o seu nomeamento na xunta de 11/1/2003. A escritura de elevación a público de tal acordo social, incorpora a certif‌icación do acordo, na que se ref‌ire a dimisión como administrador do Sr. Severino, procedéndose ao nomeamento de D. Juan Francisco para tal cargo.

Como documento número 1, tamén se achega a escritura notarial de data 26/4/2013, na que se expón que o Sr. Severino renuncia ao cargo de apoderado da entidade demandada; poder conferido no seu favor en data 29/11/2007, >. Require do Notario a notif‌icación da renuncia á mercantil Electrif‌icaciones Doca S.L e remisión do poder que ostentaba como apoderado.

- Na proba de interrogatorio, o Sr. Severino, admitiu a súa condición de socio da mercantil demandada así como o poder conferido no seu favor, como apoderado ou representante con f‌irma, pero referindo que todos os pagos ou retiradas f‌irmábaos ou autorizábaos o administrador, D. Juan Francisco, excepto os realizados coa tarxeta que posuía.

Respecto das facturas xuntadas coa contestación, (documento número 2), e referidas á vivenda sita en Caneliñas, non negou que nalgunhas o pagador fose a empresa, pero referindo que sempre á conta ou contra a débeda da que era acredor fronte á mercantil, anteriores no tempo e que nada tiñan que ver co importe do "pagaré".

Admitiu expresamente, con cargo á empresa, as facturas de Grupo Vevey Vidrio S.L, e de Rendueles, polo material de construción. Respecto das emitidas por Cayetano, manifestou que podía ser, ao igual que a de Toldos Gómez, pois colocou un toldo na casa, así como que a pedra subministráralla Represa S.L. Preguntado por Proclima Galicia, contestou que era a empresa do aire acondicionado e Talleres Lado, que podería ter realizado os traballos na súa casa, ao igual que carpintería metálica Os Muiños, sendo a empresa que se encargou da piscina Técnicas Constructivas de Ocio Galicia.

Respecto das emitidas por D. David, manifestou que non podían corresponderse con traballos na súa casa se non referían o concepto Caneliñas, ao igual que a de Instalacións Pardiñas S.L, pois dixo que non cría que esa factura se correspondese coa instalación da súa casa, cando no concepto se refería o polígono de Rianxo.

Recoñeceu que Dona Salome fora a arquitecta redactora do proxecto e directora de obra, e que algún subministro tamén recibira de Fuco Corbelle. Dixo que non sabía se mercara en Moblerías Cee, pero que podía ser, excepto que a factura non referira o nome de Caneliñas; e que Alve Iluminación non lle soaba o nome, que podería ser. Aceptou os traballos de Revestimentos Muxía e de Yesos e escayolas Trillo. Referiu que Proclima Galicia, foi a empresa do aire acondicionado, que Reycar S.L lle colocara os canelóns, e que Eugenio construíulle a casa, pero que a factura xuntada de Rianxo é imposible que fose a da súa casa, ao non referir o nome do lugar Caneliñas. No tocante a Video Laser, referiu que podía ser a da televisión, e que non lle soaba o nome de Disviper, e que Induplan S.L lle colocou vidros térmicos, portas e f‌iestras.

No que respecta ás emitidas por Algasa, (Documento número 3 contestación), manifestou que solo podían corresponderse coa súa casa as facturas que tiñan a referencia Caneliñas, negando as facturas nas que non se expresara tal concepto.

No tocante á documental xuntada como documento número 5 contestación, recoñece as transferencias de Dª María Rosa pero que el mesmo, persoalmente, realizara, ao día seguinte, ingresos por idénticos importes na conta de Doca, así como que as facturas do Hotel tamén estaban compensadas polas mesmas contías.

Insistiu en que nese tempo era acredor de Doca, e aínda despois de pagarse tódalas facturas, tiñan débeda pendente, pois non tódolos préstamos realizados no favor da mercantil se lle reintegraran. Que a maneira na que se a empresa lle pagaba era, ben a través do cargo das referidas facturas, ben algunha vez por transferencias bancarias, pero non sempre, e que, en todo caso, nada tiñan que ver os referidos créditos coa venda e endoso do pagaré, que se realizara posteriormente.

Respecto do automóbil, A6, (documento número 4 contestación), manifestou que era o que utilizaba, adquirido pola empresa, pero que tanto o outro socio como a súa cónxuxe e f‌illo, tamén tiñan e utilizaban automóbiles adquiridos pola empresa mediante contrato de leasing.

Respecto da venda que motivou o endoso do pagaré, dixo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 6 de Octubre de 2021
    • España
    • 6 Octubre 2021
    ...la sentencia, de fecha 28 de abril de 2019, dictada por la Audiencia Provincial de A Coruña (Sección 5.ª), en el rollo de apelación n.º 324/2018, dimanante del juicio ordinario n.º 100/2017 del Juzgado de Primera Instancia e Instrucción n.º 1 de Mediante diligencia de ordenación se tuvo por......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR