AAP Pontevedra 110/2019, 8 de Febrero de 2019

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2019:94A
Número de Recurso93/2019
ProcedimientoPenal. Apelación procedimiento abreviado
Número de Resolución110/2019
Fecha de Resolución 8 de Febrero de 2019
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00110/2019

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14

Equipo/usuario: MM

Modelo: 662000

N.I.G.: 36039 41 2 2013 0005436

ROLLO: RT APELACION AUTOS 0000093 /2019 I

Juzgado procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.1 de O PORRIÑO

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0001396 /2013

RECURRENTE: Millán, AGENCIA ESTATAL DE LA ADMINISTRACION TRIBUTARIA

Procurador/a: FRANCISCO JAVIER VARELA GONZALEZ,

Abogado/a: RAFAEL CARO MOYA, ABOGADO DEL ESTADO

RECURRIDO/A: GALIPARK INVEST SL, Octavio, MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: PURIFICACION RODRIGUEZ GONZALEZ, MERCEDES DE MIGUEL GONZALEZ

Abogado/a: JOSE ANTONIO SANCHEZ GOÑI, DAVID SARRION TOLEDANO

AUTO Nº 110

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, a oito de febreiro de dous mil dezanove.

FEITOS

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 1 de O Porriño ditou un auto con data do 25 de xuño 2018 no que acordou o sobresemento provisional e arquivo das presentes actuacións.

Segundo

Contra o dito auto as representacións procesais da entidade Galipark Invest, SL, ao cal se adheriu o fiscal e Octavio e a Avogacía do Estado, interpuseron recurso de reforma os cales foron estimados por auto de 2/11/2018, formulando recurso de apelación a representación procesal de Millán e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Por un auto do 25 de xuño de 2018, a xuíza do Xulgado de Instrución número 1 do Porriño acordou o sobresemento e conseguinte arquivo provisional das presentes actuacións. Contra esta resolución xudicial presentou un recurso de reforma a entidade Galipark Invest, SL, ao cal se adheriu o fiscal e Octavio . Tamén recorreu en reforma contra a mesma resolución xudicial a Avogacía do Estado, e opúxose Millán á súa estimación. Mediante un auto do 12 de novembro de 2018, a xuíza substituta do xulgado a quo acolleu o recurso de reforma, revogou o primeiro dos nomeados autos e acordou que se lles recibise declaración como investigados a Valeriano, Bárbara, Vidal, Romulo e Jose Manuel . E agora contra esta última resolución xudicial da instancia recorre en apelación perante esta alzada Millán, e opóñense Galipark Invest, SL, Octavio e o fiscal a que acollamos a impugnación en que se solicita o sobresemento e o conseguinte arquivo das actuacións como se acordara nun principio.

Segundo

A entidade denunciante Galipark Invest, SL, presentou un escrito o 7 de xuño de 2016 en que solicitaba a declaración da instrución como complexa, sen prexuízo das ampliacións que correspondesen a teor do artigo 324.4 da Lei de axuizamento criminal . Por unha providencia do 7 de xuño de 2016, a xuíza instrutora acordou dar traslado da amentada solicitude ás demais partes no presente procedemento. O fiscal presentou un escrito o 16 de xuño de 2016 polo que solicitaba que se declarase complexa a causa para contar así cun prazo de instrución de 18 meses, que consideraba suficiente e que só podía ser prorrogado por igual prazo ou por outro inferior pola xuíza instrutora a pedimento do propio fiscal e logo da audiencia das demais partes consonte o artigo 324.2, parágrafo primeiro, da LACrim . E, por un auto do 20 de xuño de 2016, a xuíza instrutora acordou declarar complexa a causa. Mais, transcorrido o tempo, o fiscal non solicitou a prórroga e, por un auto do 25 de xuño de 2018, a xuíza da instancia acordou o sobresemento e conseguinte arquivo das actuacións, xa que, en esencia, ata entón nin se acordara nin se recibira declaración como investigados a ningún dos denunciados e só procedía rematar o procedemento do xeito indicado.

Terceiro

Nun auto do 21 de decembro de 2018, que pronunciamos no rolo de apelación RT 439-793/18-A, xa razoabamos o seguinte:

O segundo dos parágrafos do número 1 do artigo 324 da Lei de axuizamento criminal prevé que antes da expiración do prazo -seis meses- o instrutor, a pedimento do fiscal e logo da audiencia das partes, poderá declarar a instrución complexa para os efectos previstos no apartado seguinte cando, por circunstancias sobrevidas á investigación, esta non poida razoablemente completarse no prazo estipulado ou concorran de forma sobrevida algunhas das circunstancias previstas no apartado seguinte dese artigo. O maxistrado xuíz da instancia reflicte que non se trata así de que tan só a solicitude do fiscal sexa anterior ao transcurso daqueles seis meses, senón que a declaración de complexidade por parte do instrutor tamén debe ser anterior. Pero ademais, no presente caso, nin tan sequera a solicitude se presentou en tempo.

Así, estas actuacións incoáronse por un auto do 30 de novembro de 2017, co que o prazo dos seis meses remataría o 30 de marzo de 2018. E non foi ata o 13 de abril de 2018 cando a fiscala solicitou que, ao abeiro do artigo 324 da Lei de axuizamento criminal, se declarase a complexidade da causa. O anterior, unido a que non se chegou a citar como investigada a ningunha persoa, impedía todo pronunciamento de posible imputación e abocaba, como así se fixo, ao sobresemento provisional e o conseguinte arquivo, que, polo dito, confirmamos .

E abofé que consideramos a nosa anterior resolución ben acaída ao presente caso, no cal, como reflicte a propia xuíza instrutora, non se chegou a citar os denunciados como investigados para que declarasen como tales ata o ben serodio auto do 12 de novembro de 2018, cando xa transcorrera con exceso todo o tempo de instrución da causa, incluso con posterioridade á súa declaración como complexa, e cando, podendo prorrogarse o prazo de instrución, non fora solicitada a prórroga por quen podía así facelo.

Esta mesma doutrina é a que defendemos no noso auto do 5 de febreiro de 2018 que pronunciamos no rolo de apelación RT 778/2018:

La nueva redacción del art. 324 LECR introducida por la Ley 41/2015 de 5 de octubre, de modificación de la Ley de Enjuiciamiento Criminal para la agilización de la justicia penal y el fortalecimiento de las garantías procesales, dificulta una comprensión clara del sistema de plazos que establece, de manera que su interpretación alimenta

posiciones encontradas, tanto en la práctica judicial como a nivel doctrinal, especialmente en cuanto a las consecuencias del transcurso de los plazos máximos de la instrucción.

Al Tribunal Constitucional llegaron tres cuestiones de inconstitucionalidad, que concluyeron con los autos 112/2017 del 18/7/2017 ; 108/2017 del 18/7/17 y 100/2017 del 4/7/2017, sin establecer doctrina por ser inadmitidas a trámite, en base a defectos de planteamiento como el de una incorrecta formulación en los juicios de aplicabilidad y relevancia.

Atendiendo a los concretos términos del recurso y contenido de la providencia impugnada, la cuestión es la conformidad a derecho de la denegación de la práctica de la diligencia de investigación interesada por el MF en base a que ha sido solicitada agotado ya el plazo de instrucción de seis meses ( art. 324.1 LECR ) sin que el Ministerio Fiscal hubiera interesado la declaración de complejidad. El debate sobre las consecuencias (validez o la nulidad) de diligencias de investigación realizadas fuera de dichos plazos máximos correspondería, a nuestro juicio, a pronunciamientos propios de otra fase del proceso, conforme a las particularidades del caso, con ponderación de los derechos fundamentales concernidos y del plazo razonable ( art. 6.1 del Convenio Europeo de Derechos Humanos ), de las excepciones de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR