SAP Pontevedra 23/2009, 15 de Mayo de 2009

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2009:1354
Número de Recurso16/2009
Número de Resolución23/2009
Fecha de Resolución15 de Mayo de 2009
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00023/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección Segunda

CAUSA PENAL

Rolo: 16/2009 I

Órgano de procedencia: XULGADO INSTRUCIÓN PONTEVEDRA-1

Asunto: P. ABREVIADO

Número: 3734/2008

SENTENZA NÚM.23

==========================================================

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona M. Mercedes Pérez Martín Esperanza

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, a quince de maio de dous mil nove

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 3734/2008 ,

procedente do Xulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra, e seguida polo trámite de procedemento abreviado, polo delito de

PROSTITUCIÓN E CORRUPCIÓN DE MENORES, contra Guillermo , con DNI número NUM000 ,nado o

día 1/05/1956, en Pontevedra, fillo de Hipólito e de María, con domicilio en Rúa DIRECCION000 nº NUM001 - NUM002 (Pontevedra), sen

antecedentes penais, cuxa solvencia non consta, en situación de liberdade por esta causa, representado pola procuradora dona

Mª del Amor Angulo Gascón e defendido polo letrado don Francisco José Vila Blanco. É parte acusadora o Ministerio Fiscal en

representación do cal intervén Luis Uriarte, e como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado, quen expresa o

parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais e que elevou a definitivas no acto de xuízo oral, cualificou os feitos como constitutivos dun delito de

distribución e posesión de pornografía infantil dos arts. 189.1 b), 189.2 e 189.3.a),b),c),d) e e) do Código Penal . É responsable o acusado en concepto de autor, conforme ao previsto no artigo 28 do Código Penal . Non concorren circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Procede impoñer ao inculpado a pena de oito anos de prisión, con inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, comiso dos medios informáticos, ficheiros e arquivos intervidos, así como pagamento das costas do procedemento. Así mesmo, de conformidade co previsto no artigo 192.2 do Código Penal, o acusado deberá ser condenado á pena de inhabilitación especial para emprego, cargo público ou exercicio de calquera oficio ou profesión que poida ter relación con menores de idade.

Segundo

A defensa do procesado, en idéntico trámite, mostrou a súa disconformidade co manifestado polo Ministerio Fiscal e solicitou a libre absolución do seu representado.

FEITOS PROBADOS

O 23 de xullo de 2006 presentouse unha denuncia nas dependencias da Garda Civil de Santoña -Cantabria-. A través dela poñíase en coñecemento de tal corpo a existencia dun arquivo na rede de intercambio peer to peer (P2P) eDonkey que, baixo o nome 100 greatest metal albums.pantera.megadeth.metalica.morbid angel.deicide, contiña fotografías pornográficas de menores de trece anos.

Axentes do Equipo de Investigación Tecnolóxica (EDITE) da Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Cantabria, procederon ás correspondentes pescudas, dentro da devandita P2P eDonkey, do número de hash correspondente ao arquivo de vídeo que fora denunciado. Indagáronse así os enderezos IP dos ordenadores que durante setembro e outubro de 2006 compartiron o arquivo correspondente a ese número de hash. E despois dos oficios do Xulgado de Instrución número 2 de Santoña -Cantabria- aos diversos prestadores de servizos de internet (ISP), determináronse os enderezos IP correspondentes aos usuarios que intercambiaran o arquivo de mención durante o lapso temporal indicado.

Resultou do anterior que o 17 de setembro de 2006, dende o enderezo IP 213.60.229.54, o referido arquivo foi compartido baixo o nome DIRECCION001 @ygold.zip polo acusado Guillermo , cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais, que no seu domicilio na DIRECCION000 , desta cidade de Pontevedra, facía uso dun ordenador persoal conectado á rede de internet a través da liña telefónica NUM003 e por medio do provedor de servizos R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A., tendo instalada naquel ordenador unha rede peer to peer (P2P) eDonkey, a través do programa cliente eMule. O referido arquivo contiña unha carpeta cun total de 1839 arquivos de fotografías e vídeos, moitos con imaxes vexatorias pornográficas de menores de trece anos, que constan no primeiro DVD achegado á causa.

Con motivo da dilixencia de entrada e rexistro practicada no domicilio do acusado o 6 de marzo de 2007 comprobouse como no seu ordenador -apagado en tal intre- tiña instalado o programa eMule, que se encontraba descargando e compartindo varios arquivos pornográficos nos que aparecían menores de treceanos, así como outros arquivos do mesmo teor xa descargados e que igualmente se compartían. Na correspondente carpeta Incoming do programa eMule encontrouse o volume de arquivos que se encontra gravado noutros catro DVD que constan na presente causa.

Outros 78 arquivos con idéntico contido pornográfico, nos que interviñan menores de trece anos, encontráronse noutras carpetas do sistema, no disco duro do ordenador persoal do acusado, logo de que el os obtivese e os puxese a disposición de ser compartidos a través da rede P2P eDonkey.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Os feitos declarados probados legalmente son constitutivos dun delito relativo á prostitución e á corrupción de menores, na súa modalidade de distribución e posesión de pornografía infantil, previsto e penado nos artigos 189.1.b), 189.2, e 189.3.a) do Código penal .

Na nosa anterior Sentenza 30/2006, do 30 de outubro, comezabamos por lembrar que:

Bien conoce la Sala la preocupación de los Estados y de la Comunidad Internacional por la explotación sexual de los niños, por la proliferación del denominado turismo sexual y de la pornografía infantil por diversos medios y que en ese ámbito se han desarrollado diversas iniciativas para la lucha contra dicha lacra y la protección de la infancia. Así el Consejo de la Unión Europea, sobre la base del artículo K.3 del Tratado de la Unión Europea, ha adoptado, el día 29 de noviembre de 1996 , una acción común relativa a la lucha contra la trata de seres humanos y la explotación sexual de los niños; también a través de instrumentos como el Convenio del Consejo de Europa sobre Cibercrimen de 23-XI-2001; el Protocolo Facultativo hecho en Nueva York el 25-05-2000 a la Convención de derechos del Niño (20-XI-1989 ) en el que se alude a la preocupación por la cada vez más frecuente práctica del turismo sexual, disponibilidad de la pornografía infantil en Internet y otros medios tecnológicos modernos; la Decisión Marco 2004/68 JAI del Consejo de 22-XII-2004 (DOUEL 20-01-2004) para armonizar las legislaciones de los Estados en la lucha contra la explotación sexual de los niños.

A esa armonización de la legislación penal española con las iniciativas internacionales, respondió tanto la reforma operada en el Código Penal de 1995 por la Ley Orgánica 11/1999 , como la mayor agravación de penas y tipificación de conductas, que con relación a dicha redacción anterior, introdujo la LO 15/2003 de 25 de noviembre de reforma de algunos preceptos del CP/1995, bajo cuya vigencia han sido cometidos los hechos que aquí se enjuician.

Parece que con la actual redacción del artículo 189 del CP operada por la referida Ley 15/2003 , el legislador trata de evitar la más mínima fisura en la represión de estas conductas y así introduce la penalización de conductas de consumo como la denominada «pornografía virtual» (párrafo 7) y la de la posesión de material pornográfico para uso propio en cuya elaboración se hubieran utilizado menores de edad o incapaces (párrafo 2).

Ahora bien, todas las conductas en el mismo definidas con relación al denominado delito de «corrupción de menores» han de ser interpretadas de acuerdo con su significado y contenido, evitando interpretaciones extensivas fuera de la norma penal, que tanto respecto a este tipo delictivo como a cualquier otro infringen el principio de legalidad penal.

A última resolución que a día de hoxe se coñece ao respecto, a STS 105/2009, do 30 de xaneiro, tivo ocasión de sentar doutrina con respecto ao concepto de pornografía infantil. Refire en tal sentido esta STS que:

La STS 1058/2006, de 2 de noviembre (RJ 2006, 8165), ya declaró que la distinción entre el concepto de pornografía de lo meramente erótico es, a veces, un problema complejo por cuanto depende de múltiples factores de tipo cultural, estructuras morales, pautas de comportamiento, etc. Y con relación a la pornografía infantil, el Consejo de Europa ha definido la pornografía infantil como "cualquier material audiovisual que utiliza niños en un contexto sexual". Nuestra jurisprudencia en STS. 20.10.2003 (RJ 2003, 7509), consideró que la imagen de un desnudo -sea menor o adulto, varón o mujer- no puede ser considerada objetivamente material pornográfico, con independencia del uso que de las fotografías pueda posteriormente hacerse y, en la STS 10.10.2000 (RJ 2000, 9151) precisa que la Ley penal no nos ofrece una definición de lo que considera pornografía, refiriéndose a ella en los artículos 186 y 189 del Código penal (RCL 1995, 3170 y RCL 1996, 777 ). Tampoco nuestro ordenamiento jurídico realiza definición alguna en aquellos aspectos que dispensa una protección, fundamentalmente administrativa, ni tampoco los convenios internacionales sobre la materia. Igualmente, la jurisprudencia ha sido reacia a descripciones semánticas sobre estacuestión, sin duda por entender que el concepto de pornografía está en función de las costumbres y pensamiento social, distinto en cada época, cambiante, y conectado con los usos sociales de cada momento histórico. La Sentencia de esta Sala de 5 de febrero de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR