SAP A Coruña 341/2018, 26 de Noviembre de 2018

JurisdicciónEspaña
Fecha26 Noviembre 2018
EmisorAudiencia Provincial de Coruña, seccion 5 (civil)
Número de resolución341/2018

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 5

A CORUÑA

SENTENCIA: 00341/2018

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION QUINTA

A CORUÑA

N30090

CALLE DE LAS CIGARRERAS Nº 1 (ENFRENTE A PLAZA PALLOZA) CP 15071

Tfno.: 981 18 20 99/98 Fax: 981 18 20 97

MV

N.I.G. 15057 41 1 2017 0000124

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000040 /2018

Juzgado de procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.1 de NOIA

Procedimiento de origen: JUICIO VERBAL 0000059 /2017

La Sección Quinta de la Audiencia Provincial de A Coruña, constituida en Tribunal Unipersonal, ha pronunciado en nombre del Rey la siguiente:

SENTENCIA Nº 341/2018

Ilmo. Sr. Magistrado:

MANUEL CONDE NÚÑEZ

En A CORUÑA, a veintiséis de noviembre de dos mil dieciocho.

En el recurso de apelación civil número 40/18, interpuesto contra la sentencia dictada por el Juzgado de Primera Instancia núm. 1 de Noia, en Juicio Verbal Civil por razón de Cuantía núm. 59/17, sobre "Reclamación de cantidad", siendo la cuantía del procedimiento 5.651.69 euros euros, seguido entre partes: Como APELANTE: DON Saturnino, representada/o por el/a Procurador/a Sr/a. Maneiro Ces y como APELADO: DOÑA Angustia y DON Teodosio, representada/o por el/a Procurador/a Sr/a. Gómez Castro.-

ANTECEDENTES
PRIMERO

Que por el Ilmo. Sr. Magistrado Juez del Juzgado de Primera Instancia nº 1 de Noia, con fecha 25 de octubre de 2017, se dictó sentencia cuya parte dispositiva dice como sigue:

""Acordo estimar parcialmente a demanda interposta por dona Angustia e don Teodosio, representados polo procurador don Francisco José Gómez Castro e asistidos pola letrada dona Marina Díaz Rozamontes, fronte a don Saturnino, representado pola procuradora dona Teresa Maneiro Ces e asistido polo letrado don Jacob del Río Viñas, e, en consecuencia, declaro resolto o contrato de compravenda subscrito polas partes en data 14 de maio de 2016 e condeno ao demandado a estar e pasar por dita declaración.

Así mesmo, derivado do anterior as partes deberan restituírse reciprocamente o entregado por razón do antedito contrato.

Todo elo sen expreso pronunciamento de condena en custas "

SEGUNDO

Notificada dicha sentencia a las partes, se interpuso contra la misma en tiempo y forma, recurso de apelación por la representación procesal de DON Saturnino, que le fue admitido en ambos efectos, y remitidas las actuaciones a este Tribunal, y realizado el trámite oportuno se pasaron los autos al magistrado ponente.

TERCERO

En la sustanciación del presente recurso se han observado las prescripciones y formalidades legales.

FUNDAMENTOS DE DERECHO
PRIMERO

I.- La Sentencia del Juzgado de Primera Instancia nº 1 de Noia, de fecha 25 de octubre de 2017, acordó en su parte dispositiva la estimación parcial de la demanda interpuesto por la representación procesal de Doña Angustia y Don Teodosio, contra Don Saturnino, declarando resuelto el contrato de compraventa suscrito por las partes en fecha 14 de mayo de 2016, condenando al demandado a estar y pasar por dicha declaración; debiendo las partes restituirse recíprocamente lo entregado por razón de dicho contrato, sin expreso pronunciamiento de condena en costas.

En los fundamentos de derecho de la referida resolución se hacen constar las razones que conducen a su parte dispositiva, y, en cuanto, tienen interés para el presente asunto, las siguientes:

"Terceiro. -Prescripción

A parte demandada sostivo que a acción invocada pola demandante está suxeita a un prazo de exercicio de seis meses (artigo 1490 do CC). Dito prazo debe reputarse de caducidade polo que producida a entrega da cousa en data 14 de maio de 2016 debe concluírse que a actora carecía de acción ao tempo da interposición da demanda ante os Xulgados de Noia (1 de marzo de 2017), sen poder recoñecer eficacia interruptiva ao requirimento dirixido vía burofax ao demandado en data 31 de maio de 2016. Sen prexuízo do anterior, aínda na hipótese de que puidera considerarse que o prazo que fixa o artigo 1490 do CC é un prazo de prescrición e que o citado burofax, non entregado ao vendedor, ten eficacia interruptiva a acción debería reputarse prescrita ao tempo do seu exercicio. Isto por canto dende a data do requirimento (31 de maio de 2016) ata a data no que se exercita a acción (1 de marzal de 2017) terían transcorrido máis de seis meses.

Tal e como reiteradamente ven sinalando a Sala I do Tribunal Supremo, entre outras as Sentenzas de 22 de decembro de 1971, 26 de xuño de 1974 e 7 de maio de 1981, as denominadas accións edilicias, redhibitoria e quanti minoris, están suxeitas no seu exercicio o prazo de seis meses que establece o artigo 1.490 do CC, prazo que debe reputarse de caducidade.

Como prazo de caducidade que é comporta, como recorda a Sentenza do TS de 12 de xuño de 2008, que transcorrido o mesmo non pode ser exercitado xa o dereito que alberga, nota característica que diferenza a caducidade da prescrición, pois así como esta ten por finalidade a extinción dun dereito ante a razón obxectiva da súa falta de exercicio polo titular, e a fin de a inseguridade xurídica, na caducidade aténdese so ao feito obxectivo dentro do prazo prefixado, ata o punto de que pode sosterse en realidade que é de índole preclusiva, pode realizarse un acto con eficacia xurídica, de tal maneira que transcorrido sen exercitalo imponse a decadencia fatal e automática de tal dereito en razón meramente obxectiva da súa falta de utilización. Así mesmo debe terse en conta que na caducidade o dies a quo é a data da entrega real e efectiva por establecerse así legalmente, non admitindo dito prazo interrupcións.

Partindo do anterior debemos concluír que non cabe acoller a alegación de caducidade invocada pola parte demandada. Efectivamente, tal e como ambas partes recoñecen, a entrega material do vehículo litixioso tivo lugar o día 14 de maio de 2016.

Polo tanto este día debe reputarse como dies a quo do prazo de seis meses que establece o citado artigo 1.490 do CC.

Partindo do anterior debemos concluír que ao tempo do exercicio da acción pola demandante dito prazo non tiña expirado. Isto por canto, lonxe do sostido pola parte demandada, non cabe situar o día de exercicio da

acción no 1 de marzal de 2017 por ser este o día no que se recibiron as actuacións no Partido Xudicial de Noia. A data de exercicio da acción correspóndese con aquela na que a parte demandante promoveu a resolución da controversia ante os Órganos Xudiciais, isto é a data na que se presentou a súa demanda ante estes, con independencia de quen resulte finalmente competente para coñecer do procedemento; circunstancia esta que tivo lugar o día 11 de novembro de 2016. Consecuentemente, debemos concluír que ao tempo do exercicio da acción redhibitoria polos demandantes non transcorrera o prazo de seis meses legalmente previsto para o seu exercicio. "

"Cuarto.- Valoración da proba

  1. As partes achegaron a estas actuacións os seguintes elementos de proba:

    1. - A declaración testemuñal de don Arturo, fillo do demandando e usuario habitual da furgoneta, segundo manifestou. A citada testemuña indicou que adquirirá a furgoneta un ano e pico antes e que lle cambiara o motor porque o outro "rompera", precisando que adquirira o motor que lle instalou a furgoneta nun desgüace e que fora colocado en Garaxe Chicho, sen que tivera ningún problema co motor dende que o cambiara.

      Así mesmo engadiu que os demandantes se desprazaran a Noia para ver o vehículo que o probaran e que tras isto decidira adquirilo. Igualmente indicou que ao día seguinte da entrega recibira unha chamada dos demandantes e que se achegou a onde estes se atopaban comprobando que efectivamente o vehículo goteaba gasolina pero entendeu que era causa dun "rebose".

    2. - A declaración do Representante legal de Garaxe Chicho quen indicou que efectivamente lle cambiaran o motor a furgoneta litixiosa por outro de segunda man.

    3. - A declaración do Representante legal de Desgüaces Vilavella, quen indicou que lembraba a venda do motor que procedía dunha furgoneta H1, cría que do ano 2005, se ben non lembraba a quilometraxe. Así mesmo indicou que no proceso de instalación do motor hai que levar a cabo diversas actuacións e descoñecía como se instalara.

    4. - Un informe pericial elaborado polo perito don Casimiro, quen depuxo no acto do xuízo manifestou que examinara a furgoneta e se reuniu co xefe de mecánicos de Autos Ortasa. Así mesmo, indicou que no exame puido comprobar que o vehículo presentaba danos no motor e na caixa de cambios consistentes nun intenso desgastes dos reténs e xuntas o que provoca e explica a perda de líquidos detectada. Que dito desgaste non é o propio dun vehículo da antigüidade do que examinou, que contaba con pouco máis de 270.000 quilómetros cando un vehículo deste tipo ten una vida útil duns 400.000, en condicións de uso e mantemento normais, senón que é consecuencia dun deficitario mantemento.

      A manifestación das deficiencias e tan evidente que ao igual que o detectou o comprador tivo que poder coñecelo, na súa opinión, o vendedor.

      Finalmente, indicou que a situación que concorre no vehículo determina que o mesmo non sexa apto para circular na medida en representa un perigo tanto para os usuarios do vehículo como para terceiros. Non hai ningunha garantía de que poida circular nas condicións en que se atopa coas mínimas condicións de seguridade.

    5. - Presuposto emitido por Autos Ortasa SL no que se recollen como actuacións a realizar, tras unha revisión ocular do vehículo, consigna a existencia de múltiples perdas de aceite por motor e por caixa de cambios, entre outras deficiencias. Igualmente consigna como actuacións a levar a efecto a substitución das xuntas exteriores do motor e os reténs. Ascendendo ditas reparacións a suma de 1.457,97€.

      Sobre a base do mencionado acervo probatorio debemos ter por acreditado que efectivamente o vehículo litixioso presentaba danos ou defectos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STSJ Cataluña 4/2020, 20 de Enero de 2020
    • España
    • 20 Enero 2020
    ...la sentencia dictada en fecha 26 de noviembre de 2018 por la Audiencia Provincial de Barcelona (Sección 8ª) en su Procedimiento Abreviado 40/2018, procedente del Juzgado de Instrucción 11 de Barcelona, en que se había seguido como Diligencias Previas 485/2017, por un delito de abusos sexual......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR