AAP Pontevedra 392/2018, 8 de Octubre de 2018

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2018:1186A
Número de Recurso469/2018
ProcedimientoPenal. Apelación procedimiento abreviado
Número de Resolución392/2018
Fecha de Resolución 8 de Octubre de 2018
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00392/2018

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14

Equipo/usuario: MC

Modelo: 662000

N.I.G.: 36055 41 2 2017 0001069

ROLLO: RT APELACION AUTOS 0000469 /2018-A

Juzgado procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.3 de TUI

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000422 /2017

RECURRENTE: Elena, Gregoria

Procurador/a: ALBERTO VIDAL RUIBAL, ALBERTO VIDAL RUIBAL

Abogado/a: PATRICIA ALVAREZ CANELLA, PATRICIA ALVAREZ CANELLA

RECURRIDO/A: Encarna, MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: PEDRO SANJUAN FERNANDEZ,

Abogado/a: MANUEL FRANCO ARGIBAY,

AUTO Nº 392

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, oito de outubro de dous mil dezaoito.

FEITOS

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado del Juzgado de Primeira Instancia e Instrución nº 3 de Tui, ditou un auto con data do 08/05/18, no que a xuíza acordou o rexeitar o recurso de reforma presentado contra o auto do 17/01/18 no que se admitiu a trámite a querela presentada por Encarna contra Elena e Gregoria .

Segundo

Contra o dito auto a representación procesual de Elena e Gregoria .formulou recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Por un auto do 17 de xaneiro de 2018, a maxistrada xuíza da instancia admitiu a trámite a querela presentada por Encarna contra Elena e Gregoria por un suposto delito societario, previsto e penado nos artigos 290, 291 e 293 do Código penal. Mediante un auto do 8 de maio de 2018, a mesma xuíza rexeitou o recurso de reforma presentado polas devanditas quereladas contra a primeira das nomeadas resolucións xudiciais e, asemade, admitiu a trámite perante esta alzada o subsidiario recurso de apelación. O fiscal e a querelante opóñense a que acollamos a impugnación que pretende o inmediato sobresemento das actuacións.

Segundo

A solicitude de sobresemento que realizan as quereladas baséase nos artigos 103 da Lei de axuizamento criminal e 268 do Código penal. E lémbrese que se trata da presentación dunha querela por uns supostos delitos societarios, onde a querelante é unha filla e irmá das quereladas.

O artigo 103 da Lei de axuizamento criminal prohibe o exercicio das accións penais entre diversos parentes, agás que se trate de delitos cometidos por uns contra as persoas dos outros; quedan así restrinxido o exercicio da acción penal contra os familiares mencionados no referido precepto legal ás infraccións penais que ataquen bens xurídicos de carácter persoal, entre os que, evidentemente, non se encontran os patrimoniais. Por iso, o exercicio dunha acción penal fóra dos supostos legalmente previstos determina que se considere inexistente por nula e que se deba retirar do proceso toda acusación que se formule en contra do disposto na lei tan pronto se constate esa grave anomalía procesual (así, xa a STS do 12 de xullo de 1993).

Por outra banda, o contido da escusa absolutoria do artigo 268 do Código penal aplícase aos delitos de contido patrimonial. Neste sentido, a STS 91/2006, do 30 de xaneiro, que cita a anterior 334/2003, do 5 de marzo, lembra que a razón de ser da devandita escusa absolutoria dos delitos contra a propiedade que non impliquen violencia nin intimidación entre as partes, incluídos no propio artigo 268 do Código penal, está nunha razón de política criminal que esixe non criminalizar actos realizados no seo de grupos familiares unidos por lazos de sangue nos termos reflectidos naquel precepto, porque isto, ademais de provocar unha irrupción do sistema dentro do grupo familiar -pouco recomendable e que prexudicaría a posible reconciliación familiar-, estaría en contra da filosofía que debe inspirar a actuación penal de mínima intervención e última ratio, sendo preferible desviar o tema á xurisdición civil, que supón unha intervención menos traumática e máis proporcionada á exclusiva afectación de intereses económicos como os únicos cuestionados, de aí que se exclúan as apropiacións violentas ou...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR